Huelga feminista
Imaxes: o feminismo para Galiza
Manifestacións masivas fecharon a xornada de folga feminista nas principais cidades galegas. A máis numerosa foi a de Vigo que convocou a máis de 100.000 persoas segundo a policía local.

Milleiros de mulleres convocadas polo movemento feminista tomaron durante a folga feminista do 8 de marzo as rúas de Galiza. Por volta das 20:00 comezaron a sair as distintas manifestacións que, no caso de Compostela, Vigo e A Coruña, desbordaron as previsións. O relato de moitas das activistas que acudiron coincide en salientar a sensación de desborde nas grandes cidades e as dificuldades que toparon as marchas en arrancar polo enorme número de persoas presentes.

Cómpre salientar que a manifestación na Coruña alterou o seu percorrido de sempre, pois avanzou desde o Obelisco ata a antiga Fábrica de Tabacos en homenaxe ás mulleres cigarreiras, que durante o século XIX foron por décadas o maior colectivo obreiro de Galiza. En 1857, había case 4 mil traballadoras cigarreiras, un 7 de decembro amotináronse como protesta polas malas condicións laborais: subiron ao tellado da fábrica, romperon as máquinas e tiráronas ao mar xunto co tabaco. Deste xeito o feminismo coruñés quixo lembralas e reivindicar os séculos de loita polos dereitos de todas as mulleres e pola igualdade real e efectiva.




En Ourense tamén sairon por milleiros, nunha convocatoria que partía da Subdegelación do Goberno ata a Praza Maior da cidade de As Burgas, onde as mensaxes reivindicativas misturábanse cos tambores que tocaban mulleres de toda idade.



Mentres tanto Lugo, que foi a cidade que serviu de punto de encontro do feminismo galego durante o pasado 3 de marzo, volveu ser testemuña da forza dun movemento que congregou en torno a 10.000 persoas. A ruada nocturna lucense saíu ás 20:00 horas da explanada do edificio da Xunta de Galicia e desembocou na Praza de Santa María.

MOBILIZACIÓNS máis alá das cidades
O movemento feminista galego convocou mobilizacións por todo o país baixo o lema: "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!" e abofé que así foi. Máis de 50 convocatorias nas principais vilas, dende Burela ata O Barco ou Viana do Bolo, pasando por Vimianzo, Cuntins, Lalín, Melide, Ames ou Carballo xa camiño a costa, ben sexa a Cee e Cedeira ou cara Rianxo, Redondela, Cangas e Bueu.
Deste xeito, tamén A Mariña viviu concentracións pola mañá en Ortigueira, Viveiro ou Ribadeo. Pola tarde, buses e coches partiron do Vicedo, Viveiro, San Cibrao, Ribadeo ou Trabada con destino a Burela. O feminismo da Mariña saíu dende a estación de tren de Burela e desembocou na praza do Concello a ritmo de batukada.



TREBOADAS EN COMPOSTELA
Milleiros de mulleres, convocadas por Galegas8M, tomaron as rúas de Compostela durante a mañá da folga feminista. Os primeiros piquetes informativos comenzaron a percorrer o centro da cidade a partir das nove da mañá.



“Hoxe imos comer na rúa, imos ficar e non nos imos mover”, anunciaron as activistas con altofalantes



Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!