AGANTRO
O poliedro da desigualdade: mulleres investigando en pandemia

A investigación fíxose máis visible por mor da pandemia, mais iso non rematou coa desigualdade neste campo laboral.
Mujeres científicas FCRI
"Dones ciencia". Fotografía Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació.

Profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo e socia de Agantro.


Profesora titular de socioloxía e directora da Unidade de Igualdade (Uvigo)

5 mar 2021 16:33

A pandemia está a dar máis visibilidade á ciencia e á investigación. É un bo titular, dá motivos para o optimismo: o traballo dos e das epidemiólogas, virólogo/as, o logro da vacina da covid-19, a análise das variantes do virus, escoitar a expertos e expertas nos medios, etc.

Non hai que deixar que a realidade estrague unha boa historia. Porén, son moitas as sombras que escurecen ese titular. Apenas se fala das causas desta pandemia zoonótica; seguen na sombra as ciencias humanas e sociais advertindo das desigualdades sociais da pandemia; case ninguén lembra a sindemia, ese concepto que serve para sinalar que a covid-19 acontece máis en certos grupos sociais, dependendo dos patróns de desigualdade das nosas sociedades; tampouco se fala suficiente da precariedade laboral na que se leva a cabo, no noso contexto, a ciencia e a investigación; e que dicir da sostibilidade da vida e aquilo de poñer os coidados no centro do debate público? O feminismo mantén esa chama viva, pero non damos chegado a axenda política. Non o suficiente.

Tamén ficaron na sombra moitas científicas e comunicadoras: xunto a esta maior presenza da ciencia nos medios, paradoxalmente, se ten dado unha clara invisibilidade da aportación científica das mulleres nos contidos dos medios de comunicación para explicar esta pandemia, co uso dun relato androcéntrico. Durante dous días (17 e 18 de abril de 2020) a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) monitoriou catro diarios españois (El País, La Vanguardia, eldiario.es e ABC) e a súa pesquisa revelou que só o 27% das fontes empregadas sobre a pandemia eran mulleres. Non debemos esquecer que a vacina de Pzifer-BioNTech, AstraZéneca, Moderna e a chamada vacina chinesa se puideron desenvolver grazas a investigadoras como Katalin Karikó, Sarah Gilbert, Kizzmekia Corbett ou Chen Wei, respectivamente. Ademais se constatou tamén o uso dunha linguaxe excluínte- por exemplo, falando de científicos ou de médicos e enfermeiras, que reproducen imaxinarios sexistas fóra de toda realidade estatística-. Tamén se detectou a escasa presenza de mulleres nos comités de persoas expertas para deseñar as políticas públicas: só hai catro expertas entre as dezaseis persoas que compoñen o Grupo de Traballo Multidisciplinar que asesora ao Goberno en materia científica e nas consecuencias futuras da covid-19; moi por debaixo da presenza de mulleres na ciencia en España. Esta ausencia de referentes femininos xunto á socialización sexista provoca que só o 7% das nenas desexen ser científicas. Dentro dos Estudos de Xénero temos o temor (real) de que as situacións de crise afonden nas desigualdades entre homes e mulleres, o que nos fai estar especialmente alertas nas diagnoses e na proposta de medidas para evitar a reprodución do sexismo.

Tamén se detectou a escasa presenza de mulleres nos comités de persoas expertas para deseñar as políticas públicas: só hai catro expertas entre as dezaseis persoas que compoñen o Grupo de Traballo Multidisciplinar que asesora ao Goberno en materia científica e nas consecuencias futuras da covid-19

Sexamos xustas, esta invisibilidade de xénero non se fraguaron na actual pandemia. Viñan de antes, teñen a súa propia intrahistoria. A sombra alongada da precariedade laboral e da desigualdade de xénero percorre a ciencia e a investigación nas universidades e centros de investigación españois. Poden semellar dous procesos diferentes, pero como veremos, son procesos intimamente vencellados. Máis se cabe, cando se penaliza a maternidade nas carreiras científicas, inxustiza hai pouco sinalada polo sistema xudicial nunha histórica sentenza grazas á loita da científica galega, María De la Fuente.

Nas últimas dúas décadas a presenza de mulleres como docentes, investigadoras, científicas foi aumentando no contexto español, ao mesmo tempo que se foi solidificando unha segregación horizontal e vertical en todas as universidades españolas e centros de investigación. De novo, como en moitas profesións, sobrevoa ese fenómeno coñecido como o “gueto veludo”: cando un sector comeza a feminizarse, as súas condicións laborais comezan a deteriorarse.

