O Salto medra contigo
Estas festas, alimenta o teu lado crítico coa edición galega do Salto
“Vivimos nunha plutocracia, un goberno dos ricos”, dicía José Saramago nunha entrevista en 2003. Razóns non lle faltaban, pero non podía imaxinarse o que viría despois: mentres a inmensa maioría da poboación viu recortado o seu salario real, cun de cada catro fogares por baixo da pobreza e sete de cada dez que non poden aforrar nin un euro, a cifra de milmillonarios multiplicouse por seis e o patrimonio que amasan por dez, unhas taxas de concentración de riqueza sen precedentes na historia. Nunca tiveran tanto poder.
As grandes corporacións e os multimillonarios dominan o mundo. Tamén os medios de comunicación. No Estado español, as principais cabeceiras están controladas por fondos de investimento, grupos empresariais de dereita e grandes fortunas do capitalismo español.
Dependemos do teu apoio para garantir a nosa sustentabilidade, para poder ofrecer máis, e mellores, contidos críticos
Para rematar con este “goberno dos ricos”, dicía Saramago, o primeiro paso é denuncialo, destapar a “farsa”. E para iso é imprescindible a independencia sustentada en principios, métodos e ferramentas. No Salto cremos que a independencia económica da elite económica e política é a única forma de non terminar traballando para elas.
Un obxectivo que, até o momento, estamos a cumprir aínda que dependemos da túa axuda para garantir a nosa sustentabilidade, para poder ofrecer máis, e mellores, contidos críticos.
Precisamos medios coas mans libres para denunciar o poder das grandes empresas, os fondos de investimento e as grandes fortunas que dominan a comunicación, a política e a economía. Sen medo para sinalar aos ricos, como quixemos reflectir na gráfica da campaña, na que traballamos de xeito conxunto co artista Adrián Astorgano.
Porque o discurso mediático convencional adoita falar do problema da pobreza, da precariedade ou das guerras e pouco ou nada da outra cara. De como, por exemplo, os principais magnates da industria armamentística enchen os seus petos grazas a guerras como a de Ucraína ou son os principais beneficiarios de ocupacións colonialistas como a que sofre o pobo palestino desde hai 75 anos.
Ofrecémosche un compromiso: seguir traballando en contidos que alimenten a túa capacidade crítica, a solidariedade, o apoio mutuo, a rebeldía e a alegría
O mesmo ocorre no Estado español, onde a lista de milmillonarios compóñena medianos e grandes caseiros que se enriqueceron subindo o alugueiro, é dicir, co noso dereito á vivenda; por banqueiros, que gañaron 20.000 millóns de euros no primeiros nove meses do ano coas nosas hipotecas; e polos directivos das eléctricas, que cultivaron beneficios —e recibos da luz— nunca vistos, mentres poñían o berro no ceo debido ao morno imposto sobre estes beneficios acordado polo actual Goberno.
A concentración de riqueza non só causa problemas económicos e sociais —entre outros, o auxe da extrema dereita—, senón tamén ambientais: o 1% máis rico xera tantas emisións como os 5.000 millóns de humanos máis pobres. A riqueza é un problema de primeira orde, pero non aparece nas enquisas do CIS.
Tamén, os ricos adoitan ser (oh casualidade!) homes brancos heteros adultos. Homes que consolidaron unha cultura patriarcal e machista en base aos seus propios intereses, á expropiación dos nosos recursos naturais e á explotación das persoas, en xeral, e das mulleres e disidencias, en particular.
Por todo isto, ofrecémosche un compromiso: seguir traballando en contidos que alimenten a túa capacidade crítica. Reportaxes, análises, entrevistas e noticias que se saen dos parámetros marcados polos poderes financeiros e que falan a linguaxe xornalística da rúa, de quen sae adiante día a día e traballan en común por outro barrio, outra cidade, outra aldea e outro mundo posible, da xente que non o ten doado, pero seguen crendo na solidariedade, no apoio mutuo, na rebeldía e na alegría.
Alimenta o teu lado crítico e subscríbeche ao Salto.
Faite socia se quieres levar unha dieta informativa sa, sen noticias procesadas polas multinacionais e libre de medias verdades.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!