Feminismos
Radiacións feministas dende Cans

A XVI edición do festival estrea “Ultravioleta”, sección que reúne olladas de creadoras galegas, e Mariana Carballal presenta “Orballo”, un obradoiro para revisar clásicos do audiovisual cunha perspectiva de xénero.

Asistentes ao festival de Cans
Público no Festival de Cans do Porriño
23 may 2019 07:00

Baixo o lema “exportando agroglamour dende o 2004” presentouse este 2019 a XVI edición do Festival de Cans no Porriño. A programación que acollen leiras, jalpóns e baixos inclúe por primeira vez unha retrospectiva internacional, dedicada ao director alemán Hannes Stöhr, mais tamén unha sección de curtas con perspectiva feminista: “Ultravioleta”. A maiores desta nova sección a directora, actriz e docente Mariana Carballal presentará o seu obradoiro “Orballo”, unha proposta para que o alumnado de secundaria e Bacharelato analice e reescriba as súas series preferidas cunha lente feminista.

Luz ultravioleta no jalpón de Alicia

O sábado 25 Cans acolle outra novidosa proposta: a sección “Ultravioleta”. Catro curtametraxes e as súas catro creadoras danse cita co público no jalpón de Alicia ás dez da mañá. Diana López, Carmen P. Granxeiro, Sara Casasnovas e Eire García son as pioneiras de “Ultravioleta”, proposta que naceu para difundir pezas feitas por mulleres que traballan dende unha perspectiva feminista. Os traballos son moi diversos, no jalpón de Alicia as asistentes atoparán humor irreverente, drama ou denuncia social.

As convocadas coinciden na necesidade de seccións coma esta. “A cultura é un deses sectores nos que se nota unha desigualdade brutal, tanto en representación como en salarios ou nos postos técnicos”, afirma Diana López. “Este tipo de seccións seguen a ser precisas por como segue a funcionar a industria, é xenial que se incorporen a máis festivais”, engade Granxeiro. Para Eire García, representante da produtora Corentena, espazos como “Ultravioleta” “serven para coñecernos entre nós, para falar abertamente de feminismo, celebrámolo e celebramos estar alí”.

Tanto López como Granxeiro inciden tamén no seu desexo de que, nun futuro, desaparezan. “Aspiro a que non sexa necesario que o feminismo teña seccións específicas e que entre nas categorías xerais”, conclúe López.

Feminazis, prostíbulos, mulleres salvaxes e Rosalía

As traxectorias das catro participantes de Ultravioleta son bastante diferentes; tamén os seus métodos de traballo. As curtas coas que chegan a Cans son “Feminazi”, de Diana López, “Benvidas ao Club”, de Carmen P. Granxeiro, “As mulleres salvaxes”, da Produtora Corentena, en cuxa representación asiste Eire García, e “A xustiza pola man”, de Sara Casasnovas.

“Feminazi” é a primeira curtametraxe como directora da guionista Diana López. “Xa dirixira a obra de teatro ‘No es país para coños’”—título que tamén leva o seu primeiro libro—”pero o audiovisual ten outras ferramentas, estaba algo perdida e tiven a sorte de contar con profesionais que me apoiaron moito”. Da súa equipa López destaca que está formada case enteiramente por mulleres, con Margherita Morello na fotografía, Paloma García e Silvia Vilanueva no son e Alejandra Sotelo na montaxe.

López é colaboradora de distintos medios de comunicación e co-organizadora do foro “As mulleres que opinan son perigosas”. “Feminazi” xurdiu a raíz dos comentarios que leva recibido “por parte de persoas machistas, especialmente homes, cando reivindico o feminismo e os dereitos das mulleres nos meus artigos”. López decidiu dar a volta ao enfade e á ofensa que e producían os comentarios, botando man do humor para “empregar toda a ridiculez do insulto e para desbaratar as ideas absurdas que existen sobre o feminismo”. En Feminazi unha parella, interpretada por Laura Míguez e Fernando González, bate nunha discusión cada vez máis disparatada logo de que a protagonista empece a participar nunha plataforma feminista.

“Benvidas ao club” é a única de non-ficción das catro pezas. O documental de Carmen P. Granxeiro parte da trama da Operación Carioca, unha das causas de maior envergadura contra a trata de mulleres que estalou no 2010 no Xulgado nº 1 de Lugo. A rodaxe foi apoiada polo colectivo feminista Impunidade Carioca, que denuncia a pasividade da Fiscalía e os atrancos á xuíza Pilar de Lara durante o desenvolvemento da trama. Granxeiro ten asinado outros documentais como “Atenas. Meeting Point” ou "1948-2016. Un final para empezar”, ademais de pezas de ficción e obras nas que parte da fotografía ou o deseño gráfico.

“É a primeira vez que un traballo meu ten tantas visualizacións, e ante un público tan diverso. Non o agardaba polos medios cos que contei, traballo soa e a rodaxe foi moi rápida porque había unha a urxencia temporal (a recta final da Operación Carioca)”, explica a autora. O “Premio Especial Biznaga de Plata- Afirmando los derechos de las mujeres”, deu un gran pulo a esta creadora. “Demostrouse que se pode traballar ao marxe da industria, no meu caso dun xeito consciente, e dende o activismo”, sinala Granxeiro.