Cando falamos de segregación horizontal, nos referimos a que son maioría de homes como docentes e investigadores en case todas as areas de coñecemento, a excepción das humanidades, artes e ciencias da saúde. E cando falamos de segregación vertical, nos referimos ao coñecido como “teito de cristal”; aínda que resulta máis acaído falar dun “chan pegañento” que non nos permite despegarnos da superficie: existe maior taxa de precariedade laboral feminina nas universidades (estamos máis afectadas pola parcialidade e temporalidade), e esta é unha das variábeis máis importantes que frean a carreira investigadora das mulleres. O informe de Xarxa Vives (2019) indica que se ben as mulleres son o 42% das persoas investigadoras nas universidades españolas, só o 31% son investigadoras principais (Xarxas Vives, 2019). Outro exemplo, na Universidade de Vigo, as mulleres somos o 47% do persoal laboral e só o 37% do persoal funcionario. A presenza de mulleres descende segundo ascendemos na carreira investigadora, desde unha porcentaxe equiparábel na etapa predoutoral até só representar, por exemplo no CSIC, o 26% do profesorado de investigación ou o 21% das Cátedras nas universidades. Esta “perda” (expulsión?) de mulleres ao longo da carreira investigadora, fenómeno coñecido como “a tubaxe que pinga” ou o famoso “gráfico de tesouras” (agora con forma de “pinza”) concéntrase, estatisticamente, en torno aos catro anos posteriores á obtención do doutoramento, e que coincide, para algunhas mulleres, cos tempos da maternidade.

Dado este escenario previo de precariedade (sobre todo feminina), chegou a pandemia, o primeiro confinamento, as sucesivas ondas da covid-19. E ben, que impacto puido ter (e seguirá tendo) a pandemia na carreira profesional dos homes e mulleres académicas? Como afecta a pandemia ás diversas fendas de xénero na ciencia? Estas foron algunhas das cuestións abordadas no estudo “Xénero e investigación científica na Universidade de Vigo en tempos da covid-19” —estudo financiado cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia—, onde se enquisou e entrevistou a persoal docente e investigador (PDI) da UVigo.

Esta “perda” (expulsión?) de mulleres ao longo da carreira investigadora, fenómeno coñecido como “a tubaxe que pinga” ou o famoso “gráfico de tesouras” (agora con forma de “pinza”) concéntrase, estatisticamente, en torno aos catro anos posteriores á obtención do doutoramento, e que coincide, para algunhas mulleres, cos tempos da maternidade

Os resultados acadados son contundentes e indican que a fenda de investigación de xénero se agravou durante o primeiro estado de alarma, de marzo a xuño de 2020. Os homes mantiveron ou incluso aumentaron o tempo dedicado á investigación, mentres que as mulleres diminuíron a súa dedicación á investigación con respecto ao mesmo período de 2019. En concreto, o 34% das mulleres académicas sinalan que a súa actividade investigadora diminuíu considerabelmente, fronte ao 16% dos académicos da Universidade de Vigo.

A fenda de xénero resulta evidente á hora de analizar a dedicación á revisión de artigos e publicacións durante o período de marzo a xuño de 2020. O 75% dos homes realizan esta actividade, mentres que a porcentaxe de mulleres se reduce ao 58%. Durante o estado de alarma tamén medimos a solicitude de proxectos de investigación e de novo os resultados mostran unha fenda de xénero: o 18,3% dos homes solicitaron algún tipo de proxecto de investigación fronte ao 13% das mulleres.

Onde están as causas.... a persistente fenda de coidados e a falla de políticas de igualdade específicas. Elas concilian sempre, eles puntualmente.

As medidas de confinamento decretadas en moitos países obrigaron ao peche de escolas infantís, colexios, comedores escolares, e ao confinamento de avós e avoas... e a pandemia puxo sobre a mesa unha crise de coidados que viña de lonxe, da que levabamos falando varias décadas. Unha crise que minusvalora a sostibilidade da vida, que non lle da valor social (nin económico) ao traballo doméstico e de coidados, un traballo realizado maioritariamente por mulleres.

Este primeiro confinamento supuxo un incremento do tempo dedicado polas mulleres a este traballo de coidados; e esta é unha das causas fundamentais desa fenda de investigación. Máis do 50% das mulleres con menores de 12 anos que participaron no noso estudo atenderon en exclusiva aos seus fillo/as, porcentaxe que baixa moito entre os homes (17%). A maioría das profesoras e investigadoras indicaron que a súa diminución no tempo dedicado á investigación tivo que ver coas dificultades derivadas das tarefas docentes, pero sobre todo da conciliación e de ver diminuída a súa capacidade de concentración.

