Tecnología
Tecnocapitalismo vs soberanía tecnolóxica

A tecnoloxía atravesa as nosas vidas (e precisamos construír discursos críticos respecto diso).

Medialab
Tres personas trabajan en Medialab. David F. Sabadell

Tecnocapitalismo global. Ata hai apenas dez anos, as principais empresas que dominaban as Bolsas do mundo eran petroleiras, farmacéuticas ou financeiras. O ano pasado, The Economist xa situaba cinco corporacións tecnolóxicas (Apple, Alphabet-Google, Microsoft, Amazon e Facebook) entre as sete empresas globais con maior valor de mercado. Elas son as principais promotoras —e beneficiadas— desta sociedade altamente tecnoloxizada e interconectada, que é concibida como o paradigma de progreso e benestar e que se impón sen apenas contestación en todo o planeta.

Autoras como Shoshana Zuboff chaman a esta realidade capitalismo da vixilancia, un sistema que alimenta e está sostido por unha sociedade da hipervisibilidade e da exhibición: Google define as nosas procuras nun mundo no que a información é poder, Facebook ou Tinder configuran as nosas relacións persoais, Airbnb reconstrúe as normas do turismo e a vivenda e Amazon e Alibaba emerxen como mercados globais de masas.

Neste mundo das smart cities, das quedadas por redes sociais e do activismo dixital, as maiorías estamos nunha situación de crecente desposesión, ficando enormemente limitada a nosa capacidade para incidir nas políticas públicas. A información transita a través de infraestruturas que son privadas, como é tamén privado o sistema de xestión de datos, a organización automatizada dos servizos públicos e a produción dos contidos dixitais (estean estes vinculados aos medios de comunicación ou á ciencia médica, á produción alimentaria ou mesmo á industria militar).

Este é o novo capitalismo: o capitalismo informacional —da privatización dos datos e da vixilancia— e cognitivo —do control do coñecemento baseado na intelixencia artificial—.

O ciclo tecnopolítico do 15m: cara á soberanía tecnolóxica. Este é tamén o momento histórico no que se desenvolveron os movementos que nos últimos anos transformaron a nosa realidade política, desde o 15M ata os gobernos municipais do cambio. E no camiño, a democratización das tecnoloxías xogou un papel fundamental (dende os ensaios coa rede n-1, ou a eclosión dos laboratorios cidadáns, ata as actuais ferramentas de participación e deseño colaborativo en marcha en moitos concellos).

Un papel fundamental, pero insuficiente: o movemento municipalista e, en xeral, as distintas expresións sociais e políticas enfrontadas ao capitalismo, seguen a ter a necesidade de construíren un discurso crítico e propositivo neste eido. Para Gerardo Pissarello, primeiro tenente de alcalde de Barcelona, esta alternativa ten un nome: “conquistar soberanía tecnolóxica para o ben común”.

Laboratorios ciudadanos

E isto como se fai? O pasado mes de outubro reuníronse na Coruña activistas, movementos sociais e institucións locais para traballar sobre o tema dende un enfoque multidisciplinar, no marco do encontro sobre Municipalismo, Autogoberno e Autoxestión (MAC3). Máis aló de partillar a diagnose, trazáronse unhas liñas chave para avanzar no reto, que pasan por volver pór no centro a dimensión política das tecnoloxías e por empoderar á cidadanía para que recoñeza e exercite a súa capacidade de decidir tamén neste ámbito. Indicáronse varios eixos como fundamentais: transitar dende as licenzas privativas e das tecnoloxías pechadas ao software e ao hardware libre; do capitalismo informacional ás comúns dixitais e de datos, controlados polas comunidades que os xeran; das redes sociais corporativas ás redes políticas democráticas, para a participación e a incidencia política; da aceptación acrítica do liberalismo tecnolóxico á construción de relatos críticos sobre as relacións entre tecnoloxía, capitalismo e democracia; da desconexión actual ao establecemento de redes a múltiples escalas (empezando pola intermunicipal) que traballen nestas direccións.

