Se apoias O Salto nestas festas, levas unha camisola deseñada por Pruden

Este Nadal, facerse socia/o e soster o xornalismo independente ten premio: unha camisola exclusiva de O Salto cunha ilustración do artista e tatuador galego Pruden.
11 dic 2025 09:58

A pensadora ecofeminista Yayo Herrero explicaba nunha entrevista en O Salto os seus motivos para manter o optimismo en tempos escuros: “En contornos brutalmente hostís —e non só agora senón ao longo de toda a historia—, houbo comunidades e pobos que foron capaces de organizarse para seguir sostendo a vida”. E esa organización desde abaixo, explica, conseguiu e segue conseguindo grandes cousas.

A resposta cidadá á pandemia e á dana, con formidables estruturas de apoio mutuo, o boicot masivo á Volta Ciclista, a loita incesante contra a macrocelulosa de Altri, as articulacións contra a violencia machista desde 2017 ou a resistencia dos bloques en loita contra os fondos voitre son algúns exemplos recentes do potencial de transformación nos que mirarnos.

No traballo de infinidade de organizacións sociais, pero tamén en millóns de conversas e en accións —organizadas ou espontáneas—, na creación e coidado dese tecido social, cremos que está a saída. É un camiño longo, e non hai atallos nin solucións rápidas.

Con todas estas loitas como pano de fondo, o artista galego Pruden deseñou unha camiseta exclusiva para as novas socias e os novos socios de O Salto.

Camiseta galiza post 25
O deseño de Pruden en exclusiva para O Salto.
Agasalla(te) un medio propio
Dende o 11 de decembro ata o 15 de xaneiro faite socia/o por só 60 euros e che mandamos á túa casa, ademais da última revista de O Salto, a nosa camiseta en colaboración con Pruden 

Oferta válida só para a subscrición Completa, anual e domiciliada en territorio galego.

Se aínda non o fixeches, fai parte da comunidade de O Salto e fai posible o xornalismo independente.

Faite socio, faite socia!

Sabemos que a orixe do diñeiro acaba condicionando os contidos que publica un medio antes ou despois. Por iso non aceptamos publicidade de empresas que vulneran os dereitos humanos, laborais, ambientais ou sociais, porque a nosa misión é denuncialas. E temos mecanismos estritos para evitar que a publicidade institucional ou de partidos políticos inflúa na liña editorial.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...