Medio ambiente
Eucaliptos: conflitividade, impactos e solucións

Despois de oito décadas de avance descontrolado dos eucaliptos en Galicia evidénciase cada vez máis a necesidade de dar ao monte unha resposta ecolóxica e de futuro.

Cedida de: Bam Corps, CC.
Cedida de: Bam Corps, CC.

A historia de amor-odio comezou na década de 1850, cando chegaron ao concello de Santa Marta de Ortigueira os primeiros eucaliptos. Utilizados cunha finalidade ornamental ao principio, non sería ata o inicio do franquismo cando comezaría a estratexia da súa explotación forestal co Plan General de Repoblación Forestal de España (1939) para realizar, mediante expropiacións forzosas nos montes veciñais galegos, plantacións masivas de Pinus pinaster e Eucalyptus globulus.

No contexto económico franquista, créase a finais dos anos 50 a Empresa Nacional de Celulosas de España (ENCE), pública ata a súa saída á bolsa no ano 1990. Instalouse en Lourizán a maior fábrica pasteira do Estado. En 1972, segundo datos do I Inventario Forestal Nacional, os eucaliptos xa ocupaban 131.145 hectáreas entre masas puras e mixtas.

O NACEMENTO DO MITO DO OURO VERDE

Como consecuencia da entrada na Comunidade Económica Europea e da aplicación da Política Agraria Común produciuse unha redución da competitividade do sector primario galego no Mercado Común Europeo, o que desembocou no desmantelamento do sector lácteo e o conseguinte abandono do rural.

Dende a UE impulsouse un programa de reforestación de terras agrarias e os eucaliptos, inicialmente ausentes da Orde de Axudas á Produción Forestal de 1991, entraron finalmente como especie estratéxica do Plan Forestal de Galicia de 1992 despois da presión do lobby celulósico.

O PFG, cun horizonte temporal de 40 anos, prevía chegar ás 245.654 hectáreas en masas puras de Eucalyptus globulus en 2032. Os incentivos chegaron a alcanzar ás 182.000 pesetas por hectárea replantada con eucaliptos nos primeiros anos da década. É nesta década onde nace o mito do ouro verde, ao ser o período no que máis se beneficiou do eucalipto o atomizadísimo sector produtor galego, fundamentalmente vía subvención. No ano 2000, a Xunta de Galicia eliminou finalmente as axudas debido á rapidísima expansión dos eucaliptais, que superaran con moito ás previsións do PFG.

O extremado minifundismo  propio de Galicia (estímanse en 600.000 os propietarios forestais galegos, dos cales 120.000 posúen eucaliptos) provocou que as subvencións públicas chegaran ás mans de propietarios cuxa intención non era a xestión forestal. Resultado directo disto son os milleiros de hectáreas de pequenas propiedades abandonadas, sen viabilidade nin futuro. Unha verdadeira bomba de reloxería que se expande agardando a arder, como aconteceu nas vagas de lumes de 2006 ou 2017.

No 1993, durante o Congreso Forestal Español, había voces que prognosticaban que sobraría madeira de eucalipto no futuro. Hoxe o desequilibrio entre a oferta e a demanda é patente, representando as cortas a metade do total dos crecementos. Asemade, o escaso número de empresas compradoras de madeira provoca a desprotección dos produtores ante os vaivéns do mercado, os cales dependen case exclusivamente de ENCE como compradora da madeira, que fixa os prezos segundo as súas necesidades.

fábrica eucaliptos
Fábrica de ENCE. Cedida: Jorge Gay, CC.

Os prezos da madeira levan oscilando perigosamente dende décadas; ata 1987 os prezos permaneceron baixos, subindo e estabilizándose na década seguinte para caer un 40% no período 1997-2007. Tras unha lixeira recuperación, no ano 2008 os prezos volveron caer coa chegada da crise e no ano 2018, volvía a subir ata os 33 euros/m3. O valor da madeira volveu caer a finais de 2019 e coa crise do coronavirus  os prezos volveron baixar ata os 28 euros/m3, prevéndose que caian ata os 25 euros/m3 . En 1987 pagábase o m3 a 7500 pesetas, uns 45 euros de hoxe.