Un reto enorme, pero que xa foi ensaiado con éxito: non esquezamos que Wikipedia, a enciclopedia libre e colaborativa, converteuse en apenas 17 anos de vida no primeiro sitio de referencia do mundo, con centos de millóns de consultas mensuais.

tecnopolítica

O uso das tecnoloxías para a transformación política. Cambio de paradigma. As transformacións que están a operar no ámbito das tecnoloxías non só inflúen —e se retroalimentan— nos mercados globais: condicionan e contribúen de xeito determinante aos actuais procesos de transformación social e nomeadamente, ás plataformas municipalistas que gobernan algunhas das principais cidades do Estado. Todas elas naceron e desenvolvéronse pondo no centro a participación cidadá e a colaboración. Todas desenvolveron espazos híbridos (dixitais e analóxicos) de deliberación e toma de decisións que agora, nas cidades onde se goberna, transcenderon o espazo político para entrar no institucional, ata o punto de transformar o modo no que se deseñan e executan as políticas públicas locais. E os resultados están a ser sorprendentes.

Cidades onde as prácticas verticais e clientelares de distribución orzamentaria levaban décadas enquistadas, como Compostela, Cádiz ou Valencia, contan agora con orzamentos participativos. Os laboratorios cidadáns, abertos e colaborativos, son xa unha realidade funcional e contan co apoio das entidades municipais na Coruña (Co-Lab), Madrid (MediaLab Prado) e Zaragoza (Etopía). E as formas de democracia directa ábrense paso nas diferentes cidades do cambio, tendo como exemplos máis desenvolvidos as redes políticas Decidim e Consul, que xa funcionan en Barcelona e Madrid.

Estamos ante un cambio de paradigma. Un cambio que é aínda moi precario. O relato tecnopolítico non rematou de calar en moitos destes novos gobernos que ademais, se ven encorsetados por unha legalidade que non está actualizada e unha abafante falta de autonomía local, tanto a nivel de recursos como, sobre todo, no relativo á toma de decisións sobre cuestións fundamentais.

dentro e fóra

Todas estas dificultades foron abordadas no Taller de Tecnopolítica do MAC3, onde se identificaron dúas liñas de traballo determinantes a desenvolver nos próximos anos para avanzar na construción da soberanía tecnolóxica dende o local. Por unha banda, dende o “dentro” o deseño de políticas públicas que supoñan a migración a tecnoloxías libres (software e hardware, pero tamén redes, infraestruturas e protocolos libres); o establecemento de políticas de datos que salvagarden a privacidade persoal e garantan o acceso e o control público; e a transformación organizacional (concienciando, capacitando e motivando ao persoal que traballa nas institucións).

Doutra banda, dende o “fóra”, a posta en marcha dun ecosistema de movementos sociais, consultoras, laboratorios e observatorios que estean en posición de acompañar dando soporte e auditando os cambios que se vaian producindo nas institucións. E que presionen para acadar avances. Todo un reto que só será posible afrontar na medida en que establezan redes operativas de coordinación e colaboración intermunicipal. Que produzan colectivamente o relato común da soberanía tecnolóxica.

CO-LAB
Ano de creación: 2016
Participación pública: proxecto da Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña.
Páxina web: colab.coruna.gal

O Co-lab é un espazo de experimentación e colaboración cidadá que dá apoio a proxectos —dotándoos de orzamentos e capacidade— para mellorar a calidade de vida da cidadanía da Coruña. A idea é poñer en marcha un laboratorio aberto de ideas, imaxinadas e construídas pola propia veciñanza, que poidan aplicarse á realidade local e tamén replicarse en distintos momentos e espazos.
En palabras de David A. Lareo, o feito de que “todos os proxectos participantes no Co-Lab sexan de código aberto supón un avance fundamental na construción da soberanía tecnolóxica”. E isto é posible, subliña, porque o laboratorio “garante a replicabilidade e a gobernanza democrática, cun modelo de documentación en aberto dos diferentes procesos”.

