Opinión
Volveremos discutir sobre a festa do Orgullo

Facer memoria cuir non é por necesidade botar a vista ó século pasado. Na última década en Vigo a organización da festa do orgullo LGTBIQ+ que tiña sempre lugar tras a manifestación tivo que superar cada vez máis e máis obstáculos. Perdémola.
Orgullo 2025 Vigo Galiza - 16
Manifestación polo día do Orgullo en 2025. Juancho Everman

O 28 de xuño achégase cada ano arrodeado de debates antigos e, se hai sorte, se hai forzas, debates novos. As rúas énchense de pancartas con frases repetidas e frases a estrear. Outras desaparecen porque o movemento cuir, coma todos, evoluciona. Os manifestos adáptanse a sociedades novas, leis novas, necesidades novas. Algunhes levan vendo e ocasionando os cambios dende que esixían e berraban por cousas tan simples como o matrimonio, a despatoloxización e mesmo a legalización das súas vidas.

Facer memoria cuir non é por necesidade botar a vista ó século pasado. Na última década en Vigo a organización da festa do orgullo LGTBIQ+ que tiña sempre lugar tras a mani tivo que superar cada vez máis e máis obstáculos. Subvencións públicas que ven cambiados os seus criterios, que diminúen ou directamente desaparecen. Restriccións cada vez maiores para ocupar o espazo público. Unha presión silenciosa e constante que agota ós corpos que sosteñen a actividade cultural e política LGBTIQ+ da cidade.

A festa do Orgullo sempre é suxeito de debates necesarios e sanos sobre a mercantilización das loitas, o oportunismo político ou o capitalismo rosa. Repítese con frecuencia que os dereitos que se gañaron tamén se poden perder. Ben, parece que en Vigo xa non temos que discutir sobre a necesidade ou non da festa. En 2026, o cántico “o orgullo non é festa, é loita e protesta” xa non pode ser máis literal. Non soubemos ver que a discusión mesma era algo que podían arrebatarnos?

A festa do Orgullo era para moites o after da mani, o momento de cambiar a marcha polo baile e as consignas polas letras das cancións que cambiaron as nosas vidas. Os dous ámbitos do orgullo confluían. Non é unha loita perfecta e non vexo porque ha de presumir de selo, pero conseguía co obxectivo que fose reunirnos, mirarnos, falarnos, tocarnos. A nosa cultura podía ser hexemónica por unha noite: artistas queer, espectáculos drag, as nosas cancións e os nosos corpos invadindo as rúas. A esperanza era a raíña dunha noite na que lembrabamos que todo está por gañar pero a vitoria é un horizonte posible.

A festa era un privilexio que non debiamos esquecer como conseguimos. O 28 de xuño sinálase no calendario porque unha comunidade enteira estalou e fixo nacer algo que aínda vive. As orixes do orgullo están nunha revolta, nunha traballadora sexual racializada e trans que lanza un ladrillo a un policía… Ás portas dunha discoteca.

O movemento LGTBIQ+ da cidade leva anos resistindo fronte a unha campaña de desmantelamento dunha alcaldía que se finxe tolerante e inclusiva. E seguirá, porque se algo sabe esta comunidade é resistir fronte a todo. Séculos de odio non nos fixeron desaparecer, non o vai facer o goberno de Abel Caballero. Volveremos bailar na praza da Pedra.

Los artículos de opinión no reflejan necesariamente la visión del medio.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...