Derecho a la vivienda
A crise da vivienda bate na xente nova: “Se traballando non podes permitirte un piso, para que traballamos?”

Apenas un 15,3% das persoas menores de 30 anos en Galiza están emancipadas. A suba constante dos prezos de aluguer e os baixos salarios levan a cada vez máis xente nova a padecer problemas de saúde mental como depresión ou ansiedade.

Independizada dende os 25 anos, Iris, mestra de canto na Coruña, tivo que voltar á casa dos seus pais un ano despois por mor dun incremento no prezo do seu alugueiro ao que non podía facer fronte co traballo inestable que tiña naquela altura: “Sentinme unha fracasada, coma se tivera feito algo mal”.. Este sentimento de fracaso é colectivo e preocupa moito ás profesionais da saúde mental que, como Lucía Lara, psicóloga especializada en ansiedade e xestión do estrés, están convencidas de que é o detonante perfecto para que aumenten as taxas de suicidio entre a mocidade, así como as diagnoses de depresión e ansiedade coas que se atopan cada día na consulta. “É normal sentir frustración e fracaso, non estás podendo cumprir co que se supón que deberías á túa idade”, explica a psicóloga.

Banca
Beneficios caídos del cielo Los grandes bancos reciben 7.000 millones de dinero público mientras pagan mil de impuesto a la banca
Los altos tipos de interés que asegura el Banco de España a entidades financieras les generan siete veces más dinero que el impuesto que pagaron por sus beneficios extraordinarios en 2023.

O último informe publicado polo Observatorio de Emancipación do Consello da Mocidade de España (CJE) amosa uns resultados alarmantes. Mentres que a taxa de emprego da mocidade en Galiza subiu no último ano, baixando o paro xuvenil máis dun 5%, a taxa de emancipación no mesmo grupo de idade neste ano baixou un 1,2%, situándose así no 15,3%, por debaixo da media estatal. A cifra máis baixa dende que existe este informe.

Estes datos semellan explicarse por si sós en canto botamos unha ollada aos prezos dos alugueiros nas principais cidades do país, especialmente na Coruña. O CJE observou no 2023 un incremento do 8% do custo dos alugueiros galegos, ao tempo que establece que o salario medio recibido polas persoas entre 19 e 30 anos non supera os 1.000 euros netos ao mes. Alugar un piso suporía para a meirande parte das mozas e mozos galegos, segundo estes datos, un 93,9% do seu salario, sen contar por suposto os gastos engadidos aos que terían que facer fronte de vivir fóra da casa familiar.

Carlos, xurista de formación, emancipado dende os 25 anos e activista e creador de contido en redes sociais sobre temas relacionados coas necesidades e reivindicacións da mocidade, explica: “Hoxe partimos dunha condición material moito peor que a dos nosos pais, a pesar de que estamos moito máis formados a nivel educativo, e mesmo máis profesionalizados”. Nos seus vídeos explica como o soldo das persoas menores de 30 anos é un 35% menor que a media, equiparándose arredor dos 34 anos. A isto únese un aumento exponencial dos prezos da vivenda. Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), nos últimos 50 anos no Estado español multiplicouse por cinco a parte de soldo que se destina á vivenda. “Co salario medio que cobramos as persoas mozas, para poder vivir sos nunha vivenda en aluguer teriamos que dedicar incluso máis do 100% do mesmo. Isto é absolutamente ridículo”, recalca o activista.

“Teño a sorte de compartir piso coa miña parella pero si que ás veces paro a pensar que se nos separamos algún día teriamos que compartir piso con outras persoas. Isto é completamente absurdo tendo en conta que ambos traballamos dende moi novos e mesmo tendo dous traballos nalgún momento”, conta Nerea, unha deseñadora gráfica de 27 anos que vive na Coruña. Na outra cara da moeda, Dani, un mozo de 29 anos que leva traballando os últimos tres nun obradoiro de xoiaría, non ve posible marchar da casa de seus pais nun futuro próximo. “Co meu salario actual, que é basicamente o SMI, non me dá para vivir pola miña conta. Hai pouco tiven un problema co coche e xa só con ese gasto non podería ter pagado o piso ese mes”. Coma Dani, moitas mozas e mozos vénse obrigados a quedar na casa ou compartir piso con outras persoas, opción que neste caso prefire deixar para máis adiante: “A verdade prefiro agardar e irme coa miña parella cando poidamos permitírnolo. Pero non vai ser este ano tampouco”. 

