O prelo
Un conto para amizarnos co silencio

“A visita”, de Núria Figueras e Anna Font, achega a importancia da introspección ao público máis novo
Prelo A visita
Portada do libro "A visita, de Núria Figueras e Anna Font Branca Trigo Cabaleiro
11 feb 2024 06:00

Non son alarmista en canto ás novas tecnoloxías. Entendo que a rapazada cada vez aprenda antes a empregar unha tablet, que imite os xestos des súes proxenitores collendo obxectos coma se fosen un teléfono móbil, que use expresións descoñecidas para as xeracións anteriores. Porén, é indubidable que a forma en que nos relacionamos co mundo e con nós mesmes está a mudar, e un dos elementos que se bota en falta é o silencio. A recepción constante de información quítanos tempo de reflexión para procesala. A comunicación inmediata coas amizades, coa familia e (por desgraza) coa contorna laboral impide que teñamos unha comunicación interna efectiva. Cada vez pensamos máis en voz alta. Pois iso quero recomendar hoxe o álbun ilustrado gañador do Premio Compostela 2023: A visita, de Núria Figueras e Anna Font.

O argumento desta obra é sinxelo. Unha raposiña queda soa na tobeira cando a súa nai ten que saír. Aínda que se lle ordena non abrir a porta a ninguén, recibe unha visita á que decide deixar pasar: “Eu non son ninguén”, dille o Silencio. Coñecemos así un ser que ocupa toda a estancia, que baila sen música e que nos ensina a escoitar os nosos pensamentos. Ao longo do libro, a protagonista vai aceptando, comprendendo e, ao final, facéndose amiga do silencio. A visita ten elementos claros do conto tradicional, aínda que cun xiro interesante á ensinanza de “non fales con descoñecidos”; o que aprendemos aquí é “fala contigo mesma”. Dígoo en primeira persoa porque, aínda que o álbum está indicado para idades a partir de 4 anos, non é disfrutable só para a infancia. Calquera pode apreciar a historia e a arte de Figueras e Font.

Ao longo do libro, a protagonista vai aceptando, comprendendo e, ao final, facéndose amiga do silencio

En canto á ilustración, atopamos unha fraga de cores exuberantes e liñas sinxelas, unha raposa pequena e un inmenso Silencio, moi ben representado cunha figura mol delimitada por unha soa liña branca. En todo momento podemos ver a través do Silencio, sen perder a sensación de que este abrangue todo o espazo. O relato transcorre de noite, e a cor negra do ceo contrasta cos verdes, azuis, morados e amarelos da vexetación.

O traballo editorial está levado a cabo con mimo por Kalandraka, que publicou o libro nas linguas peninsulares oficiais e en italiano. A tradución ao galego do orixinal en castelán é de Xosé Ballesteros.

A visita é un conto agradable cunha mensaxe actual e necesaria, unha chamada á introspección e unha reivindicación do silencio como espazo de tranquilidade e lecer. Vivir nunha sociedade capitalista fainos mercantilizar as nosas aficións e afectos ata o punto de que despreciamos calquera tempo que non estea dedicado a producir. O descanso establécese así coma un acto revolucionario, e penso que o libro de Núria Figueras e Anna Font reflicte moi ben esta necesidade. Contra o ruído constante, só temos que parar, calar e pensar. Se cadra, desta maneira nós faremos tamén “un novo amigo”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O prelo
O prelo E que facemos con esta dor?
A última novela de Berta Dávila reflexiona sobre os vínculos familiares e os distintos xeitos de afrontar o dó.
O prelo
O Prelo O bosque é un cemiterio cada ano
Amauta Castro captura no seu novo poemario a desolación cíclica dos bosques en inverno
menos_mal_q_nos_kda_portugal
13/2/2024 7:30

Regaloumo miña nai en Nadal e creo que é o meu regalo favorito deste ano, xunto coa novela "La mala costumbre" e o cómic "Crónicas de Jerusalén". Gústame moito a literatura infantil e teño unha pequena colección, aínda que non teño fillas, este libro paréceme unha auténtica xoia.

0
0
Gobierno de coalición
Política institucional Pedro Sánchez no dimite: “He decidido seguir”
El presidente del Gobierno vuelve a sorprender y anuncia que no se va. Sánchez se encarama como cabeza visible de un movimiento cívico contra la intoxicación política.

Últimas

El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Desempleo juvenil
Desempleo juvenil Extremadura lidera el desempleo juvenil en España
La tasa de desempleo juvenil ha aumentado trece puntos hasta alcanzar un 44,91% de paro. Más de 20.000 jóvenes han migrado en los últimos años.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Palestina
Bloqueo israelí Activistas toman el embarcadero de El Retiro en favor de la Flotilla a Gaza, bloqueada por Israel
“La Flotilla, rompiendo el bloqueo”, han coreado activistas que han desplegado pancartas y banderas palestinas en el embarcadero del Retiro en un homenaje a la Flotilla de la Libertad.
Más noticias
Tribuna
Escuela pública madrileña Del tupper war a #MenosLectivas: razones para la huelga de la educación pública madrileña en tres actos
Más de una década después de los inicios de las movilizaciones de la Marea Verde, el proyecto neoliberal se ha profundizado, pero las respuestas también se están articulando.
Palestina
Palestina Misión incumplida: sobre la cobertura de El Salto de la Flotilla rumbo a Gaza
Queremos dar una pequeña explicación a nuestra comunidad y, especialmente, a las personas que con su suscripción permiten que un medio como el nuestro, que es una rara avis en el contexto político y social en el que vivimos, salga adelante.
País Valenciano
Diada valenciana El País Valencià asume “la voz de todo un pueblo” por el 25 de abril
El 27 de abril, las calles de Valencia fueron testigo de la manifestación valenciana en conmemoración del 25 de abril, una fecha con un alto significado histórico para el País Valencià.
Galicia
Política autonómica Redes clientelares, falta de autogobierno y consensos neoliberales: las claves del Gobierno gallego sin Feijóo
Políticas y analistas desgranan la hoja de ruta de la primera legislatura gallega de la era post-Feijóo: reforzamiento de los hilos de poder locales, falta de vocación autonómica, complejo de inferioridad y una marcada agenda neoliberal.

Recomendadas

México
América Latina México a las urnas: los claroscuros de AMLO y la primera presidenta
Todo apunta que el 2 de junio, por primera vez en la historia, una mujer llegará a la presidencia. Claudia Sheinbaum, sucesora de Andrés Manuel López Obrador, se presenta como “hija del 68” en un país todavía asolado por el conflicto interno.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Vivir y resistir en Andalucía, la comunidad con más desahucios del Estado español
En Andalucía, la comunidad con mayor número de desahucios, se producen 11 al día. En todo el territorio surgen experiencias que luchan por la vivienda digna en un lugar donde tener un techo “se ha vuelto una utopía”.
Cine
Estíbaliz Urresola “El cine no debe quedar impasible ante las atrocidades que suceden”
La directora de ‘20.000 especies de abejas’ sigue recibiendo reconocimientos por su película, pero pide que se transformen en aplicación de mejoras concretas para el colectivo trans.