Operación Jaro
Radiografía dun despropósito xudicial: as inconsistencias da Operación Jaro

Desde a falta de neutralidade nos informes policiais ata erros de procedemento durante a instrución poñen en xaque a acusación fiscal.

Xuízo Jaro
As doce persoas acusadas na Operación Jaro abandonan a Audiencia Nacional logo da primeira mañá do xuízo. Foto cedida: Carlos Vieito

Nas últimas semanas fomos espectadores do xuízo que tivo lugar na Audiencia Nacional a doce galegos vinculados a grupos independentistas. Algúns fragmentos da vista oral foron difundidos nas redes sociais por milleiros de persoas que contemplaron con estupefacción as teses policiais e fiscais que alí se discutiron. Desde O Salto Galiza estivemos dándolle un detallado seguimento ao vivo. Recompilamos agora algunhas das cuestións máis destacadas do xuízo.

OS INVESTIGADOS

A Operación Jaro desenvolveuse en dúas fases, unha primeira na que se investigou a organización política Causa Galiza, inicialmente constituída como asociación cultural, e unha segunda na que se investigou o colectivo antirrepresivo Ceivar - OPAR. Indícanse a continuación as persoas detidas en cada operación figurando entre parénteses a petición fiscal de prisión para cada unha delas, que suma un total de 98 anos aos que habería que engadir unha petición de inhabilitación aínda máis elevada e 324.000 euros de multa:

  • Imputados pola primeira fase da Operación Jaro: Joám J.P.L. (12), Joám Antom F.G. (6), Óscar G.C. (10*), Salvador G.C. (8), Borxa M.R. (8), Henrique T.F. (6), José Antom G.M. (6), Antom Á.C. (4) e Sabela I.G. (6).
  • Imputados pola Operación Jaro II: Ugio C.S. (10*), Afonso G.F. (12) e Íria C.P. (10).

*A petición inicial era de doce anos, pero foi reducida a dez durante o xuízo oral.

OS DELITOS

A Fiscalía pide a ilegalización de Causa Galiza e de Ceivar por constituíren organizacións criminais para o enaltecemento, e catro anos a cada acusado por un delito de integración, a excepción de Antom Á.C., que non pertence a ningunha das dúas agrupacións. Ademais, cada investigado enfróntase a dous anos por cada unha das ocasións nas que se considera que incorreu nun delito de enaltecemento do terrorismo, ben por recibir presos independentistas á saída de prisión, ben por asistir ou participar no Día da Galiza Combatente, cuxa data rememora o falecemento de dous independentistas colocando un explosivo para danar unha discoteca vinculada ao narcotráfico que se activou antes de tempo provocando a morte dun terceiro inocente. Sinálanse entre parénteses os acusados por cada acto:

  • Recibimento a Giana Rodrigues e Ugio Caamanho no 2008 (Joám J.P.L., Afonso G.F. e o propio Ugio).
  • Recibimento a Vigo Domínguez e Sánchez Gorgas no 2009 (Óscar G.C.).
  • Recibimento a Xurxo Rodríguez e Óscar Sánchez no 2010 (Óscar G.C.).
  • Recibimento a Ugio Caamanho no 2011 (Óscar G.C., Afonso G.F., Íria C.P. e o propio Ugio).
  • Recibimento a Vigo Domínguez e Sánchez Gorgas no 2012 (Joám J.P.L., Afonso G.F. e Íria C.P.).
  • Actos do Día da Galiza Combatente no 2014 (Joám J.P.L., Joám Antom F.G., Salvador G.C., Borxa M.R., Henrique T.F. e Antom Á.C.).
  • Actos do Día da Galiza Combatente no 2015 (Joám J.P.L., Salvador G.C., Borxa M.R., José Antom G.M., Antom Á.C. e Sabela I.G.).
  • Recibimento a Antom Santos no 2017 (Ugio C.S., Afonso G.F. e Íria C.P.).

Ademais, na petición fiscal inicial figuraban como feitos enaltecedores do terrorismo a participación de Óscar G.C. e a asistencia de Ugio C.S. portando unha faixa de ‘Liberdade presos independentistas’ ao recibimento a Héctor Naya en 2012, que sería absolto de todos os cargos polo Tribunal Supremo.

