O CIS constata a caída en picado do PP en Galiza e déixao a piques de perder a maioría absoluta

O BNG de Ana Pontón segue en ascenso e perfílase como a opción favorita na esquerda para un potencial cambio que, a priori, sería a través dun goberno levantado polo PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro e Sumar Galicia liderado por Marta Lois.
rueda feijoo coruna 23j
O candidato do PP á Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao líder do seu partido, Alberto Núñez Feijóo, nun acto na Coruña durante a campaña das xerais.
25 ene 2024 13:54

O Centro de Investigacións Sociolóxicas constata unha forte caída do Partido Popular tanto desde o resultado das eleccións no verán de 2020, como en comparación ao resto de enquisas publicadas: o CIS prognostícalles entre 36 e 38 escanos, a un deputado de perder a maioría absoluta. Isto é, o 43,2% dos votos.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) aspira a unha subida histórica que rompería o seu teito electoral e faríase con entre 20 e 23 escanos do Parlamento de Galicia. Ou o que é o mesmo, un 29,3% dos votos. En terceiro lugar, o PSdeG-PSOE alcanzaría entre 15 e 17 deputados cun 20,4% dos votos. Sumar podería quedar fóra do parlamento galego, cun 3,5% dos votos e entre 0 a 2 escanos. Podemos e Vox quedarían sen representación parlamentaria. Por último, en Pontevedra, o PP obtería 9 escanos, o BNG de 7 a 8, o PSOE alcanzaría entre 5 e 6, e Sumar tería a posibilidade de obter un escano.

En Ourense, o PP situaríase como a forza principal con 7 escanos, o BNG lograría entre 2 e 4, o PSOE obtería 2, e Democracia Ourensá podería obter un escano. Na provincia de Lugo, o PP lograría entre 8 e 9 escanos, o BNG alcanzaría 3, e o PSOE tamén conseguiría 3 escanos.

En canto á distribución por provincias, na Coruña, o Partido Popular podería alcanzar entre 12 e 13 escanos, o Bloque Nacionalista Galego de 7 a 8, mentres que o Partido Socialista obtería de 5 a 6, e Sumar podería asegurar un escano.

Ao comparala con fai catro anos, só o 16% cre que mellorou, o 32,2% pensa que empeorou e o 50% sostén que se mantén igual. En relación coas eleccións do 18 de febreiro, o 69,9% votará tendo en conta os asuntos propios de Galiza, mentres que só o 20,3% farao considerando temas xerais do Estado español. Respecto da xestión do Partido Popular na Xunta nos últimos 4 anos, o 46,1% percíbea como “mala ou moi mala”, o 45,5% como “moi boa ou boa”, e un 7,1% considéraa regular.

Segundo os enquisados, os problemas predominantes en Galiza son o desemprego (13,8%), seguido da atención sanitaria (10,3%), a crise económica e outros problemas de índole económica (8,2%). En canto á situación económica actual, o 43,5% percíbea como “moi boa ou boa”, mentres que o 39,9% considéraa “mala ou moi mala”, e un 14,2% cualifícaa como regular.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...