Migración
Hassane Ammari: “A Unión Europea debería ser a responsable de salvar as persoas que afogan no Mediterráneo”
Hassane Ammari é membro do proxecto Alarme Phone Sáhara, que se dedica a vixiar e rescatar, cando é necesario, os migrantes que intentan chegar a Europa atravesando o perigoso deserto do Sahel e o mar Mediterráneo.

Segundo unha investigación do colectivo Caminando Fronteras, entre xaneiro de 2018 e xuño de 2019 afogaron ao menos 1.020 persoas que intentaban cruzar a fronteira sur europea por vía marítima. Delas, tan só se recuperaron o 25% dos corpos mentres que do resto, 816, nunca se volveu saber nada. Hassane Ammari, membro do proxecto Alarme Phone Sáhara, traballa no seu día a día tentando minguar estas cifras.
Alarme Phone Sáhara é un proxecto colaborativo con membros en Niger, Mali, Burkina Faso, Togo, Marrocos, Alemaña e Austria. A súa principal meta é a de vixiar e rescatar aos migrantes que se atopen en apuros mentres intentan cruzar o perigoso deserto do Sahel ou o mar Mediterráneo.
Hassane fala apurado mentres se move dun lado para o outro, fuma e debuxa gráficos explicativos nun encerado. A súa oficina de Oujda, unha cidade do norte marroquí fronteiriza con Alxeria, está chea de libros desordenados, mapas e carteis con distintos lemas a favor da liberdade de movemento.
Hassane súa, sácase a chaqueta, deixa transpirar unha mestura de entusiasmo e rabia.
Como comezou a involucrarse no activismo a favor da liberdade de movemento?
Por Oujda pasan o 90% dos migrantes que veñen a Marrocos. A principio de século non había ningunha organización axudando a estas persoas na rexión, tan só a Igrexa. En 2001 eu coñecín de casualidade a unha muller congolesa que me contou a súa historia e, como non atopei ningunha asociación que se fixera cargo dela, tróuxena para a miña casa.
Por aquelas, a situación en Oujda era tráxica: mulleres e menores eran violados na fronteira por alxerinos, marroquís, pola mafia... entón eu comecei a involucrarme centrándome sobre todo en cuestións de orientación e axuda xurídica. A partir de 2006, organizacións como Médicos Sen Fronteiras ou a Organización Internacional para as Migracións comezaron a interesarse máis nesta zona.
Como cambiou ao longo do tempo a situación en Marrocos para as persoas migrantes?
Antes de 2013 era unha situación de ping-pong: os marroquís devolvían aos migrantes que atopaban no seu territorio á fronteira con Alxeria e os alxerinos facían o mesmo. Recordo que naquel tempo había moitísima xente de nacionalidades diferentes nesta área. Eu traía a moitos deles a durmir na miña casa. Houbo unha época na que nesta oficina durmían moitas persoas.
"Cando máis tarde se iniciou a cooperación en materia de migración entre a Unión Europea e Marrocos, as fronteiras pecháronse moito máis."
Co tempo, organizacións como Amnistía Internacional e a Asociación Pro Dereitos Humanos de Andalucía comezaron a facer informes sobre tódalas violacións de dereitos humanos que se estaban cometendo aquí. Dende esa, o réxime marroquí empezou a respectar un pouco os dereitos humanos. Non moito, só un pouco.
Cando máis tarde se iniciou a cooperación en materia de migración entre a Unión Europea e Marrocos, as fronteiras pecháronse moito máis. Marrocos comezou a devolver a todos os migrantes que atopaba nas zonas fronteirizas a cidades no sur do país para que lles resulte máis complicado cruzar e teñan que emprender viaxe de novo.
Cales son as rutas principais que seguen os migrantes subsaharianos ata chegar a Marrocos?
Case todos van ata a cidade nixeriana de Agadez, onde se atopa a sede de Alarme Phone Sáhara e, dende alí, atravesan o deserto para dirixirse ao norte: algúns van a para Alxeria, de alí a Marrocos e despois intentan cruzar a España e outros diríxense a Libia para intentar chegar por vía marítima a Italia.
Canto tempo se pode chegar a pasar unha persoa en Marrocos esperando cruzar a España?
Hai varias categorías. Por un lado están as persoas que saen dos seus países de orixe con bastantes cartos e saben que poderán estar en España nunha semana ou menos. Despois está as persoas que teñen menos recursos. Elas pódense chegar a pasar ao redor de catro meses en Marrocos buscando oportunidades para cruzar. Por último, temos o grupo máis vulnerable que son os que non teñen ningún tipo de recurso económico e poden chegar a estancarse aquí durante anos. Moitos piden na rúa e algunhas mulleres vense obrigadas a prostituírse para conseguir os cartos que necesitan para poder cruzar.
