Literatura
Ánxela Gracián: “María Victoria Moreno foi unha muller de esquerdas cunha profunda visión social”

Ánxela Gracián é escritora e tradutora profesional. Hoxe tamén é a narradora en 12 cartas a María Victoria Moreno (Hércules de Edicións, 2018) de como unha nena filla do réxime chega a namorarse do mar e tomar partido nunha sociedade adormecida polo franquismo.

Ánxela Gracián
18 may 2018 07:00

“María Victoria Moreno era unha escritora transparente!”. Pregúntolle a Ánxela, vestida cun abrigo de cores semellante ao mural que ten de costas, coa cara da homenaxeada nas Letras Galegas gravada na parede, que a que se refire: “Hai un escritor que se distancia coma persoa do que escribe, que se traviste. Nela non, os seus textos son ela. Hai un conto que me gusta moito que é o Libro das saudades e os degoiros onde mostra a importancia de ler, o diálogo segredo entre o libro e a lectora. Nese conto hai un bibliotecario, Zaratustra, que lle ofrece a un rapaz namorado ese libro e o lector váise recoñecendo no protagonista. O amor platónico que entra polos ollos, non?”.

María Victoria era unha muller aparte xa antes da súa chegada a Galicia: “Ela cultivaba unha imaxe snob, elegante. Ven de Madrid, do Café Gijón. Levaba panos, sombreiros… un punto de excentricidade.” Aquela muller á parte cultivou dende moza, afirma a escritora, un forte compromiso: “un Madrid de finais dos 60 que rexeita a ditadura, onde moita xente é e quere ser demócrata, vivir nun país que desexa ser libre aínda que Franco non morrera aínda. Victoria Moreno foi educada para ser unha muller do réxime modélica e non o foi. Pertencía á xeración de mulleres de Carmen Martín Gaite, unha xeración que descubriu que non querían ser amas de casa, que querían traballar e escribir e que se tiñan que abrir camiño”.

No libro a autora emprega coma narrador a personaxe do lobo, “un lobo bo. Na versión alemá do conto de Carapuchiña Vermella o lobo recibe un castigo, na francesa de Perrault en cambio finaliza co lobo comendo a avoa. Na obra retomo a do lobo bo, que conta a vida da autora e o que ela escribiu.”

A pesar de non coñecela en vida, Gracián descubriu á María Victoria infantil e xuvenil a través das fotografías, unha narración visual da súa propia concepción da vida, a mesma que lle transmitirá ás súas obras: “Tiven que reconstruír a súa historia a través das imaxes. Fotos do pasaporte, por exemplo, cando chega a Lugo con 23 anos, chea de esplendor e esperanza. Gústame a foto dela cando nena montada na vaca co pai ao seu carón”.

María Victoria Moreno pertenceu a unha xeración que descubriu que non querían ser amas de casa, que querían traballar e escribir e que se tiñan que abrir camiño.

Ánxela recapitula e volta ao comezo, está feliz e contenta co reencontro cunha autora da que chega a elaborar unha biografía novelada: “rastrexala foi fácil dende os anos 70 en adiante, antes é moi difícil seguirlle a pista. Tiven que optar polo verosímil e non polo estritamente verdadeiro, foi moi difícil atopar datos dela na nenez, por exemplo. Foi unha muller discreta, concedeu poucas entrevistas. No libro narro cousas como a súa infancia, a descuberta do mar, a morte do pai. Foi escribir coa memoria prestada”.

Considera que Moreno foi unha muller liberada?. “Home, falar de `liberarse´ no contexto feminino dos anos 50 e 60 visto coa ollada de hoxe pode ser un pouco arrogante. Xa simplemente o xesto de ser snob e cada vez máis independente era moito. Ela pertencía á burguesía, o réxime favorecía os seus, ademais filla dun militar do bando nacional, unha ‘nena ben’ en termos sociais”.

Gracián fala e nas palabras hai agarimo, adopta na verba e no papel os xeitos da cronista: “Ela nace en Valencia de Alcántara, Estremadura. Nace alí por razóns estratéxicas da Guerra no 1 de maio de 1939, a guerra rematara xusto un mes antes, o primeiro de abril. O nome de Victoria era un nome moi frecuente naquela época. Chámase Victoria porque nace no ano da vitoria franquista.” Na infancia da homenaxeada deste ano das Letras Galegas está o substrato da súa creación e do seu modo de entender o mundo desigual que se lle ocultou nunha infancia doce: “Foi unha nena privilexiada, con xardín e criada. Foi unha nena nada no bando gañador da Guerra Civil. O pai foi un estudante de dereito recrutado para a fronte, un home moi tenro coa súa filla, ela levábase moi ben con el”.

O pai, o home da foto coa nena enriba dunha vaca, o da mirada tenra, “era tamén un home con medo, creo que foi un home vítima do seu tempo. Hai unha anécdota na que lle conta a súa filla que non lle dea o pan do seu bocadillo aos mendigos por medo de que os marcaran por “axudar a roxos”. Os vencidos, os apátridas”.

Chámase Victoria porque nace no ano da vitoria franquista (...) foi unha nena nada no bando gañador da Guerra Civil.

