Política
O PP publica unha montaxe vinculando a Ana Pontón con ETA e axitando a conspiración de Atocha
No Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, celebrado cada 11 de marzo en lembranza das 193 persoas asasinadas nos atentados de Atocha de 2004, o Partido Popular de Galicia decidiu publicar nas súas redes sociais unha lembranza singular: un vídeo manipulado e con montaxes no que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, suxire a vinculación ficticia do BNG e da súa líder, Ana Pontón, coa banda terrorista ETA.
O clip, de apenas 37 segundos, aproveita para meter nun mesmo saco o atentado de Atocha —no que tamén resultaron feridas 2.057 persoas—, as vítimas de ETA e cortes de vídeo sacados de contexto nos que a líder do BNG parece rirse na sesión deste mércores no Parlamento de Galicia. Ademais, a propia portada do vídeo tamén é unha imaxe manipulada na que o PP superpón a Pontón sobre unha das clásicas imaxes dos comunicados dos membros de ETA.
De maneira máis sutil, case por concatenación de enunciados, o presidente Rueda retoma a conspiración abandeirada polo entón presidente do Goberno, José María Aznar, ao sobreimprimir imaxes dos rescates das vítimas na estación madrileña en 2004 con mencións a ETA, sen sinalar, iso si, os autores materiais reais: unha célula independente vinculada ao terrorismo yihadista.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!