17 may 2018 12:00

Ti sabes de sobra o que quere dicir unha moeda.
Unha áspera cosmogonía comezou a nacer
cando o significado espallou
o seu esperma sobre os ouveos.
Selos, escanos, o sindicato dos nomes.
Quen che dera que un xesto
fose apenas un xesto.

Xa sabes como funciona:
Alguén inventa unha palabra e o fenómeno
bótase a existir.
Adoptas un sorriso e a súa comisura
tira da correa da ledicia.
As que foron amalgamadas,
metidas nun mesmo saco,
ás que taparon o rostro, onde o seu fogar?

Sabes que toda lingüística é histórica.
Unha vogal recolle en redondo
a súa melena tan ceiba ao vento.
Nesta foresta de símbolos
hai olladas que falan máis a berros ca os discursos.
Un fonema portavoz.
A boca dunha nai dicindo que
‘o Google earth non é o territorio’.
Como se aquí e noutras partes
xa todo estivese feito.
Cónsules, contrato, anel.

Cada palabra, un mapa.
Un signo caracol:
A casa da súa memoria
pesándolle nas costas.
Cada -a que agachas baixo o círculo pechado.
Unha voz apoderada.
Non disimules, sábelo:
Toda cirurxía reconstrutiva é
política.
Fórmula, fiscal, retrato.
Non fagas coma quen que non.
Tíralle á vogal do trazo
e mira o planeta que vén detrás.
Quen che dese que un xesto
fose apenas un xesto.

E ti, que tanto
tes viaxado polo mundo,
acaso non viches o que vén
sendo aínda
unha muller?

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...