Opinión
Xacio Baño, estrea ‘68 metros’, un exercicio de defensa desde as ‘home movies’

O director recicla e reinterpreta o seu propio arquivo, obrigando ao público a facer un exercicio fílmico digno de escola de cinema. Na presentación, Xacio dixo que o filme “é como un cuspe”.
xacio 2
Fotograma da curtametraxe de non ficción ‘68 metros’ de Xacio Baño.
Málaga.
27 mar 2026 05:30

O pasado 8 de marzo, o Festival de Málaga estreou a curtametraxe 68 metros, do prolífico director galego Xacio Baño. Dicía o condutor da sesión, Mirito Torreiro, que era a primeira vez na historia do festival, se a memoria non lle fallaba, que un director presentaba curtametraxe e longametraxe na mesma sesión.

Porque despois de 68 metros asistimos tamén á súa nova longametraxe, Después de las ciudades, nunha sesión conxunta que contou coa presenza do director. 68 metros é unha curtametraxe que visita a infancia de Xacio mediante a revisión das súas home movies. O director recicla e reinterpreta o seu propio arquivo, obrigando ao público a facer un exercicio fílmico digno de escola de cinema. Na presentación, Xacio dixo que o filme “é como un cuspe” que “necesitaba facer esta curta agora por motivos persoais”, pero que non quería afondar en que pasou e xerar máis dor.

A curtametraxe, na primeira metade, mantén a estrutura narrativa de: voz en off sobre imaxes antigas que desvelan un drama, onde a imaxe se conxela para enfatizar dramaticamente o trauma da persoa autora. Pero dá igual porque é unha trampa. En 68 metros cando xa te estás asentando nesa idea de clásico documental de home movie revisitada o filme pega unha sacudida. 

E Xacio Baño engánchanos co poder da imaxe, recreándose mentres nos deixa coa barriga apertada, sen poder quitar ollo da pantalla pero queréndoo quitar, ao asistir a un desvelamento que é esencial para a historia. 68 metros, ante ese xiro, acaba por converterse niso: nun exercicio formal sobre o poder da información, sobre a semiótica das imaxes. Sobre os lugares perigosamente agochados na memoria que doe atravesar. É brillante.

Después de las ciudades, a longametraxe exhibida a continuación, visita Santiago de Compostela. Non é, nas súas palabras “un filme de denuncia social” e por iso non opón resistencia a ser unha postal e a xogar co concepto de postal, nin a ser a copia da copia do que imaxinaron que debería ser Santiago de Compostela. Visita a cidade como alguén de paso e comparte esa resignificación das imaxes engadindo o uso da creación virtual que fai parte tamén, da escolla narrativa de 68 metros.

Agradécese en ambos filmes o certo grao de humor aplicado, porque é certo, como di a escola de Fontcuberta que sufrimos unha inflación de imaxes, que cómpre aplicar certa ecoloxía co que xa existe. Xogar con elas, basicamente. Xacio Baño é un experto nese estudo das miradas e nesa ecoloxía-xogo e por iso en 68 metros desplázanos desde a tenrura e a empatía co punto de vista ata o rexeitamento do mesmo; proba irrefutable, de que os procesos identitarios, no cinema así como na vida, non son inmóbeis.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...