É evidente que a feminización do traballo doméstico evidencia unha desigual carga das responsabilidades nos fogares. Da ampla batería de actividades vinculadas coas tarefas de coidados e xestión do fogar, as mulleres asumimos en maior medida que os homes case todas: unha fenda que se acentúa por exemplo na xestión xeral do fogar (64,4% de mulleres) ou no lavado da roupa (63,1%). A desigualdade de responsabilidades asumidas afecta na dispoñibilidade do tempo para a vida persoal e os auto-coidados, e as mulleres vemos penalizado o noso tempo de descanso. O benestar e a saúde das académicas, sobre todo das académicas nais, empeorou no confinamento.

O impacto desta fenda de investigación terá que ser medida a medio prazo, xa que, nas próximas avaliacións de investigación, solicitude  de proxectos, de sexenios, terá un efecto palpábel. A conciliación semella que segue a ser algo “privado” que cada muller ten que negociar dentro do seu fogar: para cando será este é un tema de estado?

Este primeiro confinamento supuxo un incremento do tempo dedicado polas mulleres a este traballo de coidados; e esta é unha das causas fundamentais desa fenda de investigación. Máis do 50% das mulleres con menores de 12 anos que participaron no noso estudo atenderon en exclusiva aos seus fillo/as, porcentaxe que baixa moito entre os homes (17%)

Urxe un fondo cambio cultural, cun reparto máis igualitario do traballo dentro dos fogares, acompañado de políticas públicas corresponsábeis, e con accións positivas por parte de entidades e empresas. Precisamos crear un sistema público de coidados, cunha dignificación das condicións laborais das persoas que traballan nese sector. Se queremos de verdade mudar a desigualdade de xénero na ciencia e na investigación, urxe xa atallar a precariedade laboral. A temporalidade das investigadoras queda patente incluso no caso de Lucía Martínez e o seu equipo de investigadoras que están a detectar as novas cepas de coronavirus en España, unha tarefa imprescindíbel nesta pandemia.

Urxe tamén introducir ao mesmo tempo factores de corrección en todas as avaliacións dos resultados de investigación, docencia e xestión onde se avalían currículums completos, para paliar os paróns na carreira académica por razóns de maternidade, crianza, enfermidade, complicacións no embarazo e/ou postparto, coidados ou  violencia de xénero. Segue urxindo unha regulación máis racional da xornada laboral, e ofrecer máis espazos para a conciliación nas universidades. Unha ciencia androcéntrica non nos salvará, só nos pode salvar unha ciencia inclusiva… é preciso unha nova epistemoloxía e revolución científica de inspiración feminista.

Archivado en: Feminismos AGANTRO AGANTRO
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.
Estados Unidos
Estados Unidos “No Kings”: más de 2.000 manifestaciones en EEUU para protestar contra la deriva autoritaria de Trump
Con el nombre de movimiento No Kings (sin reyes), millones de personas están convocadas a manifestarse en todo el país este sábado y enfrentar el desfile militar organizado por Trump el día de su 79 cumpleaños.

Últimas

Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Palestina
Marcha a Gaza Poner el cuerpo contra el genocidio
Miles de activistas de todo el mundo participan en la Marcha a Gaza desde Egipto. Desde el movimiento solidario extremeño con Palestina, una reflexión acerca de la importancia de esta lucha y de su momento histórico.
La madeja
La Madeja Oído/lengua/vientre
El oído que deja de prestar atención a la palabra del amo y se vuelve, inclinado ligeramente hacia abajo, a las que durante siglos callaron y al fin abandonaron la mudez, no será nunca subyugado.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un centro de salud desbordado y con cucarachas y otro pendiente de construir desde hace 22 años
Los vecinos del barrio de Comillas, en Carabanchel Bajo, se han manifestado para reclamar el nuevo centro de salud planificado desde 2003 y cuya parcela ya fue cedida por el Ayuntamiento a la CAM, que no da explicaciones por la paralización.
Centrales nucleares
Cierre de Almaraz Las empresas propietarias de Almaraz no acuerdan una propuesta conjunta para alargar la vida de la central
Solo Iberdrola y Endesa firman la propuesta de alargar la vida de Almaraz trasladada al MITECO. Naturgy se descuelga de la misma y bloquea su viabilidad, al estar la central explotada por las tres energéticas en un régimen de comunidad de bienes.
Más noticias
Israel
Oriente Próximo Israel mata al comandante de la Guardia Revolucionaria de Irán, que prepara “una respuesta contundente”
Israel ha atacado Irán en la madrugada del viernes 13 de junio con bombardeos de unos 200 aviones de combate. La Guardia Revolucionaria iraní ha confirmado la muerte de su comandante, el general Hossein Salamí.

Recomendadas

Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.
Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.