Falo co meu pai por videoconferencia, o novo xeito que temos para atoparnos nesta corentena. En realidade, é un fenómeno psicolóxico. Vivimos a 1000km dende fai anos, e sempre estivemos igual de lonxe. Pero agora, que semella que o mundo se derruba ao noso arredor, cómpre vernos as caras para lembrarnos que seguimos existindo, que as persoas que queremos seguen ahí e que a terra segue baixo os nosos pés.
“Temos que asumir que 2020 é un ano perdido, a xente ten que decatarse diso e de que non pasa nada, seguiremos o ano que ven”, di. Esas palabras resoan na miña mente. Coma cando non queres erguerte da cama e dis “xa o fago mañá”. Pero agora é dentro dun ano. E non é preguiza, é obriga. E non son eu, senón que somos todos/as/es.
Un virus viu a bota-lo freo e deter esta máquina de loucura que, cal roda de hámster que xira sen parar freneticamente a ningures, ameza con devorar todo o que coñecemos. Hai dous meses semellaría imposible deter a roda, ciencia ficción. O colapso tantas veces invocado. Imposible sequera poñer un pau nese engranaxe, movido por un hámster que hai tempo que esqueceu por qué non para de correr. Dá igual. Parar asusta máis que seguir. Mellor velocidade coñecida que parón por coñecer.
Correr, a velocidade, a produtividade e o “speed”, a batalla contra a 'perda do tempo' son sen dúbida trazos identitarios do noso ser actual, posthumanos globalizados. Un tempo que corre sobre nós en contas de nós sobre el. Un tempo que manda sobre as nosas vidas e nos ten escravizades. Atreverse a parar esta dinámica sería de tolas, suicidas. Un sacrilexio fronte ao progreso sagrado, o noso becerro de ouro.
Parar, dixerir, mastigar. Lucrecia Masson fai unha analoxía da vaca na súa epistemoloxía rumiante. Di que esta “non rende tributo á visión lineal da historia. O rumiante bótase a rumiar, e moitas veces tamén a durmir. Non privilexia o estado consciente. Gústalle soñar. (..). Na súa acción de rumiar, rende tributo ao proceso e non ao produto acabado. A rumiante é precaria, e como precaria desafiou o futuro. O futuro non é noso. Non hai futuro. Non hai tempo. O rumiante, é lento. (…) non se apura, resístese á velocidade e tampouco quere vencer”. Devir vacas. Pastar e deixarnos ser. Mirarnos á cara, sorrirnos. Abandonar a culpa e o medo.
Quizais deste cambio, como todos os regalos que nos fai a Historia, poda(mos) aprender a vivir a outro ritmo. A revolución ás veces non consiste en masas tomando palacios, senón en sutís e vitais cambios culturais e de hábitos. De necesidades. Vou aprender a dicir non, a resgardarme, a coidarme, a priorizarme a min para priorizarnos a nós (ao todo), a non disolverme, a estar só, a deter a roda un intre, reflexionar e re-pensar-me. A reproducir máis que a producir. A vivir, como me foi encomendado, sen encomenda. A facer realidade outra maneira de ser.
Vai ti saber que pasará se o fago. Quizais este sexa un ano gañado despois de todo.
Este relato foi escrito por Xoán Perillán. Xa sabes que podes enviar o teu a osaltogaliza@gmail.com co asunto 'Un Salto de Contos' ou como mensaxe privada ao noso Facebook :)
Relacionadas

Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Región de Murcia
Belinda Ntutumu
“La violencia racista no parará mientras Vox pueda presentarse a elecciones”
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
Castellón
El BDS Castelló pide al FIB que facilite la devolución de entradas por su vinculación con KKR
Opinión
Torre Pacheco: el síntoma de un sistema agroexportador podrido
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Violencia machista
El 30% de los feminicidios íntimos se producen en verano pero no es el calor, es el patriarcado
Últimas
Opinión
Cuando una huertana llora: saquen sus racistas manos de nuestra región
Análisis
La crisis por el ‘caso Cerdán’ empuja al PP y Vox por encima de los 200 escaños
Cómic
Gotham como estado mental
Opinión
Día Internacional de las Personas No Binarias: no pedimos nuevos derechos, exigimos los que tenemos
Palestina
La masacre se intensifica en Gaza, donde 800 personas han sido asesinadas mientras esperaban alimento
Estados Unidos
Donald Trump amenaza a la Unión Europea con aranceles del 30% a sus productos a partir de agosto
Murcia
Colectivos antirracistas denuncian la impunidad de la ultraderecha en Torre Pacheco, donde sigue la violencia
Economía social y solidaria
¿Dónde está la juventud en la Economía Social y Solidaria? Un relevo que se teje entre retos y oportunidades
Río Arriba
Javier Guzmán: “Desde la izquierda falta la visión de que el derecho a la alimentación es un tema básico”
Recomendadas
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
Medios de comunicación
El futuro del periodismo no lo está escribiendo una máquina
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!