O Teleclube
A Cañada Real e as habitantes da 'Cidade sen sono' protagonizan o novo episodio de 'O Teleclube'
Con “Cidade sen sono”, Galoe estrea a súa primeira longametraxe de ficción, unha obra inmensamente humana sobre a Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa que queda xusto nas aforas de Madrid e que leva máis de 5 anos sen luz. A película conta a historia da chegada á madurez de Toni (Antonio Fernández Gabarre), un adolescente que está pasando por moitos cambios, incluíndo a decisión da súa familia de marcharse do seu fogar ou quedarse.
Galeo leva anos traballando na Cañada Real, e co resto do elenco e equipo consigue contar unha historia sobre esta comunidade marxinalizada dun xeito realista e edificante. Queres saber que nos pareceu? Tamén en Ivoox.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!