O argumento das altas rendabilidades do eucalipto, preconizado e publicitado durante anos, choca contra esta realidade. Era previsible que pragas e enfermidades provenientes de Australia (como a do Gonipterus scutellatus ou a de Mycosphaerella nubilosa) afectarían as plantacións e minaran o seu rendemento. Sen embargo, a solución é unha escapada cara adiante, plantando variedades xenéticas “melloradas” xusto nun momento onde a comunidade científica recomenda focalizarse na diversidade xenética e intraespecífica das masas forestais como estratexia para paliar os eventos extremos relacionados co cambio climático. A consecuencia directa será a contaminación xenética, xerando homoxeneidade e provocando ironicamente maior susceptibilidade a futuras pragas e enfermidades.­­­

A pesar de todo, o empuxe do sector bioenerxético está promovendo a plantación de máis eucaliptos para alimentar as plantas de biomasa, considerándoo como especie de referencia polo seu rápido crecemento. Non en van, este mesmo ano estreouse en Teixeiro (Curtis) a segunda maior central de biomasa forestal de España, cunha capacidade de 50 MW (algo máis da media dun parque eólico) logo dunha inversión de 135 millóns de euros.

Unha das limitacións naturais que presenta o Eucalyptus globulus é a baixa tolerancia ás xeadas, o que impide a súa expansión no interior da Galiza. Mais, o Eucalyptus nitens si sobrevive ás temperaturas baixo cero, o que está facendo que se utilice no 90% das novas plantacións aínda que presente menores porcentaxes de fibra de celulosa por m3, precisando dunha maior extensión de terreo para obter a mesma cantidade de pasta de celulosa. Así, na recente revisión do PFG preténdense plantar a maiores 25.000 hectáreas exclusivamente de Eucalyptus nitens.

Segundo os datos do IV Inventario Forestal Nacional (2011), o eucalipto ocupa 433.916 hectáreas entre masas puras e mixtas, aumentando en máis de tres veces a súa extensión en corenta anos e sendo xa a principal formación arborada do país.

Este proceso supón unha ameaza ecolóxica para Galicia en termos de biodiversidade e perda de funcións ecosistémicas asociadas, aumento do risco e severidade dos incendios e esgotamento de recursos hídricos e edáficos. A problemática enmárcase nun contexto global de cambio climático, prevéndose para Galicia un descenso global das precipitacións e a súa concentración no período húmido.

OS IMPACTOS ECOLÓXICOS DO EUCALIPTO

Pese a que os eucaliptos se caracterizan por ser especies frugais, o seu rápido crecemento xera altas demandas nutricionais totais. Sobre todo, cando se asocia a unha explotación forestal.

Diversos estudos científicos amosan que as plantacións de eucaliptos poden ameazar a longo prazo o balance de elementos como o fósforo, o potasio, o calcio ou o magnesio, que son de vital importancia para o crecemento vexetal.

Os sistemas forestais de Eucalyptus globulus presentan unhas taxas de extracción de nutrientes próximas ao dobre respecto a outras especies de aproveitamento forestal como Pinus pinaster ou Pinus radiata. Ademais das diferencias biolóxicas, a silvicultura é máis intensiva no caso dos eucaliptos. A remoción da árbore completa, o curto espazo de tempo entre cortas, a alta densidade das plantacións, a acción de maquinaria pesada, as talas rasas e as aplicacións de fertilizantes químicos e herbicidas son exemplos disto.

Os eucaliptos esgotan as reservas de auga do solo antes que calquera outra especie

Os altos consumos hídricos dos eucaliptos son ben coñecidos por todas. A seca estival típica na maior parte de Galicia é o período onde estes efectos resultan máis prexudiciais. Os eucaliptos esgotan as reservas de auga do solo antes que calquera outra especie, desenvolvendo as súas raíces en profundidade e poñendo en perigo as reservas dos acuíferos pouco profundos dos que aínda se serve un terzo da poboación galega.

A nivel ecosistémico pode dicirse que o problema é de orixe termodinámico. Ao ser unha especie exótica non hai organismos autóctonos que co-evolucionasen cos eucaliptos. Existen moi poucos herbívoros e descompoñedores para os que serva de alimento, bloqueándose a transferencia de enerxía e materia a niveis tróficos superiores. Isto é debido á dificultade de descomposición dos seus restos polo seu baixo contido en nutrintes e pola presenza de compostos alelopáticos tóxicos.

A consecuencia é a redución da actividade microbiana nos solos baixo eucaliptos, que provoca graves cambios ao subir na cadea trófica. Os invertebrados ven reducida a súa densidade e diversidade, os anfibios son afectados pola alteración do seu hábitat e polos compostos das follas  e as aves son das máis damnificadas, xa que os eucaliptos afectan claramente a súa diversidade e abundancia. Á súa vez, os liques tamén resultan prexudicados nos eucaliptais, e é que estes non afectan unicamente aos niveis tróficos superiores. A súa alelopatía (a influencia noutras plantas dun composto químico liberado por unha planta) limita axerminación e o crecemento vexetal das demais especies.

eucaliptos
Cedida por: Noel Feans, CC

A retroalimentación positiva que exercen os eucaliptos sobre os lumes —grazas ao baixo contido en auga da súa madeira, á presenza de aceites de alta inflamabilidade ou a escasa umbría dos eucaliptais— favorece a súa propagación. Aínda que os eucaliptos tamén son capaces de expandirse na súa ausencia.

