A protesta do sector do metal en Vigo bótase ao monte para esquivar a violencia policial

Na terceira xornada de folga, miles de manifestantes cortaron a principal autopista do país despois de que a subdelegación do Goberno en Pontevedra lles impedise replicar a protesta fronte á feira da patronal que se clausura hoxe na cidade.
22 jun 2023 14:19

A Policía Nacional está reprimindo con violencia as protestas do sector do metal en Vigo durante a terceira xornada de folga na provincia de Pontevedra. As persoas que traballan neste sector, con gran tradición na provincia, acudiron hoxe ao terceiro día de paro e mobilización para esixir a negociación dun novo convenio colectivo. Coa feira internacional da patronal, Mindtech, aínda en curso no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), buscábase chamar a atención colapsando a entrada na rotonda do aeroporto. Namentres, as manifestantes atoparon unha violencia carga policial que os obrigou a saír cara ao monte, creándose un sorte de guerrilla de pelotas de goma contra parafusos.

A tensión entre as persoas traballadoras vai en aumento no marco da negociación do seu convenio colectivo, a cal continúa bloqueada. Un forte dispositivo policial impediulles o acceso ás proximidades do Ifevi e miles de manifestantes decidiron cortar a AP-9, a principal autopista do país. Conseguiron colapsar o tráfico de entrada á cidade durante varios minutos en resposta á negativa da subdelegación do Goberno en Pontevedra de autorizar unha protesta que replicase a do pasado martes 20 fronte á feira da patronal, que se clausura hoxe.

A Policía disparou pelotas de goma e as traballadoras do metal responderon con parafusos

As mobilización de hoxe aínda non forzaron un acordo que sexa aceptado polos sindicatos. Os últimos encontros coa patronal remataron insatisfactoriamente pola negativa do empresariado a incluír a cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real, reducir a xornada laboral anual e garantir a subrogación de persoal entre as empresas.

A patronal négase a incluír a cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real, reducir a xornada laboral anual e garantir a subrogación de persoal entre empresas

“A patronal ofrece unha suba salarial do 2% para 2023, do 3% para 2024 e do 3% para 2025, pero coa cláusula de revisión salarial limitada ao 1%, sen carácter retroactivo e sen cubrir atrasos; é unha proposta máis regresiva cá do actual convenio”, denuncian desde a CIG, o sindicato de clase maioritario en Galiza. Pola súa banda, as representantes das traballadoras demanda un incremento do 4% para cada un dos anos con cláusula de revisión salarial ao IPC real.

Respecto da subrogación de persoal entre empresas que reclaman os sindicatos e que xa figura nos convenios do metal nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo, insístese no “despropósito” de que a patronal manteña o seu rexeitamento, “xa que moitos dos traballadores de certa idade perderían os seus empregos no caso de que haxa un cambio de subcontratación”.

O sector provincial do metal tamén se manifestou esta mañá en Pontevedra, diante da sede de ENCE e nos polígonos de Barro e do Vao, así como na comarca do Salnés, marchando en Vilagarcía de Arousa desde a rotonda das Carolinas.

En vésperas desta terceira xornada de mobilizacións sociais, a CIG, CCOO e UGT chamaron a novos paros no sector pontevedrés do metal os días 28 de xuño, 6 e 7 de xullo.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...