MEDIALAB PRADO
Ano de creación: 2002
Participación pública: programa da Área de Goberno de Cultura e Deportes do Concello de Madrid.
Páxina web: medialab-prado.es

Medialab é un espazo aberto á experimentación cidadá que promove, con recursos e potencia, a configuración de grupos de traballo diversos. A través da posta en común de coñecementos múltiples, a colaboración e o acceso a recursos para a fabricación dixital, prodúcense procesos de creatividade colectiva que dan lugar a prototipos con amplo interese social.
É o caso de Autofabricantes, un proxecto que a través da investigación e o traballo colaborativo desenvolve próteses funcionais e de moi baixo custo para nenos e nenas que as precisan, grazas aos recursos da fabricación dixital. Este proxecto apoia a xeración de redes entre comunidades de apoio/fabricación, as familias e o centro comunitario de saúde de Vallecas. Tecnoloxías que crean comunidade e que cambian vidas.

DECIDIM
Ano de creación: 2016
Participación pública: proxecto promovido polo Concello de Barcelona
Páxina web: decidim.org

Decidim é unha infraestrutura dixital para a democracia participativa construída en software libre de xeito colaborativo. Máis concretamente, é unha contorna web que permite crear e configurar un portal ou plataforma web, a modo dunha rede social. O proxecto iniciouse como unha plataforma de participación para o Concello de Barcelona, pero actualmente é usada por máis dunha ducia de cidades. Decidim é exemplo dun modelo emerxente de redes de terceira xeración —“redes políticas”— que marca a súa principal diferenza coas redes sociais no que pode facerse nelas e con elas. En lugar dun Facebook (“libro de caras”), Decidim sitúa no centro da súa construción o vínculo político. Non interpela individuos en rede senón a un “nós”, un “nós” decisivo. Redes que permiten intervir nas institucións, políticas públicas e autoxestión de colectivos sociais.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Nuevas tecnologías Inteligencia artificial: cómo educar para los retos del futuro
Cualquier tecnología que llegue al ámbito educativo se despliega inexorablemente sobre las desigualdades que el propio sistema genera, aumentándolas. Si lo que se produce es una revolución tecnológica, como por ejemplo la IA (Inteligencia artificial)
Tecnología
Karlos G. Liberal “La inteligencia artificial, más que describir unas tecnologías, describe una ideología”
Informático y hacktivista vasco de la vieja escuela, 'Patxangas' acaba de publicar un libro en el que, a través de una mirada ciberpunk, recorre los paisajes digitales de la actualidad.
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Movimiento BDS
Movimiento BDS Sidenor cede a la presión y anuncia que dejará de vender acero para las armas israelíes
La acerera vasca toma esta decisión después de que los sindicatos ESK, LAB y ELA requiriesen información y exigiesen acciones para frenar la complicidad con el genocidio.
Palestina
Palestina Israel bombardea un cumpleaños infantil y asesina a 39 personas en otra jornada mortífera en Gaza
Las Fuerzas Armadas de Israel siguen extendiendo la muerte por todo el territorio de Gaza. Un ataque contra una cafetería frecuentada por periodistas acaba con la vida de varios niños y niñas, un fotoperiodista y una artista plástica.
Fiscalidad
Impuestos España y Brasil se unen para proponer mayores impuestos a los superricos
La propuesta ha sido presentada en la IV Conferencia Internacional de Financiación para el Desarrollo de la ONU que se celebra en Sevilla.
Justicia
Justicia Huelga de jueces y magistrados: ni servicios mínimos ni descuento de salario
Las asociaciones conservadoras convocan por primera vez un paro de tres días, una situación sin sustento legal según el Consejo General del Poder Judicial.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo La RD del Congo y Ruanda, mediados por Estados Unidos, firman un acuerdo de paz incierto
El acuerdo busca crear cadenas de valor en las que intervengan ambos países, con una mayor presencia de los Estados Unidos en la zona. La poca presencia de las víctimas del conflicto en las conversaciones genera dudas en la sociedad civil congoleña.

Últimas

Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.