Salud mental
A morte por suicidio: un problema sanitario, social e político (II)

As mortes por suicidio non son só unha cuestión sanitaria, senón que deben abordarse tamén dende perspectivas sociais, políticas e económicas.
suicidio 2
Imaxe nunha manifestación do Movemento Galego da Saúde Mental en 2020.
30 may 2021 08:45

En Galiza, en 2019, morreron 292 persoas por suicidio. No conxunto do Estado Español, 3.671. A pesar destas cifras, non existe un plan de prevención de suicidios a nivel nacional e, a nivel autonómico, o plan de prevención publicado en 2017 non se chegou a implementar. A morte por suicidio continúa a ser unha realidade invisibilizada.

Salud mental
A morte por suicidio: os estigmas e o dó (I)
Os estigmas sociais e o descoñecemento invisibilizan o que é a primeira causa de morte externa no Estado español.

José Eduardo Rodríguez, psicólogo da Unidade de Prevención de Suicidios de Vigo, que leva funcionado desde o pasado marzo, enmarcada no Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19, explica que existen tres niveis á hora de falar de prevención das mortes por suicidio. Por unha banda, a prevención universal, que se fundamenta “na divulgación, a redución do estigma, o traballo cos medios de comunicación, etc”. No segundo nivel entraría a detección das persoas en risco: “Isto consistiría en formar ás persoas que están en contacto directo coa poboación, como pode ser o profesorado, bombeiros, forzas de seguridade ou sacerdotes que, potencialmente, poden detectar a persoas en risco e derivalas á atención sanitaria. Actualmente, neste sentido non se está facendo nada”. O terceiro nivel fai referencia ao traballo coas persoas “que están tendo problemas, condutas suicida, que é o que facemos nós na Unidade de Prevención”.

“O plan de prevención de suicidios de 2017 naceu cunha gran eiva, que foi a escaseza orzamentaria”

Para Rosa Cerqueiro, voceira do Movemento Galego de Saúde Mental, un bo plan de prevención de suicidio é aquel que conte cunha “estratexia multisectorial na que se teña en conta o ámbito sanitario, educativo, político e social”. En 2017 nacía o plan de prevención de suicidios da Xunta, despois de meses de presión popular por parte de colectivos como O Movemento Galego de Saúde Mental ,a través de iniciativas como as Badaladas pola prevención do suicidio, durante a que se  tocaba na praza de Praterías unha badalada por cada persoa que se suicidaba. “O plan estaba ben feito, as liñas estratéxicas tiñan sentido e ían en consonancia co que se estaba a facer no mundo. O problema é que non houbo implementación. Era un papel que estaba ben feito pero tiña pouco funcionamento”, explica José Eduardo Rodríguez. Rosa Cerqueiro afirma que o plan de 2017 naceu “cunha gran eiva, que foi a escaseza orzamentaria”. Segundo Eduardo Rodríguez, co actual plan de saúde mental “estanse empezando a ver cousas pero aínda queda todo por facer”. Delia Guitián, psicóloga clínica no Sergas en Lugo, recalca que o suicidio non é un problema tan só sanitario, senón tamén social e político: “Un bo plan de prevención debe abranguer moitos máis aspectos alén do sanitario. Non é só prestar atención ás persoas que se atopan nesa situación de vulnerabilidade ou que xa o intentaron. Hai que abordar os problemas dende outras moitas ópticas”.

“En España, hai unha media de seis psicólogas por cada 100.000 habitantes, tres veces menor á media Europea, que é de 18”

Rosa Cerqueiro explica que, por exemplo, a nivel educativo si existe un protocolo sobre que deben facer nas escolas se descobren que un neno ou unha nena fixo unha tentativa: “O protocolo di que, nese caso, hai que comentarllo aos pais e derivar ao servizo de saúde mental. Isto é un protocolo, mais non é un plan de prevención primaria para atallar aqueles factores que poden estar máis en relación co suicidio”. Por outra banda, dende o Movemento Galego de Saúde Mental tamén reclaman a importancia de contar con datos actualizados sobre a realidade das mortes por suicidio en Galiza. “A Xunta falara no 2019 de que ían facer un estudo coa Universidade e non sabemos nada diso. Non existen datos actualizados cos que poidamos abordar os posibles motivos. É importante poder coñecer a realidade local. A propia OMS di que é necesario adaptar os plans de prevención á realidade de cada poboación”, conta Rosa Cerqueiro.

En España, hai unha media de seis psicólogas por cada 100.000 habitantes, tres veces menor á media Europea, que é de 18. “O servizo público no ámbito da saúde mental está completamente desbordado. Estamos vivindo unhas listas de espera terroríficas. Se ves un paciente hoxe, se cadra ata dentro duns meses non volves a ter un oco para facer unha consulta de psicoloxía clínica. Así é moi complicado facer un bo tratamento psicolóxico das necesidades que ten a xente”, asegura Delia Guitián. Rosa Cerqueiro fai fincapé en que a atención psicolóxica das persoas que están nunha situación de gran sufrimento non pode recaer na “boa voluntariedade dos profesionais que fan un oco onde sexa para poder atender aos pacientes”. Delia Guitián explica que a tendencia é a de levar ao primeiro oco da axenda os casos máis urxentes: “O problema é que, deste xeito, os casos menos graves reciben atención cando se complican, o que é totalmente contraproducente”.

