Feminismos
Os coidados no centro: Os nosos corpos (e tempos) seguen a ser un campo de batalla

A folga das labores de asistencia como chave dentro do feminismo.

Obelisco Coruña 8M
Manifestación do 8M en A Coruña. Pablo Santiago

Profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo e socia de Agantro.


AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural)
24 mar 2020 11:39

A famosa frase “o teu corpo é un campo de batalla” serigrafiada en 1989 pola artista Barbara Kruger segue de actualidade. Sonou no marabilloso texto lido o pasado 1 de marzo na manifestación de Verín.

O eixe elixido nas mobilizacións ao redor do 8 de marzo deste ano foron os coidados. “Sen coidados, non hai vida” foi un dos lemas máis repetidos polas rúas de Verín. Por que os coidados? Que é o que abranguen os coidados? Por que a folga de coidados foi un dos temas chave nesta e nas anteriores folgas do 8M?

Primeiro, un pouco da nosa xenealoxía feminista. Foi a partir da segunda onda do movemento feminista cando o debate sobre o traballo doméstico e de coidados explotou.  A finais dos anos 1960 o persoal vólvese político, e as relacións de poder dentro da casa comezan a ser analizadas desde o enfoque de xénero. Xírase a ollada para analizar o que acontece dentro da “caixa negra” dos fogares, onde as mulleres se ocupan case en exclusiva de todo o traballo. Ao longo dos anos 1970 iniciase un grande debate sobre conceptos como o “traballo doméstico”, a “división sexual do traballo no fogar”, o “traballo reprodutivo” ou a “conciliación”, entre outros. Nesa década examínase a fondo como o capitalismo e o patriarcado sacan rédito dese traballo gratuíto que levan ao cabo as mulleres dentro dos fogares. Logo de ríos de tinta chegamos á década dos 2000 onde comezamos a loitar por darlle visibilidade á “sustentabilidade da vida” e a “corresponsabilidade” como algúns dos novos conceptos centrais do debate.

A finais dos anos 1960 o persoal vólvese político, e as relacións de poder dentro da casa comezan a ser analizadas desde o enfoque de xénero.

Coidar ten unha definición complexa como complexa é esta actividade. Ten un compoñente práctico, corporal limpar, alimentar, atender a enfermidade, mais tamén un compoñente inmaterial poñemos intención no emocional, en xerar benestar nas persoas. Así mesmo, ademais da provisión de benestar físico e emocional, existe a preocupación pola(s) outra(s) persoas, a xestión de todo o traballo de coidados, ter a dispoñibilidade para coidar.

Desde a antropoloxía e a economía feminista fíxose un esforzo moi grande por identificar e comprender os vínculos entre a feminización dos coidados e a súa desvalorización dentro do sistema patriarcal e capitalista. Tanto se os coidados son remunerados as empregadas do fogar, a axuda a domicilio, traballadoras de residencias, de escolas infantís, etc. como se non son remunerados –dentro da familia, das asociacións, colectivos, etc.–, existen dous elementos comúns: son desvalorizados económica e socialmente, ao tempo que son realizados, na súa maioría, por mulleres. De feito, como sinala a economista Cristina Carrasco, é aquí a chave do asunto, son desvalorizados porque son realizados principalmente por mulleres.

En moitas sociedades, como a nosa, o concepto de cidadanía segue a estar vinculado a unha noción de individuo autónomo, autosuficiente, ligado á posesión de propiedades, traballo e outros recursos materiais, que debe sustentar economicamente a todas e todos os seus familiares ‘dependentes’ crianzas, persoas enfermas, maiores, dependentes…. Esta idea de cidadanía implica unha acepción moi restritiva dos seres humanos como individuos e unha visión moi estreita do binomio autonomía-dependencia, obviando que a dependencia é inherente á condición humana e que a vulnerabilidade non é algo excepcional ou limitado a determinadas épocas da vida.

Na actualidade, o reparto desigual dos coidados atravesa a columna vertebral do patriarcado e, de paso, tamén do capitalismo global. O patriarcado asigna ás mulleres a responsabilidade de realizar estas tarefas nos fogares, e no mundo laboral esténdese esta explotación. Como exemplo gráfico e non suficientemente coñecido, a día de hoxe as traballadoras do fogar seguen sen ter dereito ao desemprego.

A cuestión de fondo, tal e como as mulleres desa segunda onda do movemento feminista puxeron sobre a mesa nos anos 1970 é que nunca imos mudar a desigualdade existente entre homes e mulleres no eido público até que non consigamos maiores cotas de igualdade dentro dos fogares. As mulleres somos maioría nos traballos a tempo parcial en Galiza, o 75% dos contratos a tempo parcial realizámolos mulleres, eu entre elas, somos ampla maioría na petición de permisos de coidado, e os nosos empregos no denominado ‘gueto de veludo os nichos de traballo feminizados continúan cunhas condicións laborais mal remuneradas e con convenios laborais bastante lamentábeis. Alén diso, ás veces nin sequera se cumpren os convenios: basta lembrar que as traballadoras da residencia de maiores ‟DomusVi” de Vigo continúan a concentrase desde fai dez meses para que se cumpran os ratios de coidadoras/maiores, e se cubran as baixas e as vacacións.

