Un xulgado de Ferrol investiga por delito de odio a un activista galego que publicou oito chíos contra Israel

A denuncia parte, de oficio, da Comandancia da Garda Civil da Coruña. “Se o que pretenden é amedrentarnos e silenciarnos, van conseguir xusto o contrario”, explica Bruno Lopes, militante do colectivo propalestino Mar de Lumes.
Bruno Lopes Fayez Badawi
Bruno Lopes canda o exportavoz da Frente Popular pola Liberación de Palestina, Fayez Badawi.

Son oito os chíos que a Garda Civil da Coruña considerou como constitutivos de “delito de odio” e “antisemitismo” para formalizar unha denuncia de oficio nun xulgado de Ferrol: “Nem um só dia sem desejar a destruçom do Estado sionista. Mais umha nova matança, mais um novo episódio do genocídio permitido pola chamada comunidade internacional”, reza un deles. Acompáñao un vídeo esgarrador dunha dos miles de ataques do Estado de Israel sobre poboación civil palestina en Gaza.

Ao seu autor, Bruno Lopes, recoñecido militante propalestino en Galiza, chamárono a declarar por ter escrito e publicado ese e outros sete chíos nos que as palabras máis grosas son as que usa para comparar o xenocidio sobre o pobo palestino co que perpetraron os nazis a mediados do século XX. Outro dos chíos tampouco parece exceder ningún límite que calquera das decenas de miles de activistas en defensa do pobo palestino non superase: “Vamos a ser claros “Do rio ao mar” só tem um significado e sim claro que é a desapariçom do Estado nazi-sionista de Israel. E?”.

O escrito que lle remitiú o xulgado suxire que o seu alcance en redes é numeroso, pero Lopes, en conversa con O Salto, defende que é só a súa conta persoal e que o que realmente busca a Garda Civil sería outra cousa: “Se o que pretenden é amedrentarnos e silenciarnos, van conseguir xusto o contrario”. Aínda que Lopes está tranquilo e confía en que esta investigación non teña percorrido, di ter algunhas incertezas “polo estado actual do sistema xudicial”.

Desde o colectivo propalestino no que milita, Mar de Lumes, emitiron un comunicado cualificando a actuación de “montaxe policial” e chamando á mobilización do activismo galego: “Bruno Lopes e os miles e miles de persoas que reiteradamente nos mobilizamos en Galiza en apoio ao pobo palestino somos antisionistas declarados, e repudiamos a propia existencia do Estado sionista de Israel, implementado artificialmente sobre a terra e o pobo palestino e cuya existencia se basea nun réxime de ocupación e discriminación racial e relixiosa. E nin aínda así nos van calar, porque denunciar aos culpables e aos cómplices do xenocidio e a ocupación constitúe un mínimo democrático”, reclaman. E rematan: “As redes sociais están cheas de contas que defenden abertamente un xenocidio, pero son persoas solidarias como Bruno quen son criminalizadas no Estado español”.

Palestina
Fayez Badawi: “A resistencia non deixará só ao pobo no matadoiro apoiado por Occidente”
O activista e exvoceiro do FPLP denuncia a “inutilidade” da ONU e a “complicidade” da Unión Europea ante o xenocidio do estado israelí en Palestina: “Se hai cambio, farano os pobos.”
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...