Opinión
Como sería Galiza sen o BNG?

Os 80 iniciaron a nosa adolescencia. Militantes do Bloque, sindicalistas de raza, comunistas de grupúsculos esquecidos ou librepensadores vinculados á esquerda acolléronnos nas súas charlas de barra nos vellos bares onde se cambiaba o mundo.
miranda goretti ana ponton
Las referentes del BNG: la eurodiputada, Ana Miranda, la nueva alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín y la secretaria xeral, Ana Pontón.

No colexio o medo estaba naturalizado. E parecía que a educación fose afacerse a vivir baixo o ollo vixiante e omnipresente dun Gran Irmán ameazador e violento. Pero cambiamos de década e os 80 iniciaron a nosa adolescencia. Entón chegamos ao Instituto e sentimos, case dun modo físico, o golpe violento da liberdade. Coma se nas aulas estivésemos anos respirando un aire enrarecido e de súpeto un sopro osixenado e fresco ensanchase os nosos pulmóns.

Escoitabamos Radio 3, viamos A Bóla de Cristal, recibiamos o Boletín de Discoplay e asistiamos a aquel estalido creativo como emocionados espectadores distantes. Lembro aqueles anos con parecido rumbo ao dos demais nostálxicos da miña xeración: coma se cada día trouxese a promesa dun novo asombro.

Pero se algo estaba a pasar, desde logo era lonxe de alí. Aquel pequeno pobo de interior, conservador e algo marmurador, fora un amable espazo de xogos para nosas correrías infantís:  as cabanas en árbores ou coches abandonados, o balbordo de nenos explorando distancias quilométricas en bicicleta para roubar froita ou os partidos de fútbol na rúa.

Populismo
Política galega Os 'nosos' populistas, entre a orde e o medo ao cambio
Perfís galegos populistas: de Fraga a Caballero e Jácome, pasando por Francisco Vázquez e Baltar Pumar.

Pero agora o mesmo lugar, inane, culturalmente ermo, percibíase esgotado e como un freo a unha liberdade diferente que demandaba doutros estímulos para expandirse. Aos nenos bástalles o espazo físico para ser libres pero, máis maiores, necesitabamos espazos sociais. Sentiamos libres para outras cosas pero, que se podía facer alí?

Como nesas películas de David Lynch nas que unha comunidade misteriosa e excitante habita no subsolo dunha sociedade tradicional, non tardamos en descubrir que existía ese sitio distinto. Había unha xeración anterior á nosa que conseguira crear un tecido civilizatorio e contestatario izando a bandeira da cultura. Unha xeración que permanecera oculta aos nosos ollos infantís baixo o estigma de ser perigosos conspiradores contra a orde social. Achegarse aos seus territorios estaba radicalmente prohibido, e cando ousamos atravesar o portalón que nos introducía no vello casino que albergaba a súa Asociación Cultural, pareceunos estar a ser observados por mil ollos censuradores e, dalgún modo, cruzar unha ponte que nos separaba definitivamente da infancia.

Aquelas persoas eran maioritariamente militantes do BNG pero tamén había sindicalistas de raza, comunistas de grupúsculos hoxe esquecidos ou librepensadores vinculados á esquerda. Todos eles acolléronnos nos seus círculos, nas súas actividades, nas súas charlas de barra nos vellos bares de madeira onde se cambiaba o mundo. Foron pacientes coas nosas impertinencias, coa nosa arrogancia xuvenil e transmitíronnos as súas distintas visións do mundo dun modo sinxelo, xeneroso e amable.