Pola súa banda, Sara Casasnovas ofrece con “A xustiza pola man” unha nova lectura da figura xa mítica de Rosalía de Castro. Exerce por segunda vez, logo de Escarabana, de directora e actriz protagonista. “O seu poema, que da título á curta, acudiu no momento preciso: “Aquél que ten fama de honrados na vila roubáronme tanta blancura que eu tiña…’, pegoume una sacudida. É crú e descarnado, expresa a vileza e o desgarro dunha fonda ferida”, di Casasnovas.

Por que a escritora? “Vivín unha circunstancia que me fixo dano, sentía impotencia, dor e carraxe e nese punto comezou a xestarse o proxecto. Como acontecera noutras ocasións, topei identificación co material sensible que tiña diante, o legado de Rosalía neste caso, e tomeino como revulsivo. Foi un proceso visceral que filmamos case de inmediato. A maiores, quería ofrecer en perspectiva o retrato da Rosalía dende a influencia da opinión allea, a muller pioneira e unha pseudoterrorista que fixo estoupar a linguaxe”, responde a directora e actriz. Na curtametraxe acompañan a Casasnovas as voces de Quico Cadaval, David Perdomo e Xaime Lis.

Para rematar, “As mulleres salvaxes”, supón a estrea na Galiza da curtametraxe de Corentena Produccións, constituída a finais do 2018 por Eire García, Miriam Carril e Mariña López. As Corentena traballan con equipas conformadas exclusivamente por mulleres en todos os postos, diante e detrás da cámara. “A peza conta a historia de cinco amigas que xestionan unha agresión. Non é a historia da agresión, senón da resposta que as mulleres lle damos as agresións”, explica García. “Enviámola a moitísimos festivais, pero non a colleron en ningún, que finalmente entrase en Cans estivo guai, estreala na Galiza é o que nos cundía”, engade.

Ademais de “As mulleres salvaxes”, as Corentena produciron no 2018 as curtametraxes “Azul eléctrico”, “A dor” (primeira parte de “A triloxía da raiva”) e están a traballar actualmente no seu vindeiro proxecto audiovisual.

Que aporta unha ollada feminista a través da cámara e da pantalla? Para Sara Casasnovas “se optamos por cuestionar e reformular a linguaxe e tratamos de expresarnos en liberdade, ou de recoñecer a nosa cultura ou tradición e decidir con consciencia se nos adscribimos a ela ou a quebramos, coido que por aí créanse dinámicas e personaxes ricas e sorprendentes, afastadas do tópico”. O público poderá comprobalo o sábado no jalpón de Alicia. Ademais, as catro creadoras tamén estarán presentes no espazo Dálle Caña! ás sete da tarde, xunto con curtametraxistas doutras seccións do festival.

Reescribir as personaxes coas que medramos

O Xabarín Club, Los Serrano, La que se avecina, Aquellos maravillosos setenta. Game of Thrones, The Umbrella Academy, as nosas webseries de cabeceira. Como nos inflúen as historias da nosa infancia e adolescencia? Como son as súas protagonistas e que nos ensinan sobre as persoas e como se relacionan? Mariana Carballal, actriz, guionista e docente, presenta en Cans un obradoiro que parte da perspectiva de xénero para analizar con alumnado de secundaria as súas series preferidas.

A proposta, elaborada para a AISGE Galicia, (Asociación Artistas Intérpretes. Sociedad de Gestión) parte das reflexións de Carballal tras participar en numerosos foros sobre a situación da muller na industria audiovisual. Os datos que demostraban a desigualdade xa estaban enriba da mesa, e o público que asistía ás charlas estaba, polo xeral, informado e concienciado. “A min e a Isabel Blanco ( representante da AISGE na Galiza) pareceunos importante levar esas reflexións e debates á educación”, di Carballal.

A infancia e a adolescencia son os períodos nos que normalizamos a desigualdade dun lado e doutro da pantalla. Entra en escea a proposta de Carballal: “Queremos trasladarlle ao alumnado a realidade, baleirala de mitos estereotipados e de roles que sitúan a muller nun espazo ‘secundario” da vida’”. A revisión de series ou películas cunha perspectiva feminista non novidosa, pero si o é o plantexamento de “Orballo”, título do obradoiro. “Orballo” conta coa participación de actrices e actores galegas. As súas traxectorias, os papeis que interpretaron ao longo das súas carreiras, poden servir de complemento para traballar nas aulas. Ademais darán vida ás revisións que cree o alumnado sobre as pezas analizadas. “A escola non pode estar repetindo sistematicamente estereotipos machistas e patriarcais, non podemos permitilo”, conclúe Carballal.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Economía social y solidaria
Nuevos formatos Nuevo estudio, formatos y programas para hablar de Economía Social y Solidaria
En El Salto tenemos nuevo estudio de grabación y lo estrenamos por todo lo alto con la producción de nuevos formatos audiovisuales con los que ampliar nuestra cobertura informativa de las alternativas al sistema capitalista.
Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.

Últimas

Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
Madrid
Madrid Vecinas de Tribulete 7 presentan demanda colectiva por acoso inmobiliario contra Elix Rental Housing
Es la primera demanda colectiva que se presenta en España contra una socimi. El inquilinato quiere conservar sus hogares e impedir que se desarrolle el plan de pisos turísticos que pretende el propietario.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Podcast familiar Caleidoscopio, episodio 26: Y... ¡Acción! (Segunda parte)
Los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan cómo sería su película ideal, cuánto creen que tardarían en grabarla... y cómo imaginan que sería su estreno.
Tribuna
Regadíos Regar con un agua que no tenemos ni tendremos
Se encona la lucha por el control de un agua de la que somos deficitarios, exponiendo amplios territorios a la desertificación y el abandono.

Recomendadas

En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.