A TEORÍA DA CONTORNA APLICADA A UNHA BANDA ARMADA PANTASMA

O epicentro da instrución consistiu na indagación de nexos de Causa Galiza e Ceivar con Resistência Galega, construídos en informes policiais nos que calquera independentista asistido xuridicamente por Ceivar ou recibido polos agora acusados que fose procesado por algún acto de violencia figura relacionado con Resistência Galega, aínda que tal vínculo non fose sequera obxecto de imputación, e omite deliberadamente a asistencia brindada por Ceivar en moitos outros procesos por sancións administrativas que revisten menor gravidade. En palabras da defensa dos imputados pola Operación Jaro II, isto é “un intento de fraude para inducir ao tribunal a un erro na apreciación desa proba” e demostra “unha posición por parte dos investigadores”, que queda clara cando un dos gardas civís da instrución fala dun “independentista radical” dicindo que “non pon unha bomba porque non ten medios, pero si que fai unha pintada nun escaparate dun banco”.

Esta tese é igualmente asumida pola Fiscalía, que tamén amosou dificultades para distinguir o independentismo de terrorismo, nomeando “Colectivo de Presos de Resistência Galega” ao Colectivo de Presos Independentistas Galegos (CPIG), unha diferencia que lle custou entender incluso tras as explicacións de Ugio. Cando Afonso nega posuír un cartel pola liberdade de presos de Resistência Galega o fiscal tamén pide exhibilo e non advirte o erro ata que llo comenta o acusado: “aí pon ‘pola liberdade dos presos independentistas’, en ningún momento se di que sexan presos de Resistência Galega”.

O fiscal razoou na exposición de conclusións finais que Causa Galiza e Ceivar constitúen unha estrutura con “roles complementarios” que tiñan por obxectivo o apoio a Resistência Galega, malia que as organizacións non só non nacen no seo dunha mesma estrutura, senón que non se atopan máis vasos comunicantes entre as dúas que un documento que propoñía unha confluencia que nunca se produciu.

Represión
Resistência Galega, un concepto
A operación contra Causa Galiza e Ceivar artéllase na vinculación destas organizacións con Resistência Galega. Pero mesmo a existencia deste grupo é controvertida.

O xuíz que preside a sala, Alfonso Guevara, é o mesmo que ditou a única sentencia ratificada polo Tribunal Supremo que considera probada a existencia de Resistência Galega, algo criticado desde a propia Audiencia Nacional e contraditorio con informes policiais e fiscais. Dáse a circunstancia de que a lectura que fai o independentismo galego nega a existencia do grupo que supostamente enaltecen, e así o manifestou Ugio C.S.: “nin desde Ceivar admitimos a tese de que Antom Santos fose membro, nin tampouco de que exista Resistência Galega”.

AUSENCIA DE EXPRESIÓNS ENALTECEDORAS

Os axentes que elaboraron os informes declararon, con respecto a Causa Galiza, que “como tal, co nome de Resistência Galega, non” se enalteceu o terrorismo, pero que “nós entendemos” que se fixo implicitamente “cando falan dos combatentes”.

O director da investigación de análise da documentación intervida que elaborou informes sobre Ceivar co único obxecto de determinar se cometera enaltecemento do terrorismo tamén declarou non lembrar ningunha expresión neste sentido na documentación incautada nin en cinco dos actos que constan no informe como lexitimadores sen concretalos en ningunha frase: “se non as reflectimos no informe é que non houbo ningunha”. A defensa de Ceivar non puido contrastar a totalidade dos actos, xa que foi interrompida por Alfonso Guevara: “non vai preguntar un por un para que lle diga que non constan”.

”O garda civil que elaborou informes sobre Ceivar co único obxecto de determinar se cometera enaltecemento declarou non lembrar ningunha expresión neste sentido”

A expresión na que a Fiscalía puxo maior atención sería pronunciada por Henrique T.F. durante a lectura dun comunicado polo Día da Patria Galega, e é que pediu a varios gardas civís ratificar que o acusado incluíra no seu discurso o lema popular “a loita é o único camiño”.