Naqueles bares conversamos por primeira vez con persoas que se declaraban feministas ou ecoloxistas e escoitamos argumentos que eran radicalmente distintos ao que irreflexivamente asumiramos

Aquela Asociación programou infinitas mesas redondas, cineclubs, conferencias, vistas ao patrimonio histórico e paisaxístico, exposicións e debates nos que ás veces se anticiparon a cuestións que hoxe aínda son candentes. Na súa escola de xadrez aprendín a xogar, atreveuse co primeiro concerto de rock daquel pobo, publicou fanzines e programou lunáticos entroidos. Pero, á marxe da actividade regulada, naquel ecosistema libertario tamén puidemos ver dun modo natural outras prácticas distintas á heterosexualidade, que entón se impuña cunha violencia moitísimo máis coactiva que hoxe. Tamén naqueles bares conversamos por primeira vez con persoas que se declaraban feministas ou ecoloxistas e escoitamos argumentos que eran radicalmente distintos ao que irreflexivamente asumiramos por verdadeiros. Entre todos, a pesar da aberta hostilidade que recibían da sociedade respectable, expandiron os nosos horizontes, enriqueceron as nosas vidas e, sobre todo, mostráronnos alternativas, outros modos vitais posibles.

Pero isto non nos sucedeu unicamente a nós. Cos anos descubrín que de modos similares o fenómeno dábase en pobos e vilas pequenas de toda Galiza. En Betanzos, Cangas, Noia, Cee... había outros como eu abrindo o seu mundo en idénticos espazos de aprendizaxe e creatividade.

No Instituto, tiven a enorme sorte de recibir clases de literatura de Paco Rodríguez, o que logo sería parlamentario do BNG en Madrid. Todo o mundo ten un profesor de referencia, o meu foi el. Ensinounos a analizar un texto, a penetrar nos seus significados non evidentes, a atender ao seu contexto social e psicolóxico. Desdeñaba o estudo da literatura como unha pousada memorización de fitos e envorcábase nos textos. De súpeto, naquel tempo de descubrimento operáronse novas marabillas: os libros convertéronse noutra cousa, adquiriron unha magnitude extraordinaria coma se crecesen en todas as súas dimensións rompendo as costuras da estreiteza academicista na que antes os estudamos. Igualmente os autores, que até entón eran pouco máis que nomes e datas, adquiriron corporeidade e presentáronllenos na súa imperfecta e inasible humanidade.

Paco ensinounos a ler. Ensinounos tamén a reinterpretar a realidade e a pór baixo sospeita o que se nos presentaba como natural ou incontrovertible. Tamén nos ensinou a apreciar a nosa cultura, que até entón xulgabamos baixo grosas capas de menosprezo xocoso. A partir del, aqueles autores, Rosalía, Celso Emilio, Castelao... Eleváronse distancias cósmicas na nosa valoración. E comprendemos que nos usurparon a súa importancia.

Tamén logo descubrín que noutros Institutos, noutros pobos, había outros Pacos ensinando historia, galego, bioloxía, filosofía...,  igualmente vocacionais, didácticos, rebeldes, cultos, intelixentes, comprometidos cos seus alumnos. E hai case como unha lei de ferro nos recordos nostálxicos dos que compomos a miña xeración: se tiveches a sorte de ter un profesor “do Bloque” foi do que máis aprendiches.

No 23F moitos fuxiron a Portugal. Cando regresaron tras fracasar o golpe, á sociedade benpensante non lle escandalizou que o nome destas persoas figurase nas listas de asasinables

Con Paco Rodríguez, moi ao seu pesar, mostróusenos claramente a violencia invisible que exercía o nacionalismo español sobre os periféricos.  Entón, se estilaba que no día da Constitución algún relator fose aos institutos a cantar os seus encomios. Nunha destas charlas, Paco e o conferenciante debateron cruamente e esa mesma tarde presentáronse dous coches da Garda Civil no Instituto para indagar se se fixo apoloxía do terrorismo, algo que de ningún modo ocorrera. Nós, que faciamos burla e tratabamos de fantasías conspiranoicas as denuncias de acoso e espionaxe policial que dicía sufrir a militancia nacionalista empezamos a preguntarnos: “Pero que ocorre aquí?”.

No 23F moitos fuxiron a Portugal. Cando regresaron tras fracasar o golpe, á sociedade benpensante non lle escandalizou que o nome destas persoas figurase nas listas de asasinables que circularon despois, senón que con indisimulado desprezo acusábanos de covardes. Corrían como coellos no 23F, dicían entre risos, coma se os machos fosen os golpistas.

