Protesta simbólica en Compostela pola matanza de inocentes en Gaza

Tratouse dunha acción simbólica organizada por Galiza por Palestina e BDS Galiza “para que Palestina siga estando presente en todos os ámbitos da sociedade” tamén durante o Nadal.
28 dic 2023 21:31

Este 28 de decembro, a praza do Obradoiro de Compostela enchíase de cadáveres tapados con kufiyas. Tratábase dunha acción organizada por BDS Galiza e Galiza por Palestina para denunciar o esquecemento durante o Nadal do xenocidio palestino. 

As organizadoras da acción explican que “no día dos inocentes, pretendemos denunciar a matanza de vítimas civís inocentes ante a pasividade dos gobernos”. Sinalan tamén as cifras de crianzas asasinadas e lembran que “os corpos de milleiros de gazatís enterrados baixo os entullos non entran na cifra oficial”.

Ademais, Galiza por Palestina e BDS Galiza anuncian accións nos vindeiros días: “Nestas datas de Nadal, Palestina ten que estar nas rúas, na nosa casa, nos agasallos. Non só continuamos a campaña oficial de boicote a empresas cómplices do Apartheid israelí, senón que queremos lembrar que a cidade de Belén está na Palestina ocupada, e en liña coa sociedade Palestina lembramos tanto ás persoas crentes como as que non o son que non podemos falar do Nadal sen mencionar o que está a pasar en Gaza e en toda a Palestina”.


Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...