Esa figura do pai será a que dende a súa morte exerza un ronsel de saudade que acompañará a María Victoria Moreno toda a vida: “En Diario da luz e a sombra, un libro moi sentido, cando ela xa sabía que tiña cancro e comeza a intuír a morte, escribe o seu libro máis íntimo. Un monólogo autobiográfico. Fala da sensación de orfandade que tivo debido a morte do pai. Morreu moi novo, traballaba na prisión provincial de Segovia, un castelo. Case coma unha metáfora de España naqueles anos, non?”. Pídolle que me fale máis daquela muller inmersa naquela España tramontana: “Foi unha muller de esquerdas cunha profunda visión social. De estudante en Madrid deu clases en barrios moi pobres, moi duros, onde nalgunhas partes non había nin sequera beirarrúas, o barrio de Entrevías en Madrid. Tivo unha vocación docente admirable.” A mesma vocación é a que leva ao eido da escrita, é unha época de cambios na narrativa española: “No eido da creación foi un tempo interesante. Comeza a novela social de Ferlosio, Aldecoa, o experimental de Martín Santos… Bebe moito desa vía, basta con ver Guedellas de seda e liño”. Ánxela descríbeme unha muller coas palabras vivas na boca: “Os xograres ían coa poesía ao lombo e María Victoria Moreno tamén. Dixo que nas aulas revivía, aínda xa sabendo que tiña o cancro”.

A profesión de docente era algo que a escritora xa tivera na casa dende o seu nacemento. Ánxela pon luz agora sobre a figura da nai: “A súa nai viña doutro mundo, unha mestra vocacional que foi estudante na Institución Libre de Ensinanza nunha España, a de antes da Guerra Civil, onde o pensamento libertario estaba en eclosión.” E de alí como chega á supervivencia? “Sobreviviu a Guerra grazas a pasar desapercibida politicamente, ou marchabas ou calabas a boca. Onde o aire non era brisa fala de quen era a súa nai, os problemas que ten unha mestra da escola infantil e elemental na España da primeira posguerra cos poderes públicos e forzas vivas: o alcalde, o cura ou o garda civil que se aproveitan da súa posición de renovada superioridade para facer cousas coma, por exemplo, tomar parte do leite destinado aos pobres, o mercado negro da miseria”.

De estudante en Madrid deu clases en barrios moi pobres, moi duros, onde nalgunhas partes non había nin sequera beirarrúas, o barrio de Entrevías en Madrid. Tivo unha vocación docente admirable.

A nai e aquel mar borgiano de beleza e infinidade, xunto coa docencia vocacional, guían os pasos de Moreno cara Galicia, namórase e casa antes en Madrid. Aquí namórase da lingua. A escritora entendía Galicia e fala coma un único elemento: “tivo unha química moi forte con Xesús Alonso Montero. Tiñan os mesmos intereses, as mesmas inquedanzas, similar formación… sobre a situación do galego, tamén. A ela non lle é difícil aprender o idioma, apréndeo enseguida. “Galicia móstrame na súa esencia, no seu ser, na súa identidade, na súa lingua”. O “somos galegos por obra e graza do idioma”, de Castelao”.

É xa en Galicia, xa emprazada coma profesora en Pontevedra, onde comeza a significarse: “Ela accede á resistencia, ao mundo da clandestinidade, e accede a el grazas a Alonso Montero, a Galicia agochada cunha causa por Galicia.” Esta significación e o dar clases en galego nos derradeiros anos da ditadura franquista custáralle un rexistro domiciliario e a retirada provisional do seu pasaporte.

Continuando a liña da escrita e o profesional cara ao noso tempo sempre impera en María Victoria a mesma vocación pola ensinanza e polo coñecemento: “O papel do profesor nas obras de María Victoria é moi interesante. Nos 70 un profesor non castigador, máis humano que evoluciona xa nos 90 nunha figura moi comprensiva e alegre”. 

Soñaba cunha escola libre e moderna: “Ela cría na necesidade dunha renovación pedagóxica. Idealizou en Mar adiante unha escola fantástica construída por un mariñeiro de Portosouril con animais, alumnos… un lugar onde non hai castigo e se aprende o respecto á natureza, estamos outra vez naqueles valores liberais e abertos da República.” Ánxela sinala ao aire, “Alí volve estar a nai!”.

No seu final houbo o océano da dúbida, a pregunta que se fai a escritora ante a súa obra e a súa biblioteca, outra vez aquel mar, mais na perda do infindo: “Nese Diario da luz e a sombra fala do seu mundo nunha primeira persoa honesta, dunha amante dos libros que ata reflexiona sobre a súa propia biblioteca particular, algo así como “os libros están a mirarte e ti xa non podes miralos”. Unha muller, unha creadora dun mundo fantástico, vivo e ledo que reflexiona sobre o final físico que sabe inminente.

Archivado en: Galicia Literatura
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Instituciones culturales
Protesta Las editoriales migrantes exigen su lugar en la Feria del Libro de Madrid y en la industria cultural española
Una acción de protesta en la Feria del Libro de Madrid reclama más atención y apoyo a las editoriales impulsadas por personas migrantes y racializadas, que sobreviven pese a los obstáculos que reciben de las administraciones, según denuncian.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Opinión
CEOE Los corruptores condenan la corrupción
Desde la CEOE, lobby de los grandes empresarios implicados en tramas de corrupción durante décadas, han criticado a los políticos que han formado parte de dicha corrupción.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Más noticias
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.