Partidos políticos
Política BNG e Anova escenifican o reencontro do nacionalismo galego para concentrar o voto nas eleccións á Xunta
Ana Pontón, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras pechan un acordo para tratar de colocar o Goberno galego ao servizo dos “intereses nacionais e de clase” de Galiza.

Como non puideron matalos, tentaron encarceralos. E así, tras un proceso xudicial infestado de arbitrariedades, Paco Rodríguez, o autor da tese canónica sobre Rosalía de Castro, ingresou na prisión da Lama baixo a falsa acusación de queimar unha bandeira. Aínda que logo o Tribunal Constitucional anularía a sentenza, a persecución ideolóxica contra estes intelectuais fíxosenos absolutamente evidente. Pensabamos entón: Quen son aquí os covardes?

No meu Instituto editabamos unha revista. Por aquel entón eu estaba embobado cos irmáns Karamazov e O Anticristo, así que escribín unha crítica contra o cristianismo. Aínda que hoxe os nostálxicos lembran aqueles anos como un paraíso de liberdade, ao día seguinte suspendéronse as clases para celebrar un claustro extraordinario. Os profesores de relixión e filosofía pedían a miña cabeza e a miña expulsión. Até o párroco do pobo abandonou a súa igrexa para patrullar os corredores do centro co seu sotana negra e mirada torva. Os alumnos “agradecíanme” a hora libre e dábanme palmadas nas costas consolándome coma se fose ao matadoiro. Entón, foron os profesores “do Bloque” os que sacaron a cara por min -que nin era galegofalante nin simpatizante-, os que defenderon a cara de can a miña liberdade de expresión e os que me salvaron dunha expulsión cantada.

Corenta anos despois, vin a miña experiencia reproducirse en incontables ocasións. E por toda a xeografía galega, cando os veciños senten vítimas dun abuso, chaman a “os do Bloque” -aínda que non os voten-. E cando un traballador ten un problema grave no seu posto de traballo acode a pedir socorro aos sindicalistas da CIG, o sindicato nacionalista. Como outra lei de ferro que coñece até o último dos traballadores galegos, só na CIG podes confiar para defender os teus dereitos.

Co tempo, o BNG foi penetrando nas corporacións municipais obtendo unha representación -salvo rutilantes excepcións- ao principio minoritaria. Con todo, a súa presenza estaba moi lonxe de ser simbólica ou inane. O concelleiro do BNG no meu pobo era carpinteiro. Isto espertou o clasismo burlón das forzas vivas: Que pode saber un carpinteiro de xestión? Pero non tivo que transcorrer moito tempo para que mesmo circunspectos funcionarios recoñecesen que aquel carpinteiro era “o único que se lía os expedientes”. O “do Bloque” no meu pobo e en todos os outros pobos, revisaba cada gasto, cada papel e exercía de incansable “mosca cojonera” e estrito gardián da legalidade. A vixilancia permanente daquel concelleiro solitario, que se repetía en cada recuncho de Galiza onde obtiñan representación, tiña un efecto disuasorio sobre as arbitrariedades ou ilegalidades rampantes afeitas nas maiorías absolutas do PP. E, cando menos, facíaas visibles. Pero non só iso, nas moitas veces groseiro ecosistema da política local conservadora, “o do Bloque” adoitaba exercer de contrapunto profesional, capacitado, serio, fronte ao facer político conservador, habitualmente populacheiro e zafio.

Cando hoxe vemos a imaxe de natural proximidade e competencia que transmite a súa candidata, Ana Pontón, e contrapómola aos chabacanos anuncios publicitarios de Rueda, conducindo un autobús e enchéndoo de músicos de orquestra aos que só lles faltan os cubalibres, os dous arquetipos reproducen á perfección o que o PP e o BNG levan representando décadas en Galiza.

