We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Xosé Manuel Beiras protagonizou o Retrincos, un formato de entrevistas de Nós Televisión, en colaboración con O Salto Galiza. Case unha hora de reflexións sobre a actualidade galega e a vida política e social desde os 90 ata hoxe.Aquí un fragmento da entrevista:
“Cumprirei 84 anos en abril. Cando remata o franquismo teño 40. (...) A vivencia que teño hoxe das institucións, como por exemplo das Cortes, é moi parecida en canto á percepción de inutilidade que tiña respecto das Cortes do tardofranquismo. Sei moi ben que é diferente, non me van fusilar por dicilo, pero a sensación de que esas institucións non teñen que ver comigo porque non van facer o que necesita a xente... Esa sensación téñoa agora, e teño que defenderme dela. Daquela, non valían para nada pero estabamos nunha dinámica que sabiamos que iso ía acabar, e agora estamos nunha dinámica na que todo se está mantendo aí, sobrevivindo e endurecéndose cada vez máis.
“A vivencia que teño hoxe das institucións, como por exemplo das Cortes, é moi parecida en canto á percepción de inutilidade que tiña respecto das Cortes do tardofranquismo (...) Esa sensación téñoa agora, e teño que defenderme dela.”
A mensaxe para a xente é que non se pode botar un fóra do xogo, nin ser pasota, e como cidadán, hai que exercer. As liberdades conquístanse e logo só se manteñen se se loitan por elas. Non veñen dadas e aí quedan. O único avance que se pode dar é a base de que a xente se implique, aínda que non haxa resultados a curto prazo. Non vai depender da correlación de forzas, de se cambia o goberno... Pode paliar a situación, pero o camiño para a solución dos problemas depende de que a xente sexa quen de facer rebentar e sacar esa excrecencia que está aí enriba”.
Relacionadas
Opinión
Política y religión El alcalde, el embutido, la Constitución y el president
Francia
Francia El Gobierno de Francia, a la deriva tras la caída de Barnier en una moción de censura
Literatura
Durangoko Azoka Zeren zain zaudete, irakurleok?
Totalmente vixente aquí,agora e están a dicilo neste momento en Colombia,Chile..etc.Ánimo