“Con que distancia queremos prever? Queremos enterarnos de todos os que sofren para intentar paliar ou queremos que a poboación non chegue a ese nivel de sufrimento?”

A pesar de que non se detectou un aumento no número de suicidios durante o confinamento nin nos meses sucesivos, José Eduardo Rodríguez explica que hai un alto risco de que o número de persoas que morren por suicidio aumenten nos anos posteriores “cando as consecuencias da crise a nivel social e económico sexan máis visibles”. Aínda así, Carles Alastuey, da organización de superviventes Despres del Suicidi, fai fincapé en que “as cifras xa son moi alarmantes e non é preciso que os datos aumenten para que se converta en noticia ou se fala diso”.

Co colapso do sistema de saúde público aumentan as desigualdades de acceso a consultas psicolóxicas entre as persoas con menores recursos económicos e os grupos de poboación máis vulnerables. “Calquera situación de crise fai sufrir á poboación. Polo tanto, moitas das persoas que xa eran vulnerables pasan a ter maiores dificultades, e outras que antes se cadra non o eran convértense en persoas vulnerables tamén”, explica Delia Guitián. Delia faise dúas preguntas: “Con que distancia queremos prever? Queremos enterarnos de todos os que sofren para intentar paliar ou queremos que a poboación non chegue a ese nivel de sufrimento?”. José Eduardo Rodríguez insiste en que, para non chegar a esta situación, son necesarias políticas de emprego e xustiza social para “facer unha vida máis vivible”. Rosa Cerqueiro, neste sentido, recalca que “a protección social é fundamental” e que, por exemplo, o ingreso mínimo vital debería chegar a máis xente. “Cando tes máis medios para saír desta vulnerabilidade, cando facilitas que as persoas teñan unhas expectativas de vida dignas e axudas a minimizar a desesperanza, a poboación sufre moito menos e ten máis recursos para estar ben”, asegura Delia Guitián.

Durante a crise da Covid-19, instaurouse a asistencia telefónica en atención primaria. “É certo que a xente percibe barreiras, dificultades. Sobre todo en cuestións en doenzas que poden non ser tan agudas como o son un infarto ou un ictus. As patoloxías que son graves, pero non urxentes, están sufrindo demoras e isto xera outra vez unha incerteza, malestar e angustia na poboación”, explica Delia Guitián. Esta psicóloga fala tamén das persoas con enfermidades crónicas que cursan con dor: “Neste grupo de persoas a taxas de suicidio e o sufrimento emocional son altísimas. Se a atención médica é pouco accesible, os tratamentos non funcionan ou as revisións son cada moitos meses é complicado. Se modificas esta realidade estas, por exemplo, incidindo neste grupo da poboación”.

“É importante ter en conta que as mortes por suicidio acontecen en persoas que viven nun contexto económico, social, familiar e cultural específico e que é dentro deste contexto no que hai que fomentar as vías de solución destes problemas”

Segundo un estudo da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, no 2020 incrementouse nun 4,5% o consumo de ansiolíticos, hiptnóticos e sedantes con respecto ao ano anterior. “Estes son tratamentos menos efectivos, entón a longo prazo o número de persoas as que lles costa manexar emocións e enfrontarse aos problemas son moitas máis. Quedas cunha poboación que está sufrindo máis; as baixas laborais increméntanse e todo comeza a ser máis difícil para o conxunto da poboación. ”, explica Delia Guitián. Para ela, é importante ter en conta que as mortes por suicidio acontecen en persoas que viven nun contexto económico, social, familiar e cultural específico e que é dentro deste contexto no que hai que fomentar as vías de solución destes problemas. “Rapidamente patoloxizamos, cando en realidade é preciso un enfoque que aborde todos estes ámbitos”, explica Delia.

Cando preguntamos ás expertas consultadas para esta reportaxe sobre que facer se algunha persoa do noso entorno está pasando por un sufrimento intenso e pensa no suicidio, todas recalcan a importancia de escoitar, comprender, evitar o uso de frases que imposibilitan calquera tipo de conversa como ‘non digas esas cousas; non penses niso; cala, que dis?’  e acudir, se é preciso, aos servizos de urxencias. Débese preguntar que lle pasa, cal é o seu sufrimento, cales son as cousas que lle están mancando tanto, darlle importancia ás súas palabras, acompañalo/a.  Ademais, se estás pasando por un período de sufrimento intenso ou coñeces a alguén que estea pensando na idea do suicidio, podes poñerte en contacto coas organizacións:

RedAIPIS.FAeDS, Despres del suicidi, co teléfono da esperanza, en Galiza: 981 55 22 00, ou acudir ao teu centro de saúde.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.

Últimas

Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
Madrid
Madrid Vecinas de Tribulete 7 presentan demanda colectiva por acoso inmobiliario contra Elix Rental Housing
Es la primera demanda colectiva que se presenta en España contra una socimi. El inquilinato quiere conservar sus hogares e impedir que se desarrolle el plan de pisos turísticos que pretende el propietario.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Podcast familiar Caleidoscopio, episodio 26: Y... ¡Acción! (Segunda parte)
Los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan cómo sería su película ideal, cuánto creen que tardarían en grabarla... y cómo imaginan que sería su estreno.
Tribuna
Regadíos Regar con un agua que no tenemos ni tendremos
Se encona la lucha por el control de un agua de la que somos deficitarios, exponiendo amplios territorios a la desertificación y el abandono.

Recomendadas

En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.