Sobre os máis pobres: "Poden pasarse tamén anos malvivindo en Marrocos ata que atopan unha estratexia ou teñen sorte e conseguen cruzar."
Despois están os máis pobres, que son os que non poden pagarlle as mafias de ningunha maneira e entran a España cruzando a valla de Ceuta ou Melilla. Sen embargo, isto é cada vez máis difícil porque as fronteiras están completamente pechadas. Estas persoas poden pasarse tamén anos malvivindo en Marrocos ata que atopan unha estratexia ou teñen sorte e conseguen cruzar.
Como funciona Alarme Phone Sáhara nestes lugares de tránsito?En Alarme Phone Sáhara sempre hai alguén traballando. Hai persoas vixiando as rutas migratorias as 24 horas do día os sete días da semana. Nós temos un teléfono de contacto ao que os migrantes nos poden chamar se se atopan en apuros e, a partir de aí, miramos como podemos axudar.
No referente ao mar Mediterráneo, estamos divididos por áreas: o Mediterraneo Occidental (vixía as rutas dende Marrocos a España), o Mediterráneo Central (Túnez- Libia cara Italia) e o Mediterráneo Oriental (controla a zona de Exipto).
Cando unha das embarcacións necesita axuda, chámanos, dinnos a posición concreta na que se atopan e o número específico de persoas e nós avisamos a salvamento marítimo, no meu caso, marroquí ou español segundo corresponda. As veces temos problemas porque chamamos aos españois e din que esa lancha é responsabilidade dos marroquís e viceversa. Sen embargo, si que é certo que as relacións son mellores que coas autoridades italianas. Italia manda sempre á xente de volta a Libia e hai que repetir que Libia está en guerra e non é un país seguro.
Como facedes para que os migrantes teñan o voso contacto, para que saiban da existencia de Alarme Phone Sáhara?Eu doulle o noso contacto a todas as persoas que me atopo en calquera lado: conferencias, en cafeterías, pola rúa... Temos unha ampla rede e dámonos a coñecer. As veces tamén lles levamos as nosas tarxetas as persoas que se agochan nos montes de Nador antes de tentar cruzar a España.
As mafias aprovéitanse das dificultades de cruce para facer negocio. Canto pode chegar a custar unha viaxe a Europa?
Para cruzar en barco poden ser 1000, 2000, 3000 euros... depende do tipo de lancha que escollas, hai varias categorías. Nas lanchas que son moi boas, van entre 15 e 30 persoas, teñen tres motores, son moi caras e recorren a distancia Marrocos-España en moi pouco tempo. Despois está a de prezo moderado. Nela viaxan entre 30 e 40 persoas, só ten un motor e lévalles oito horas chegar á Península. Finalmente están as máis baratas, que son inchables ou de madeira, están moito máis aglomeradas e tardan ao redor de tres días en alcanzar costas españolas.
Quero deixar moi claro que a Unión Europea (tamén Estados Unidos e Canadá) son responsables das mortes e de todo o que está sucedendo. O peche de fronteiras provoca esta situación. E para máis, Europea agora dedícase a criminalizar as persoas e organizacións que axudan aos migrantes. Para nós, a Unión Europea debería ser a responsable de salvar as persoas que afogan no Mediterráneo
Relacionadas
Murcia
Extrema derecha
La Fiscalía de Murcia investigará si el presidente de Vox Murcia ha incurrido en delitos de odio
Opinión
Integración, valores europeos, y otros grandes chistes racistas
Opinión
Lo de Torre Pacheco tiene un nombre: terrorismo supremacista blanco
Comunidad de Madrid
Los bomberos forestales madrileños inician una huelga de un mes
Economía
¿Cómo funciona el mecanismo de defensa que Europa podría activar contra los aranceles de Trump?
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
Dependencia
El Gobierno reduce al 27% la inversión en el sistema de dependencia
Maternidad
La discriminación de las familias monoparentales por los permisos de nacimiento llega al TEDH
Fronteras
Las devoluciones en caliente de solicitantes de asilo pasan a ser política oficial en Alemania
Últimas
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Palestina
Israel despeja la zona de Rafah para su “ciudad humanitaria”, denunciada como un futuro campo de concentración
Alicante
Denuncian cortes de suministro en pleno verano por parte de Aguas de Alicante
Junta de Andalucía
La Audiencia de Sevilla eleva a la UE la sentencia absolutoria del Constitucional del caso ERE
Sindicatos
Extremadura con Las Seis de La Suiza
Opinión
Redes sociales
Todos vivimos ahora en el castillo del vampiro
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Euskal Herria
“No matan los ríos, mares ni montañas, matan las políticas migratorias”
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
Recomendadas
Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!