Máis de 50 entidades galegas únense este sábado en Santiago para frear a emerxencia lingüística do galego

A plataforma Queremos Galego presentará un protocolo de medidas para comprometer ás institucións públicas coa recuperación do idioma este sábado 14 de marzo ás 12h.
queremos galego 23f
A plataforma Queremos Galego na praza do Obradoiro. Foto: Óscar Antón Pérez García.
13 mar 2026 13:11

Máis de cincuenta organizacións sociais de Galiza, baixo o paraugas de Queremos Galego, concentraranse este sábado 14 de marzo ás 12h na Praza da Quintana de Santiago de Compostela para celebrar a asemblea ‘Lingua Vital’, un acto reivindicativo no que presentarán un protocolo de medidas urxentes ante o que describen como unha situación de emerxencia para a lingua galega.

O documento, que se distribuirá entre todos os asistentes, parte dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización Lingüística e busca comprometer ás institucións públicas con accións concretas para reverter o declive do galego. “Xa pasou o ecuador da lexislatura sen que o Goberno galego movese o máis mínimo para cambiar o rumbo negativo da lingua”, denunciou Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego.

Entre as medidas propostas destaca a creación dunha avaliación de impacto lingüístico para todas as normas aprobadas polo Parlamento de Galiza, co obxectivo de evitar disposicións que menoscaben a oficialidade do galego. Ademais, o protocolo aposta por unha colaboración activa entre entidades sociais e institucións para ampliar a presenza do galego en todos os ámbitos da vida pública e cotiá.

A coordinadora da plataforma, Celia Armas, foi directa ao sinalar a inacción da Xunta: “Se non está facendo o seu traballo, vémonos obrigadas a facelo nós”. E engadiu con ironía que se o Goberno autonómico copiase íntegramente o protocolo, consideraríano “o maior éxito”.

O acto contará con actuacións musicais de Caamaño e Ameixeiras, intervencións de representantes dos grupos de traballo que elaboraron os protocolos e a participación de David Minoves, presidente do Centre Internacional Escarré per les Minories Ètniques i Nacionals (Ciemen), que expresará o seu apoio internacional ás medidas propostas. A asemblea concluirá coas palabras de Maceira e a proxección dun vídeo que resumirá o percorrido do proceso ‘Lingua Vital’.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...