We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Feminismos
VÍDEOS: o 8M en Galiza
Gael é unha persoa non binaria e cre que é importante que as identidades disidentes estean presentes activamente no feminismo, non só no 8M: “O feminismo, as mulleres cis e incluso os homes a longo prazo, só teñen que gañar coa deconstrucción do xénero. Ninguén sae perdendo co feminismo.”Elvira e Carmen levan máis de 40 anos vendendo o que sementan na N-550. Estivemos con elas durante a mañá do 8 de marzo.María é labrega, un traballo para o que non “existe o calendario”. Ademais da CUT, o Sindicato Labrego Galego convocou folga de mulleres para o día de hoxe: “As mulleres producimos o 70% da alimentación do mundo. Con todo, só somos titulares dun 2%.”Concha e Inma son dúas camareiras de piso que hai uns meses sufriron un despido improcedente do hotel para o que traballaban: “Eu nunca fun á folga porque sempre traballei, por medo a represalias, pero agora conciénciome de que todo o mundo debería ir. Que todo se parara o 8M.”
Eli traballa os domingos, como moitas outras enfermeiras do Sergas, e ten claro que hai motivos para a folga: “Dicíame un compañeiro enfermeiro: «pero se ti cobras o mesmo ca min», e explicáballe: non se trata da miña situación persoal con respecto a ti, senón da situación colectiva. É certo que cobro o mesmo soldo que ti por facer o mesmo traballo. Só faltaría.”