“Chega un momento no que non podes evitar plantearte se paga a pena todo o que estás a facer cando nin sequera podes vivir dignamente: vivir soa, aforrar para imprevistos, ir de viaxe… Se traballando non podes permitirte un piso, para que traballamos?”, reflexiona Nerea, pero onde coinciden Merchi, Noelia, Dani, Carlos, Iris. Todos eles mozas e mozos de entre 27 e 30 anos que non ven o momento no que comezar a vivir ese futuro prometido, no que poder emanciparse e formar o seu propio fogar. “Na casa dos teus pais ao final telo todo e é certo que a min gústame vivir nela e estou cómoda coa miña familia, pero sinto que me estou perdendo algo. Cando vives fóra podes chegar a agobiarte polos gastos ou a rutina, pero ao final iso é a vida adulta en parte, non? Iso é o que se supón que temos que vivir”, conta Merchi, auxiliar de enfermería na Coruña que con 27 anos xa ten ganas de ter un fogar propio.

Axudas para a emancipación: habelas hailas

Dende 2022 existe o chamado Bono alugueiro á mocidade co obxectivo, segundo o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, de facilitar o acceso á vivenda ás persoas entre 18 e 35 anos. Porén, os datos do último ano non reflicten de modo algún os beneficios desta medida. 

“As axudas están mal formuladas. Non ten sentido que poñan límites ao aluguer que podes pagar, sobre todo se é un límite para nada realista cos prezos actuais. O meu piso, o máis barato que atopei, sobrepasa o límite da axuda así que xa non a podo pedir”, conta Noelia, unha traballadora social de 27 anos emancipada dende os 25. O límite ao que se refire é de 600 euros mensuais. Todos os alugueiros por riba desa cifra incumpren un dos requisitos esenciais para solicitar o bono. Tendo en conta que a media dos alugueiros na actualidade ronda os 944 euros, segundo os datos do último informe do CJE, é doado entender a dificultade para acceder a esta axuda que, por outra banda, é de 250 euros ao mes durante un máximo de dous anos. Para Nerea, deseñadora xa emancipada, está claro: “Non é tanto que sexan suficientes ou non, é que son directamente ineficientes”.

Este bono non é a única axuda á que pode optar a mocidade para facer fronte aos prezos do aluguer, senón que leva da man axudas autonómicas. No caso galego, a Xunta de Galiza pode pagar dende un 30% a un 50% do aluguer a maiores do bono, sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos, entre os que atopamos ese mesmo límite de 600 euros de aluguer nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol e un límite de 425 euros no resto de concellos galegos.

Dende o Instituto da Mocidade (INJUVE) piden unha axuda real, adaptada aos prezos do mercado actual e que chegue antes de ter que facer fronte aos gastos. “Debemos aplaudir a creación destas medidas que hai un par de anos parecían estar tan lonxe, pero aínda queda moito que mellorar se de verdade o obxectivo é axudar á mocidade a formar o seu proxecto de vida e garantir o dereito fundamental á vivenda”, corrobora Dani, xoieiro de 29 anos non emancipado.

Á propia sensación de fracaso por non poder dar pasos que se asumen como naturais para o seu momento vital únese a frustración ao vérense moitas veces caricaturizadas coma unha sorte de Peter Pan con medo a voar do niño. 

Noelia está cansa de escoitar que a xente nova non quere emanciparse porque lles gusta demasiado ‘vivir do conto’ a costa dos seus pais. Esta traballadora social tivo que marchar da casa por motivos laborais, pero ao ter un soldo variable precisa axuda económica da familia de vez en cando, tanto para o propio aluguer como para outros gastos do día a día aos que non pode facer fronte: “Para chegar a fin de mes, non podo nin tomar un café coas amigas. Non se trata só de pagar un aluguer, queremos ter calidade de vida”. A esta situación únese a sensación constante de non estar facendo ben as cousas, de non ser suficientemente adulta. “Gustariame que a xente fose consciente de que estamos a telo moitísimo máis difícil á hora de cumprir coas expectativas adultas de independencia económica”, reclama.

“Non é xusto vivir coa presión de que non marchamos da casa ata os 30 e pico porque ‘non queremos’. Igual non nos independizamos porque temos que agarrar tres traballos a xornada partida porque non nos queren facer contratos de oito horas diarias por ser novas. E aínda cando por fin consegues un contrato de oito horas diarias descobres que co salario mínimo segues sen poder permitirte marchar da casa”, afirma Dani.

Un espazo no que crear futuro

Para Carlos, xurista e activista, a solución pasa por dúas medidas chave: a vivenda pública de aluguer, xa que actualmente en España tan só existe un 2,5% e delas só o 3% se destina ao aluguer; e a regulación do aluguer de longa tempada e limitacións ao vacacional. “As experiencias de cidades como Viena, amosan a importancia da vivenda pública de aluguer para o control de prezos, e como medida de xustiza social, que permita que as persoas poidan desenvolverse”, explica. Tamén engade que non estaría de máis que ese aluguer de vivenda pública “teña unha porcentaxe reservada para menores de 30, cuxas condicións de acceso sexan aínda máis favorables”, para fomentar a independencia da mocidade e que podan comezar os seus proxectos vitais.

