O mar tamén ten mulleres

Na confraría de Arcade (Ría de Vigo) traballan 38 mariñeiras dun total de 151 persoas, representan un 25%. Seguen a estar en minoría, máis o número vai subindo e a súa reivindicación de seren visibilizadas comeza a terse en conta.

O mar tamén ten mulleres - 13
Elena Buch A foto mostra a un grupo de traballadoras orgullosas do que fan e do que fixeron as súas predecesoras.
27 nov 2020 07:01

Estrella está xubilada, foi a primeira muller en enrolarse a flote na confraría; colleron o relevo a súa filla Gabriela, e o seu neto, que traballan xuntas. No mar hai relevo xeracional, moitas das mariñeiras que traballan hoxe fano coas súas nais e, á súa vez, son netas de mulleres que tamén mariscaban na ría. Neste caso a pé, pois a flote levan pouco tempo indo.

Que pasou durante o confinamento? Pois que seguiron traballando, aquelas que puideron, xa que houbo quen tivo que quedar na casa coidando das nenas. Aínda son minoría nas confrarías, fronte ás mariscadoras a pé que son, sempre foron, inmensa maioría.

Susi enrolou hai 11 anos co seu fillo Marcos. Tivo que pechar a empresa de limpeza na que traballaba. Tamén ven de familia de mariñeiras, ela recorda ir mariscar de nena coa súa nai a pé.
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...