Religión
Luis Anxo Patiño: “A sociedade vai en AVE e nós imos en expreso”
O coñecido como ‘cura de Xestoso’ falou no Retrincos de Nós Televisión do papel histórico da igrexa e da educación como vía de emancipación, a propósito da iniciativa da universidade sénior no rural galego.

Luis Anxo Rodríguez Patiño é cura –“principalmente” – porque di crer “nese Xesucristo histórico que veu a revolucionar o mundo.” É párroco en diferentes parroquias galegas e desde os anos 70 foi visto con malos ollos desde o que chama ‘Igrexa xerárquica’ polas súas opinións críticas. Patiño protagonizou un dos Retrincos de Nós Televisión:
É a igrexa impermeábel ante os cambios sociais?
Sempre dixen que a sociedade ía moito máis avanzada que a Igrexa. É verdade que ti como autoridade moitas veces non podes avanzar máis que a sociedade e tes que ir adaptándote pero unha cousa é iso e outra que te quedes atrás. Sempre dicía, desde que empecei a exercer, que a sociedade vai en AVE e nós imos en ‘expreso’. A igrexa ten que ler os acontecementos da vida, interpretalos –non segundo a súa visión, aínda que é importante a doutrina da igrexa– pero moito máis importante é o Evanxelio e a palabra de Xesucristo. Xesucristo adaptouse á realidade onde vivía, palpou o sufrimento, palpou a dor, palpou o ‘escrache’ ante Herodes. Cristo non morreu como unha personaxe relixiosa, Cristo morreu pola súa oposición política a Roma.
Unha cousa é a Igrexa xerárquica e outra é a igrexa 'Pobo de Deus', que está traballando e rompendo os cadrís e sendo ‘vapuleada’.
Segue sendo a igrexa a día de hoxe un aparello ideolóxico?
Era moito máis patente antes pero agora ségueo sendo. Antes polo menos, como dicía un comunista: “estamos mellor que nos tempos de Franco”, non porque esteamos mellor se non porque antes sabías quen eran. Agora estamos vivindo unha volta a unha ditadura ‘solallada’ por unha serie de acontecementos que se chaman democracia, que é unha mentira. Pero a igrexa actuou moitas veces como aparello ideolóxico para apoiar o fascismo: a súa teoría, a súa maneira de comportarse, acompañar a unha serie de personaxes... A igrexa foi o aparello máis grande que tivo a ditadura para instaurarse e segue agora porque hai unha serie de personaxes dentro da Igrexa... Que che digo unha cousa: unha cousa é a Igrexa xerárquica e outra é a igrexa 'Pobo de Deus', que está traballando e rompendo os cadrís e sendo ‘vapuleada’. Esa é a verdadeira igrexa de Xesucristo.
Dicía José Martí que a educación nos faría libres. Entendo que concorda con esta visión.
Os xesuítas me deron unha idea moi boa: ti non podes sacerdote se non tes outros estudos que te axuden a ver os comportamentos da xente, xa pedagoxía, socioloxía ou unha serie de estudos que te axuden no teu traballo. A bondade, o voluntariado... é moi bo, pero hai que formarse, pero desde sempre pensei que tiña que formarme. Eu fixen Filosofía, Teoloxía, Dereito, Ciencias Políticas e varios curso de doutoramento, Traballo Social, Psicoloxía e Criminoloxía. Foi porque tiña a idea de ser xuíz, pero toquei cos corpos da xudicatura que estamos vendo que están invadidos polo Opus Dei. Non interesaba un cura que se metera a xuíz.
Vou mencionar a varias persoas para que me digas o primeiro que se che pase pola cabeza. A primeira, o Papa Francisco.
Abriu as portas para que entrara aire fresco na igrexa. Hai algúns que desde fora tentan cerrala. Por moito Papa que sexa tampouco pode tirar con todo ao momento, porque tamén nos pasa a moitos que a queremos cambiar. Foi unha persoa necesaria.
Núñez Feijóo.
A hipocresía máis grande. O fariseísmo máis grande. Galicia pero sen Galicia. Para o pobo pero sen o pobo.
Netanyahu.
“Padres maltratadores, hijos maltratadores”. Eles foron maltratados, protestaron toda a súa vida e resulta que agora eles son os que máis maltratan e os que máis dano fan á xente.
Relacionadas
Siria
Cristianos asirios bajo amenaza de desaparición en el norte de Siria
Turquía está perpetrando un ataque a pueblos como el asirio, en el norte de Siria desde hace miles de años. Madeleine Khamis portavoz del Consejo Asirio de Guardianes de la región multiétnica de Khabour denuncia los ataques sobre una cultura que ha sufrido dos genocidios en el siglo XX.
Ciencia
El darwinismo y unos cuantos beatos de Badajoz
Religión
Universidad y religión: te alabamos, Señor
Destacadas
COP25
El Banco Santander, uno de los principales financiadores de las centrales de carbón
Mientras patrocina la COP25, el Banco Santander invierte miles de millones en centrales de carbón, las más contaminantes.
Infancia
La vicepresidenta de Infancia Libre recupera la custodia de su hija
La Audiencia Provincial de Granada admite el recurso de apelación de Rocío de la Osa contra la retirada de la patria potestad de su hija como medida cautelar y advierte de que no existen indicios del delito de sustracción de menores ya que la custodia era de la madre.
Laboral
El sello kelly para hoteles de Catalunya, estancado
Migración
655 personas pierden la vida en su intento de llegar a España en 2019
El colectivo Caminando Fronteras contabiliza 655 víctimas fatales, de las cuales solo se han recuperado 137 cadáveres, el 80 por ciento de los cuerpos están desaparecidos. En comparación con 2018, el monitoreo demuestra que las rutas migratorias son más peligrosas y mortíferas pese a registrarse una disminución casi a la mitad en las llegadas hacia España.
La Manada
Condenado el autor del ‘Tour de la Manada’
Argentina
Alejandro Grimson: “Ya no hay neoliberales dentro del peronismo”
El peronismo vuelve al poder este 10 de diciembre. Entrevistamos a Alejandro Grimson, autor del ensayo ¿Qué es el peronismo? para desgranar cómo ha cambiado este movimiento social y partidario desde la década de los 40 hasta la actualidad.
Últimas
Sanidad
El PP tendrá que responder por su gestión sanitaria en Madrid ante el Tribunal de Cuentas
Audita Sanidad inicia acción pública por presuntas irregularidades en los contratos menores firmados por la Consejería de Sanidad de la Comunidad de Madrid durante 2016.