Debido as súas características pirófitas (supervivencia despois dun incendio) dominan o escenario post—lume mellor que o resto de especies. Entre outros atributos, son capaces de rebrotar e de dispersar as súas sementes co aumento da temperatura, as cales xerminan máis rápido que o resto. Galiza e o norte de Portugal son a zona de maior concentración de lumes de Europa. Os eucaliptos favorecen os incendios de maior intensidade, os que maiores problemas ecolóxicos e socioeconómicos provocan.

SOLUCIÓNS Á EUCALIPTACIÓN

Segundo a IUCN, unha especie invasora é aquela que “chega a establecerse en hábitats ou ecosistemas naturais ou seminaturais, é un axente de cambio e ameaza a diversidade biolóxica nativa”. Defínea na mesma liña o Regulamento UE nº 1143/2014.

É razoable e necesario declarar especies exóticas invasoras a aquelas do xénero Eucalyptus, como tamén as definía o comité de científicos do MAPAMA. Sen embargo, a propia cúpula do Ministerio desbotou a decisión do seu propio comité esgrimindo argumentos puramente socioeconómicos. E é certo, non se poden obviar os milleiros de empregos directos e indirectos da industria forestal que dependen en gran parte do eucalipto, pero tampouco é intelixente centrar nunha sola especie a política forestal con monocultivos desordenados que son pan para hoxe e fame para mañá.

O pouco construtivo debate de amor-odio sobre o eucalipto podería rematarse a medio prazo racionalizando a súa produción mediante a concentración das plantacións e a fixación dunha extensión máxima moito menor á actual, en zonas de menor risco climático de sufrir incendios e rodeadas dun “cordón” de frondosas autóctonas de 15 metros que eviten a súa propagación. Economicamente tamén é máis interesante diversificar os usos do monte para non depender dunha soa especie. Ecoloxicamente o horizonte debe ser a silvicultura ecolóxica. A necesidade de preservación e recuperación dos ecosistemas non debe ser sinónimo de atraso económico, pero como sociedade debemos repensar as nosas prioridades para poder alcanzar un equilibrio co medio natural. Os eucaliptos non teñen a culpa, non. Se cadra é responsabilidade da nosa visión antropocéntrica e da filosofía dos cartos rápidos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Deforestación
Medio ambiente La Comisión Europea sucumbe ante la agroindustria y propone retrasar un año su ley contra la deforestación
El reglamento, pionero en el mundo, tenía previsto entrar en vigor a finales de 2024. La noticia se conoce en un año especialmente devastador para las sabanas y selvas sudamericanas.
Medio ambiente
Medio ambiente Medio siglo de fuego en España: 603.581 incendios han calcinado 7,7 millones de hectáreas
Entre 1968 y 2021, en el Estado ha ardido una superficie similar a la de toda Castilla-La Mancha. Mientras, los bomberos forestales, dan un nuevo empuje a la ley que exigen para regular sus condiciones laborales.
Incendios Forestales
Gasto público España gasta menos en prevención de incendios que la media europea
El número de bomberos se encuentra ligeramente por encima de la media pese a ser uno de los países de Europa que más incendios forestales sufre.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Vecindario y trabajadoras se plantan contra la privatización de los servicios en el Doce de Octubre
Denuncian la suspensión de intervenciones quirúrgicas desde que la empresa Croma Gio. Batta gestiona la esterilización del material. Una concentración el próximo sábado 14 de diciembre a las 12 horas se opondrá a esta deriva privatizadora.

Últimas

Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Personas sin hogar
Personas sin hogar El Ayuntamiento de Granada, APDHA y ‘La Calle Mata’ acuerdan un Plan de urgencia para las personas sin hogar
Después del encierro de decenas de activistas en el consistorio y la muerte de dos personas sin hogar en la calle en menos de 24 horas, el Ayuntamiento y las organizaciones civiles acuerdan un Plan de Urgencia para el frío de aplicación inmediata
Memoria histórica
Memoria histórica La parte oculta de las exhumaciones: la recuperación paso a paso del Fossar d’Alzira
Una exhumación va más allá de desenterrar huesos. Se necesita un equipo de expertos y meses de trabajo para identificar las víctimas del franquismo.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.