ENALTECEMENTO CON CONSENTIMENTO POLICIAL E ADMINISTRATIVO

Se o delito de enaltecemento non se sustenta nas expresións proferidas só queda a posibilidade de que o enxalzador sexa o propio acto en si. Aínda que non o fixo explícito, parece esta a tese do Ministerio Público cando nas conclusións finais xustifica as peticións na xurisprudencia respecto do grupo de rap La Insurgencia, pola que se condenaba tamén aos produtores musicais como responsables de enaltecemento e non só aos emisores da mensaxe, algo que, por outra banda, non é intuitivamente equiparable, posto que un produtor musical ten coñecemento da mensaxe que se lanza, pero alguén que pon os altofalantes previamente a un acto non ten por que coñecer para que van usalos outras persoas. Incluso pide dous anos para Íria C.P. polo mero feito de comunicar un acto á Subdelegación do Goberno, algo sobre o que só consta un borrador sen asinar, pero que en todo caso é un trámite que precisamente permite consultar se o acto é legal.

E é que, efectivamente, non se cuestiona que os actos foron todos debidamente comunicados á administración e autorizados un tras outro por silencio administrativo, así como que contaron con presenza policial, e nunca recibiron reprobación algunha, nin intervención policial de ningún tipo.

”Os acusados non tiñan por que saber que cometían un delito e foron levados directamente á Audiencia Nacional”

A isto súmase que o Día da Galiza Combatente leva máis de dúas décadas celebrándose por diversas organizacións. Eloy Velasco recollía nun auto de 2015 que “por parte de Nós-UP aínda que segue homenaxeando os terroristas falecidos, os seus actos, discursos e comunicados son máis moderados e non xustifican a violencia para conseguir os obxectivos independentistas”, pero nada evidencia que Causa Galiza si que o faga.

En definitiva, isto reúne todos os elementos dun erro de prohibición invencible, xa que os acusados non tiñan por que saber que cometían un delito. Previamente a ser levados directamente á Audiencia Nacional debería comunicárselles no caso de ser así.

CUESTIONAMENTO DE GARANTÍAS DEMOCRÁTICAS

  • Principio de reinserción. A consideración do enaltecemento por recibir presos sen obxectivalo en expresións concretas supón a asunción de que alguén condenado a segundo que delitos podería ser privado de que se poñan en valor outros aspectos ou accións que realizase ou poida realizar ao longo da súa vida.
  • Principio de defensa. Os axentes encargados da instrución recoñeceron no xuízo oral que, aínda que non figurase nos informes, Ceivar tamén prestaba asistencia xurídica a independentistas procesados por delitos que nada tiñan que ver co terrorismo. Ugio aclarou que tamén fixeron o propio con sindicalistas ou casos relacionados coa liberdade de expresión, así como “todas as persoas encarceradas por motivos políticos”, algo que teñen feito “con éxito diante dos tribunais, o que non quere dicir que fagamos ningunha valoración sobre as acusacións”, considerando grave que se incrimine a defensa dos dereitos dos reos, “que os conservan”.

Durante o xuízo, a defensa de Causa Galiza apoiouse en xurisprudencia do TEDH contra Turquía porque non puido “recompilar outras sentenzas que dun país destas características”.

AS ABERRACIÓNS DO DÍA DA GALIZA COMBATENTE 2015

A Fiscalía solicita o delito de enaltecemento para tres acusados de intervir como poñentes en dúas conferencias pola celebración do Día da Galiza Combatente.

  • Joám J.P.L.: O fiscal atribúelle ter impartido unha charla no C.S. A Revolta, algo que el nega, sen coñecer o contido da mesma.
  • Antom Á.C.: Atribúeselle a participación como poñente nunha conferencia da que se descoñece o contido. “No informe fai referencia ao título da charla”, A luita independentista nos anos 80, explicou un garda civil. O letrado cuestiónao pola relación que pode gardar iso con algún grupo terrorista: “nos anos 80 existía o Exército Guerrilheiro”. Na conferencia participaban outras dúas persoas que non foron investigadas. Unha delas, o historiador Xabi Pazos, testificou sobre o contido negando mención algunha a grupos terroristas.
  • Sabela I.G.: Tamén se lle atribúe no escrito fiscal a súa participación na charla impartida por Antom en base ao título da mesma, pero neste caso ela nin sequera participou, tal e como se acredita no cartel da convocatoria. Durante o xuízo oral a Garda Civil argumentou que tamén leu na celebración dese ano o fragmento dun comunicado que non está atribuído no escrito fiscal. Sabela, que negara a participación na conferencia, si que recoñeceu entón a lectura dun comunicado, explicando que trataba sobre corrupción política. Con todo, a Fiscalía non retirou a acusación.