Así, as claves recollidas nos Diálogos coa Mocidade do INJUVE e o CJE son, en esencia, estas mesmas peticións: a regulación das condicións dos alugueiros, tanto limitando os prezos como as mensualidades de adianto ou a duración dos contratos; ademais do desenvolvemento dun parque público de vivenda en aluguer con especial atención ás persoas máis novas. “Isto posibilitaría a súa emancipación efectiva e o desenvolvemento dos seus proxectos vitais”, afirma o activista.

E non son as únicas reivindicacións por parte da mocidade. Para Noelia, traballadora social, resulta esencial unha limitación aos grandes tenentes: “Vivín en pisos que eran propiedade de persoas que tiñan outros tantos pisos. Convírteno nun negocio, antes era a túa vivenda herdada a que poñías en venda. Agora compran edificios enteiros só para marcar eles os prezos do mercado”. A xentrificación dalgunhas cidades, así como o aumento exponencial de alugueiros vacacionais é algo que tamén preocupa e afecta a esta xeración. “As cidades teñen que ser dos seus habitantes. Cada ano marchan miles de mozas e mozos de Galiza ou mesmo de España moi formados e perfectamente capaces, e co paso do tempo as cidades están sendo habitadas por turistas. Isto é riqueza e progreso? Para quen?”, pregunta Nerea.

A coñecida como “xeración do futuro”, unha xeración que dende a escola aprendeu que ía ter que facer fronte ás grandes crises como a emerxencia climática, os conflitos bélicos ou a polarización social, ten agora a idade á que se supón que debería cambiar o mundo. Pero, sen un fogar ao que volver despois de salvar o planeta, nin Clark Kent sería Superman, nin as mozas e mozos galegos poden desenvolverse como os adultos que o mundo necesita. E, así, a roda segue xirando. “Estase xestando unha xeneración de mozas e mozos sen expectativas de futuro nin razón para facer as cousas”, conclúe a deseñadora gráfica.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Eléctricas
Oligopolio eléctrico Sánchez no admite responsabilidades en el apagón mientras sus socios piden nacionalizar la red eléctrica
El presidente del Gobierno señala a los “operadores privados”, entre ellos Red Eléctrica, cuyos últimos dos presidentes vienen del PSOE y cuyo principal accionista es el Estado, con el 20%, seguido por el 5% de Amancio Ortega.
Antimilitarismo
Rearme El gasto militar mundial se dispara
El gasto militar en el planeta aumentó en 2024 un 9,4% respecto a 2023, lo que supone el mayor incremento interanual desde la Guerra Fría.
Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
Galicia
Galicia La Xunta aprobó la celulosa de Altri argumentando que su chimenea de 75 metros sería “icónica”
El Informe de Patrimonio Cultural, favorable a la multinacional, se emitió en base a dos encargos externos, contratados y pagados por la empresa al ex presidente y al actual tesorero de Icomos-España.
Electricidad
Apagón Pedro Sánchez: los protocolos de emergencia siguen activos y se abrirá una investigación
El presidente del Gobierno ha comparecido ante los medios de comunicación tras presidir la reunión del Consejo de Ministros para explicar las cuestiones abordadas en relación con la crisis eléctrica.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.
Energía
Energía El gran apagón de abril | El suministro de energía se recupera al 99%
Pedro Sánchez explica que se produjo una “pérdida” del 60% de la electricidad a las 12:33h: “15 gigavatios se han perdido súbitamente del sistema en apenas 5 segundos. Aproximadamente el 60% del sistema eléctrico”.
Energía
Energía La ley marca permisos retribuidos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Electricidad
Apagón ¿Qué le puedo reclamar a la empresa eléctrica y al seguro tras el apagón?
Tras el incidente con la electricidad de este lunes 28 de abril, los consumidores deben conocer qué pueden reclamar a las compañías de la luz o a sus seguros.
València
València La jueza de la dana acorrala al relato político de Mazón
El president viaja a Estados Unidos la semana en la que el PP europeo celebra su congreso en València y no acudirá a la multitudinaria romería de Santa Faz.
Más noticias
Crisis climática
Informe Las diez empresas más contaminantes del país son responsables de un quinto de las emisiones españolas
Repsol mantiene el podio gris de empresa más contaminante que le arrebató a Endesa en 2020. Completan el top 10 de compañías más emisoras energéticas, cementeras y siderúrgicas, que copan entre ellas el 56% de las emisiones del mercado de carbono.
El Salto Radio
El Salto Radio Desmantelando E2 I El racismo institucional y sus grietas
Las redes de apoyo mutuo y la actitud de compartir privilegios son herramientas imprescindibles para combatir los impactos del racismo estructural.
Comunidad de Madrid
Energía El apagón en Madrid, en imágenes
En Madrid, la gran urbe ha permanecido incrédula al pasar de las horas, entre rescates en el Metro, en el Cercanías y en ascensores, donde han quedado atrapadas algunas personas.

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.