Opinión
Padrón, puga, incendio

Dores Tembrás enxerta o pasado rural, o ambiente hostil da cidade e as relacións familiares no seu novo poemario.
prelo tembras
Capa do libro de Dores Tembrás.
14 ene 2024 06:00

O final de 2023 tróuxonos grandes libros no xénero poético. Mostra disto é o Enxertos de Dores Tembrás, publicado por Apiario. Nel, a autora recorda os primeiros anos da súa vida e reflexiona sobre a maneira en que as ensinanzas recibidas no ambiente rural marcaron a súa adultez, sempre cun estilo depurado no que a beleza é o eixo (ou talo) principal. O título, “Enxertos” refírese á tecnica mediante a que o tecido dunha planta se adhire a outra e pasa a formar parte dela. Cada unha das partes do libro (padrón, puga e flor) identifícase con elementos deste proceso.

O padrón, o tronco ou póla no que se introduce o novo tecido vexetal, dá nome ao primeiro tramo do poemario. Este céntrase na infancia da autora, durante a que aprende que “a navalla / de abaixo para arriba sempre”, que a selección natural non implica xustiza e que as miñocas e os cempés a fan ama da súa terra. Todos os fragmentos referentes ao campo conteñen en Enxertos unha crueza fermosa (“como aquelas boliñas de anís / soportaba o gosto unicamente / por poñer do meu lado a beleza”), e aínda que son os protagonistas da primeira parte do libro, medran e enguedéllase como se se tratasen das raíces dunha árbore milenaria entre os versos do resto obra. Así, imos atopando conforme avanzamos na lectura algunhas febras de sabedoría popular, recordos tenros e danos herdados que supoñen o desenvolvemento destes enxertos infantís.

A puga é a parte da planta que se introduce no padrón para que crecer nel. Nas páxinas do libro que corresponden á puga atopamos poemas nos que aparece a cidade coma un entorno estraño:

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...