Creo que o BNG é un destes “reguladores clave” e sospeito que a sociedade galega sería moi, moi distinta, de non mediar a súa influencia irradiadora

Sobra dicir que probablemente nin todos os profesores do BNG eran marabillosos, nin todos os seus militantes dinamizadores culturais, nin todos os concelleiros traballadores infatigables, nin todos os sindicalistas nobres adaíles. Pero o importante é que ese é o arquetipo que se trasladou á sociedade galega e que calou até tal punto que nin sequera os seus adversarios son capaces de cuestionalo.

O biólogo Sexan B. Carroll demostrou que existen un certo tipo de especies que son fundamentais para a saúde e a biodiversidade dun ecosistema. Son aquelas a as que chama “reguladores clave” e que exercen un impacto desproporcionadamente grande sobre a súa contorna. Non teñen por que ser moi numerosas pero a súa influencia é fundamental na dinámica xeral de todo o hábitat e a súa presenza desata efectos positivos en fervenza.

Creo que o BNG é un destes “reguladores clave” e sospeito que a sociedade galega sería moi, moi distinta, de non mediar a súa influencia irradiadora. Os resultados electorais, adulterados por unha lei electoral vantaxista, non son capaces de transmitir o verdadeiro carácter de Galiza, un territorio máis dinámico, creativo e comprometido do que as maiorías absolutas do PP poderían suxerir. E teño a impresión de que a interacción socio-histórica do BNG coa sociedade galega explica en gran parte ese dinamismo e que, de non existir, a conciencia ambiental sería moi outra, a sensibilidade feminista ou LGTBI sería moi outra, a conciencia de xustiza social sería moi outra, as condicións sociolaborais serían moi outras, o recoñecemento da nosa cultura e patrimonio -non digamos da lingua- sería moi outro e a riqueza creativa e artística sería moi outra.

Por suposto, non trato de dicir que todo aquilo que é virtuoso e digno de lexítimo orgullo na nosa sociedade leve a súa firma. Nin de lonxe. Pero si que o seu esforzo contribuíu a xerar un substrato fecundo onde outros e outras, distintos e moitas veces discrepantes, podemos desenvolvernos e expresarnos mellor, vivir mellor. E, sobre todo, soñar mellor.

En todos eses anos acertaron e equivocáronse, caéronnos ben e mal, parecéronnos admirables e tamén insufribles, luminosos intelectuais e sectarios sabelotodo, votámolos e deixámolos de votar, pero sempre estiveron aí acompañando o noso periplo vital, e nunca deixamos de velos como parte fundamental da paisaxe, intrincados en todas aquelas causas que merecían a pena. A miña sensación de que lles debemos algo, de que como sociedade temos unha débeda con todas esas xeracións pasadas e presentes que contribuíron a facernos máis diversos, máis críticos, máis conscientes e orgullosos de nós mesmos. Eu, desde logo, téñoa e sei que o meu mundo sería máis pobre sen eles.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
senenoa
5/2/2024 11:43

Bravo Jorge, bravo. Artigo sobresainte, que amosa a nosa recente historia dun xeito claro e nada maniqueo. Eu, que son algo máis vello ca ti, vivín esa mesma experiencia, pero dende o grupo dos ensinantes e, sen dúbida, e tal e como a describes.
Outra cousa, ben distinta, é ollar o momento actual e ver que, a pesar dos anos, "os do bloque" non foran quen de acadar o que por lóxica debeu acontecer: Que fixera moitos anos que estiveran dirixindo a autonomía, as deputacións e os concellos. Evidentemente non por culpa deles, senón polas inevitables consecuencias que unha sociedade inculta e acostumada a ter "amigos" en lugar de dereitos trae consigo.

Estaría ben que este 18 de febreiro fora, por fin, o inicio do cambio. Xa veremos.