Desde a antropoloxía e a economía feminista fíxose un esforzo moi grande por identificar e comprender os vínculos entre a feminización dos coidados e a súa desvalorización dentro do sistema patriarcal e capitalista.

A precariedade laboral feminina, é dicir, a rampante parcialidade e temporalidade ten varias causas, porén non pode ser ben entendida sen ter en conta o desequilibro de traballo existente dentro dos fogares. Noutras palabras, para acadar máis igualdade no mercado laboral resulta imprescindíbel modificar os tempos de traballo de coidado nos fogares, e repartir entre homes e mulleres os tempos dedicados a este eido. A última enquisa de emprego do tempo en España (de 2010) segue mostrando grandes diferenzas por xénero: sendo unha media das persoas enquisadas, o tempo que as mulleres dedican ao fogar e aos coidados familiares é de dúas horas e cuarto máis que os varóns. As melloras mídense en minutos: os homes aumentaron a súa dedicación aos coidados en 20 minutos desde 2003. A utopía da igualdade mídese en minutos, polo de agora.

É claro que temos dous sistemas que xuntos e ben entrelazados desprezan o sostemento da(s) vida(s), e tamén dos territorios. Poñer os coidados no centro é unha ferramenta multiplicadora para os feminismos. Supón falar do noso dereito ao auto-coidado, do reparto igualitario do traballo dentro do fogar, da esixencia de dereitos laborais das traballadoras do fogar, de residencias…, e supón repensar todos os horarios laborais. Máis alá diso, supón falar de que elementos queremos poñer no centro do noso sistema económico: o mero crecemento económico a reprodución do capital ou o sostemento da(s) vida(s), descentrando os mercados. Supón preguntarnos, como o fai a estupenda economista Amaia Pérez Orozco acerca de como é “unha vida que merece a pena ser vivida”. Supón denunciar que a día de hoxe a masculinidade hexemónica é construída dun xeito perverso, poñendo o eido público e o traballo remunerado no centro, mentres que a feminidade tamén é construída dun xeito perverso, entendéndoa como a socialización que seguimos a padecer as mulleres como “seres- para- outro/as”, nas palabras de Simone de Beavoir. E ben, xustamente, poñer o foco na sustentabilidade da vida supón rachar dunha vez con esta socialización diferencial de xénero que asigna dous modelos antagónicos segundo o noso xénero, e pensar en fórmulas de sostén colectivo das vidas dun xeito igualitario entre homes e mulleres, tendo claros os límites do planeta e da explotación animal.

Vivimos hoxe nun sistema que saca renda da explotación da natureza, dos territorios, dos corpos das mulleres, do noso tempo e que non fai máis que minusvalorar todo o traballo de coidados. Verín loitou arreo contra unha violencia institucional que negaba poder parir no seu territorio, unha violencia que facía un campo de batalla do corpo das mulleres. E chamámoslle violencia institucional pola omisión de responsabilidade que están a ter as políticas públicas no coidado das nosas vidas. Existe violencia machista institucional en moitas (ausentes) políticas públicas que reproducen ese menosprezo pola atención ás vidas: os recortes no eido sanitario resultan paradigmáticos, pero existe ese menosprezo nuns  servizos sociais saturados e cada día máis privatizados, nas listas de espera dos centros de información ás mulleres, na escaseza de vivendas para mulleres en situación de violencia, nos escasos e saturados xulgados de violencia sobre a muller... O traballo nos servizos sociais, outro nicho laboral feminizado que apenas se desenvolveu no noso estado e cuxa omisión afecta fundamentalmente ás mulleres e aos fogares encabezados por mulleres.

Como conclusión, creo que xa pasamos da feminización da pobreza e entramos, como ben sinala a socióloga Saskia Sassen na fase da feminización da supervivencia, onde a economía de retallos vai marcando e eternizando (até cando?) as biografías de tantas mulleres.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo La RD del Congo y Ruanda, mediados por Estados Unidos, firman un acuerdo de paz incierto
El acuerdo busca crear cadenas de valor en las que intervengan ambos países, con una mayor presencia de los Estados Unidos en la zona. La poca presencia de las víctimas del conflicto en las conversaciones genera dudas en la sociedad civil congoleña.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.

Últimas

Sevilla
Cumbre de la ONU en Sevilla Cumbre de la ONU en Sevilla: sin EEUU, sin hablar de Palestina y con poca ambición según las ONG
Más de 150 representantes internacionales debatirán en la Cumbre de la ONU hasta el 3 de julio con el objetivo de firmar el Compromiso de Sevilla, un acuerdo “hipócrita y poco ambicioso”, según las organizaciones sociales
Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.
El Salto Radio
El Salto Radio Peinando canas 3: ¡Vamos al cine!
En el tercer capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de El Parlante, entidad organizadora del festival La Gran Pantalla.
Palestina
Palestina 72 personas asesinadas en Gaza en las últimas horas
Los ataques se han intensificado en el norte del enclave y la población continúa siendo atacada por el ejército israelí en los puestos de distribución de comida de la Fundación Humanitaria Gaza.
Palestina
Tribuna Tres o cuatro días sin comer en Gaza
El drama de no poder dar suficiente comida a tus hijos es inmenso, sobre todo cuando sabes que a pocos kilómetros hay camiones llenos de ayuda. Parados. Bloqueados.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.