Baltar abandona a Deputación de Ourense logo de tres décadas de goberno do clan familiar

José Manuel Baltar anuncia que non aspirará a presidir a Deputación de Ourense, logo de herdala do seu pai, José Luis Baltar e que xuntos sumaron 36 anos de goberno.
jose manuel baltar
O presidente en funcións da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar | D.O.
14 jun 2023 13:31

Logo dos sucesivos escándalos feitos públicos nas últimas semanas, o actual presidente en funcións da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, acaba de facer público este mércores que non tratará de presidir de novo o órgano de goberno da provincia. Pode dar comezo, así, a fin dun ciclo político que mantivo ostentando ese poder a familia Baltar dende 1987. José Manuel Baltar anuncia que non aspirará a presidir a Deputación de Ourense, logo de herdala do seu pai, José Luis Baltar e que xuntos sumaron 36 anos de goberno.

“Descarto formar parte da próxima corporación provincial. Non tomarei posesión da miña acta como concelleiro de Esgos”, asina José Manuel Baltar nun comunicado feito público a primeira hora desta tarde. “Este paso non diminúe, en absoluto, o meu compromiso por Ourense. Como presidente provincial do PP seguirei loitando como sempre polo futuro desta provincia, con inminente reto de contribuír á chegada do ourensán Alberto Núñez Feijóo á presidencia de España”, remata.

As negociacións entre o seu partido e o actual alcalde de Ourense e populista de dereitas, Gonzalo Pérez Jácome parecen ser decisivas: “Ante a inminente constitución das corporacións locais na provincia de Ourense, e como presidente do partido político que gañou as eleccións a nivel provincial, traballo para formar gobernos populares solventes en todo o territorio. Neste sentido, tamén traballo para facilitar que a Deputación teña un presidente do Partido Popular, a única formación política que participou nas eleccións do 28 de maio cun proxecto provincial a desenvolver para seguir impulsando Ourense”.

Elecciones
Ourense e a gaiola conservadora
Para que haxa un cambio o 28M, PSdeG, BNG e Agora Ourense necesitan fidelizar os seus apoios das xerais e autonómicas e mobilizar os electores máis novos.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...