SABELA NON ERA MEMBRO

Da petición total que pesa sobre Sabela de seis anos de prisión, os catro restantes corresponden á integración en Causa Galiza. Porén, no xuízo explicou que esta imputación se debe a unha confusión: ela non foi membro, acudiu á fundación de Causa Galiza “con voz pero sen voto”, e fíxoo, ao igual que á fundación doutras agrupacións, como convidada en representación de Verdegaia, que é o colectivo ecoloxista ao que si que pertence e no que ocupa un cargo que é incompatible con ocupar cargos noutras organizacións. Ademais conta con experiencia administrativa e asesoraría a Causa Galiza nos trámites legais para a conversión de asociación cultural a organización política.

A INDEFENSIÓN DE CEIVAR

Ao concluír a instrución, García-Castellón ditou auto de transformación sen tomar antes declaración en sede xudicial aos investigados de Ceivar. Foi advertido pola Fiscalía, xa que é un trámite esencial que podería tombar o proceso, ante o que o maxistrado retrotraeu as actuacións co único obxecto de tomarlles declaración. Porén, os investigados foron citados, nalgún caso a máis de 100 km do seu lugar de residencia, con dúas horas de antelación, co cal non puideron acudir todos. Para Ugio, isto “non é razoable”. Os tres manifestaron a súa vontade unánime de participar do proceso, polo que García-Castellón non recolleu as declaracións e se comprometeu, segundo a defensa, a buscarlles unha nova data, pero non chegaría.

”Os investigados foron citados, nalgún caso a máis de 100 km do seu lugar de residencia, con dúas horas de antelación”

Ademais dos investigados, Ceivar como persoa xurídica tampouco contou con representación para defenderse nin durante a instrución nin no xuízo oral, co cal “falta o elemento esencial para proceder á ilegalización”.

ÁS PORTAS DA ILEGALIZACIÓN DOS SINDICATOS

Causa Galiza si que puido participar do proceso desde que Eloy Velasco ditou a súa ilegalización sen toma previa de declaración e interpuxeron un recurso ante outra sala da Audiencia Nacional que lles deu a razón. A defensa de Causa Galiza razoa que de ilegalizala como organización criminal se violaría o principio acusatorio ao non mencionarse a investigación deste delito durante toda a instrución ata a apertura de xuízo oral, e que aínda que cometese algún delito de enaltecemento isto non significa que se constituíse co fin expreso da comisión dese delito, unha lóxica que levaría perfectamente á ilegalización dos maiores sindicatos como organizacións criminais para a comisión de delitos de coaccións.

Tampouco se axusta á definición da Convención de Palermo, que require da procura dun beneficio material para a condición de organización criminal, mentres neste caso non está baixo discusión que non hai financiación irregular, e segundo a xurisprudencia nas organizacións criminais todos, e non só algúns membros, deberían ser xulgados.

DELITOS PRESCRITOS

Os delitos de enaltecemento teñen un prazo de prescrición de cinco anos, co que sería unha condición imprescindible a condena por pertenza a grupo criminal e entender que se produce concurso de delitos para non descartar automaticamente a meirande parte da carga delituosa.

Ademais, durante a última década o Código Penal sufriu dúas modificacións na regulación deste delito, de maneira que as penas ían de un a dous anos de prisión e agora comprenden de un a tres. O fiscal contravén a lóxica xurídica cando solicita dous anos por cada delito, posto que pide as penas máximas precisamente para os delitos máis antigos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Nacionalismo galego
A pesar das opinións de ‘The Economist’, Galiza é un sitio distinto
Os autores contestan un recente artigo publicado en ‘The Economist’ no que, na súa opinión, se gababa a xestión de Alberto Núñez Feijoo e se negaban os graves problemas polos que atravesa a lingua galega.
Opinión
Saúde, abrazos e Marvin Gaye
Por enriba das nosas cabezas sobrevoa unha nube que está poñendo a proba difíciles equilibrios.
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.

Últimas

Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Crisis energética
Análisis Los aerogeneradores no son molinos, son gigantes
El megaproyecto eólico del Clúster Maestrazgo, punta de lanza del capitalismo verde, destruirá un área natural de alrededor de 1325 campos de fútbol.
Ecofeminismo
COP29 La brecha de género en las Cumbres del Clima
VV.AA.
Las cumbres del clima no están aisladas del resto de espacios políticos y también están atravesados por las dinámicas patriarcales, pero ¿en qué lo notamos? ¿cómo abordan las negociaciones climáticas las políticas de género?
Más noticias
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.