1
0
Alimentación
Represión Detenidos cinco activistas por una acción en el Ministerio de Agricultura que exige una transición alimentaria
Greenpeace bloqueó la mañana de este jueves el acceso principal al Ministerio que dirige Luis Planas para conseguir una reunión con el ministro y abordar una “transición alimentaria justa”.
València
València La Generalitat no aclara en respuesta oficial dónde estuvo Mazón la tarde de la dana
En su contestación por escrito a una pregunta parlamentaria de Compromís, el Consell se limita a decir que tras el “almuerzo de trabajo” en el Ventorro se fue al Palau, y de ahí al Cecopi, sin precisar el momento.
Catalunya
Procés El Tribunal Constitucional avala la Ley de Amnistía
Por seis votos frente a cuatro, el alto tribunal rechaza el recursos a la totalidad de la norma presentada por el PP. Queda saber si se aplica o no a Puigdemont por malversación de fondos públicos.
Memoria histórica
Memoria histórica Primera querella por los crímenes del franquismo admitida en democracia en Galiza
El Tribunal de Instancia 2 de Padrón (A Coruña) acuerda iniciar la investigación por las torturas que sufrió Manuel Reboiras en dos detenciones. Es la primera vez que un juzgado gallego admite a trámite una querella por los crímenes de la dictadura.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda El Sindicato de Inquilinas y BDS exigen al Gobierno que rompa el contrato de la Sareb con el fondo KKR
El fondo pro israelí, que oferta pisos en territorios ocupados palestinos, vende el 55% de las viviendas de la Sareb. Este verano el Gobierno debe decidir si le renueva el contrato.
València
València Arranca el juicio por racismo contra el comisario que vinculó migración y delincuencia
La fiscalía y las acusaciones populares piden tres años de prisión e inhabilitación para el inspector Ricardo Ferris, quién vinculó en un acto de Vox la delincuencia a la migración.

Últimas

Opinión
Opinión Novo Nordisk contra el activismo que molesta
La advertencia de Novo Nordisk es clara: seguir fomentando el respeto hacia las personas gordas mata. No tenemos derecho a hablar de obesidad y apelar a vidas dignas, debemos de hacerlo en términos que fomenten adelgazar.
Eutanasia
Muerte digna Solo cuatro de cada diez de las personas que solicitan la eutanasia consiguen acceder a ella
Al 25% se les deniega la solicitud de muerte digna y otra cuarta parte fallece durante la tramitación. Desde Derecho a Morir Dignamente denuncian que la media en el tiempo de gestión supera los 30 días que marca la ley.
Opinión
Opinión ¿Y por qué no se llama el “Caso Acciona”?
En las sentencias cambian los nombres de los peones, los prescindibles, los politiquillos desgraciados que van y vienen mientras se repiten, invariablemente, hasta el hartazgo, los mismos nombres de las grandes empresas corruptoras.
Euskal Herria
Auge racista Multitudinaria concentración en Hernani contra las agresiones racistas en las fiestas de San Juan
Colectivos denuncian una “caza al moro” tras un enfrentamiento nocturno y califican los ataques como “agresiones colectivas con tintes racistas”, mientras el alcalde condena la violencia y pide no estigmatizar.
Andalucía
Actualidad LGTBIQA+ Los colectivos LGTBIQA+ críticos andaluces se rebelan contra el orgullo mercantilizado
Decenas de colectivos andaluces proponen un orgullo reivindicativo frente a la mercantilización promovida por distintos Ayuntamientos, muchos de ellos gobernados por el PP
Alimentación
Sostenibilidad Una dieta mediterránea dentro de los límites planetarios
Las 48 millones de personas que viven en España podrían alimentarse con todos los nutrientes que necesita el cuerpo humano sin hipotecar el futuro del planeta con un 99% de producción agroecológica local y con 400.000 nuevos puestos de trabajo.

Recomendadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid (FRAVM)
Jorge Nacarino “El movimiento vecinal tiene que seguir siendo punta de lanza de la presión social”
Vivienda, turistificación, gestión de residuos, la masificación de eventos así como reimpulsar la participación ciudadana, son solo algunos de los retos que observa, como prioridades, el joven presidente de la FRAVM.
Madrid
Violencia machista Almeida elimina los Espacios de Igualdad y los transforma en centros especializados en violencia de género
Trabajadoras y oposición denuncian un cambio de un modelo participativo hacia otro asistencialista, en el que no se atenderá a todas las mujeres y se perderán actividades de prevención y sensibilización.