Sanidad pública
Arrinca a folga de tres días na atención primaria galega
A folga na Atención Primaria galega arrincou este mércores cunha forte mobilización diante da sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), malia a desconvocatoria anunciada polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF. A CIG-Saúde mantén a convocatoria para os tres días previstos —26, 27 e 28 de novembro— e realizou unha concentración ás 11 da mañá que rematou cunha manifestación ao redor do edificio da Xunta de Galicia.
A Asemblea de Médicas e Médicos de Familia da Área Sanitaria da Coruña manifestou o seu “absoluto rexeitamento” ao acordo asinado polos tres sindicatos e denuncia que incumpre “de forma clara e reiterada” as liñas vermellas marcadas democraticamente polo colectivo.
Entre as reivindicacións ignoradas no pacto, as asembleas sinalan o cese inmediato da contratación de persoal sen formación MIR en Medicina Familiar e Comunitaria, a regulación das quendas dos sábados nos Puntos de Atención Continuada (PAC), e o establecemento de axendas pechadas cun máximo de 30 pacientes diarios.
CIG-Saúde considera “insuficiente” o compromiso de retirar a categoría de Facultativos Especialistas de Área en Atención Primaria (FEAP) a finais de 2029, cando a lei de 2022 fixaba o prazo en 2027. Ademais, critica que o acordo non garante un verdadeiro Plan de Ordenación de Recursos Humanos nin melloras concretas nas condicións retributivas dos PAC.
A Asemblea da Coruña subliña que profesionais están atendendo actualmente “50 ou 60 doentes diarios” nunha situación “absolutamente insostible e incompatible cunha medicina de calidade”. As traballadoras e traballadores reclaman que calquera desconvocatoria debe ser “refrendada polo conxunto” da profesión e non imposta unilateralmente polas direccións sindicais.
De non acadarse as reivindicacións, as asembleas non descartan convocar unha folga indefinida en Galiza.
Sanidad pública
Médicos e médicas de familia rebélanse contra a estratexia de precarización da atención primaria da Xunta
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!