O Salto medra contigo
Se es socia do Salto, tamén podes levar seis meses de Filmin de agasallo: mira como facelo

Na nosa campaña con Filmin tamén hai espazo para persoas socias, que xa nos brindades o voso apoio. Propómosvos un par de opcións coa fin de que as socias de O Salto tamén gocedes das pelis, series e documentais que ofrece a plataforma.
1. Trae a quen queiras e regalámosche seis meses de Filmin
Por cada nova persoa que se subscriba grazas a ti, recibirás un código de acceso a Filmin válido por seis meses que poderás usar ou, á súa vez, regalar a quen queiras.
Só tes que escribirnos ao mail de socias@elsaltodiario.com indicando o nome e o correo da nova socia e, unha vez comprobemos a súa alta como subscritora, farémosche chegar o código de acceso á plataforma.
2. Participa no noso sorteo
Desde hoxe e até o 2 de febreiro, sorteamos 20 subscricións a Filmin entre todas as socias de O Salto. Os códigos son tamén para medio ano de subscrición á plataforma e tamén poderás regalalos se xa a tes.
Escríbenos a sorteo@elsaltodiario.com, indicando no asunto “Sorteo Subscricións 6M Filmin” e, no corpo da mensaxe, o teu nome e apelidos, teléfono e a dirección de correo electrónico que tes asociada á túa subscrición.
Ademais, non esquezades botar unha ollada ás recomendacións temáticas e territoriais que vimos publicando en paralelo á campaña, seguro que vos serven de filtro entre as máis de 12.000 películas e 400 series, con títulos de cinema social, independente, clásicos e estreas que vos esperan en Filmin. Grazas por facer posible O Salto!
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!