Nombre no localizado
17 nov 2025 15:01

Por Breixo Suárez Fariña

Hai unha fatiga que non sae nas novas nin se mide en estatísticas: a do compromiso.

É unha fatiga discreta, feita de madrugadas, de asembleas que se repiten e de soños que semellan quedar varados entre a esperanza e o cotiá.

Os movementos sociais —esas constelacións de xente común que decide erguer a voz— tamén se esgotan. Non por falta de convicción, senón pola ferida de ter que resistir cando o tempo empurra a esquecer, nun mundo que parece vivir da desmemoria.

O compromiso non é sempre inxente. A miúdo é silencioso, cotián e está ligado entre pequenos fitos e contratempos compartidos.

Hai quen confunde a dignidade coa forza, esquecendo que tamén é dignidade resistir cando xa non hai alento que soster.

Esa teima en seguir, mesmo canso, é o verdadeiro milagre do noso tempo: a persistencia de quen continúa crendo nunha xustiza que non se deixa medir por recoñecementos instantáneos.

Non hai vitorias inmediatas nin perdas inalterábeis Hai, talvez, unha forma nova de esperanza: máis lenta, máis fonda, menos ruidosa...

Unha esperanza que non busca a vitoria apresurada, senón o sentido de estar, de acompañar e de non abandonar a causa que un día escollemos defender.

Porque ás veces resistir non é avanzar, senón ficar sen desaparecer.

E nese pequeno xesto —continuar presentes, aínda cando a forza se disolve— radica overdadeiro compromiso nos movementos sociais.

Este es un espacio para la libre expresión de las personas socias de El Salto. El Salto no comparte necesariamente las opiniones vertidas en esta sección.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...