A Xunta xestiona a reactivación de 51 minas en Galiza coa licenza caducada

O goberno de Alfonso Rueda publicou medio centenar de concursos de dereitos mineiros con permisos caducados que abrirán as explotacións unha vez conclúa unha fase de análise e investigación do solo.
El presidente de la Xunta de Galicia Alfonso Rueda
O presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda. Foto: Xunta.
16 ene 2025 13:12

A Xunta anunciou a licitación de 51 dereitos mineiros correspondentes a permisos que caducaron, co obxectivo de posibilitar a súa eventual explotación tras unha etapa de análise e investigación do terreo. Esta iniciativa, aprobada este luns no Consello da Xunta, é parte da primeira fase dun plan deseñado para “fomentar a investigación de materiais minerais esenciais para sectores estratéxicos”, segundo informou o Goberno galego de Alfonso Rueda.

En canto á súa distribución provincial, Lugo e Pontevedra concentran a maioría dos dereitos en licitación, con 17 cada unha; mentres que en Ourense saca a concurso dez e na Coruña, sete. Orixinalmente, estes dereitos mineiros estaban destinados principalmente á extracción de materiais como caolín e arxila na Coruña; caolín, feldespato, cuarzo, laxa, baritina, ferro e mica en Lugo; arxila, laxa e granito ornamental en Ourense; e caolín, arxila e cuarzo en Pontevedra.

Os contratos outorgarán, en primeiro lugar, a posibilidade de realizar estudos e análises para determinar o potencial do subsolo. Posteriormente, se o solicitante decídeo e cumpre “todos os requisitos técnicos e ambientais esixidos”, poderá levar a cabo a explotación dos recursos.

Segundo un comunicado do Goberno galego, polo menos o 40% dos criterios de avaliación nestes concursos estará baseado en aspectos relacionados con “calidade ambiental e ética, así como no impacto socioeconómico dos proxectos nas áreas onde se sitúen as explotacións”.

Dende Ecoloxistas en Acción e Verdegaia lamentan a decisión e os métodos da Xunta: “Censuramos a falta de transparencia e participación, así como a subserviencia da Administración ao lobby mineiro. Ilustra iso a expulsión ilegal dos colectivos ecoloxistas do Consello da Minaría de Galicia e o enorme volume de subvencións que reciben tanto as organizacións patronais como as empresas amigas, a pesar que que carezan de actividade”, explica un dos seu portavoces Joam Evans. Tamén denuncian o uso das caducidades como ferramenta para librar a determinadas empresas de ter que executar a restauración, “dándolle deste xeito unha patada adiante á bola que sempre acaba co abandono das minas e tendo que sufragar as restauracións entre todos”.

Minería
Os señores da mina: así paga a Xunta o greenwashing do lobby mineiro
Unha rede de empresarios, políticos e asesores a soldo de mineiras estranxeiras recibe centos de miles de euros da Xunta para fomentar a minaría metálica en Galiza.
Minería
A única mina de coltán de Europa enfronta a veciños, ecoloxistas e unha multinacional na Galiza despoada
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza corta de raíz os intentos da mineira canadense Strategic Minerals e da Xunta de tratar de anular a suspensión da mina de Penouta no Concello ourensán de Viana do Bolo.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...