As monxas que levaron a anciás a votar en Vigo admiten que só lles deron a elixir entre catro partidos

Unha das irmás de Fillas de María Inmaculada, encargada da loxística, recoñece que lles ofreceu ás residentes as papeletas de PP, Vox, PSOE e BNG, excluíndo o resto de partidos: “Púxenlles as papeletas que chegaron a casa”.
sobre monja pixel
Relixiosas colocando a papeleta na man dunha señora nunha cadeira de rodas en Vigo.
23 feb 2024 06:00

O grupo de relixiosas que foron rexistradas graficamente levando a persoas maiores con mobilidade reducida a votar a un colexio electoral de Vigo durante as eleccións autonómicas admitiron que só lles deron a elixir entre as papeletas de catro partidos: na provincia de Pontevedra presentábanse dez formacións. Así o recoñeceu ao Salto una das irmás da comunidade relixiosa católica Fillas de María Inmaculada, encargada da loxística, quen recoñece que, antes do transporte das relixiosas máis adultas desde a súa comunidade até o colexio electoral, ofreceu ás residentes só as papeletas de PP, Vox, PSOE e BNG, excluíndo ao resto de partidos: “Púxenlles as papeletas que chegaron a casa”.

Nunha conversación con este diario, unha das relixiosas quixo matizar que o centro onde viven internas nunha rúa do barrio vigués de San Roque “non é un asilo”, senón “un centro relixioso” onde, entre outras cousas, coidan “das irmás que xa non poden valerse por si mesmas” e que, efectivamente, limitan as posibilidades de voto das persoas que dependen delas para poder vivir con dignidade: “De tódolos xeitos, aínda que lles puxo as de todos os partidos, eu sei cal elixirían, que non é o mesmo que voto eu (...) Eu púxenlles as papeletas que pensaba que se presentaban porque son as que chegaron a casa”, explica a mesma relixiosa, que argumenta que todas as persoas que levaron a votar desde o centro teñen capacidade de escoller, pero só puideron facelo entre os partidos que as responsables da comunidade preseleccionaron: “As persoas que levei son capaces de elixir”.

Esta persoa, que ocupa outros postos de responsabilidade na comunidade e leva dez anos traballando no mesmo centro, argumenta que este nesgo no voto dun número aínda descoñecido de persoas maiores non foi de mala fe “Foi por falta de coñecemento meu”. Ademais, explica que na década que leva nesta comunidade, encargouse noutras ocasións de levar ela mesma ás outras relixiosas que xa non poden chegar polo seu propio pé até o seu colexio electoral, situado na Asociación de Veciños de San Roque: “Este ano leveinas en coche. Outros anos fun unha por unha coa cadeira de rodas (...) [Neste tempo] polo menos houbo que votar catro veces ou cinco”.

Esta relixiosa, responsable desta xestión, púxose en contacto con esta redacción logo da información publicada na mañá da cita electoral galega onde se elexía ao presidente da Xunta ao recoñecer ás súas irmás baixando do coche a unha anciá en cadeira de rodas e entregándolle unha papeleta na man: “Probablemente, caéralle”, sostén a muller pertencente á comunidade relixiosa católica Fillas de María Inmaculada de Vigo. A muller quería explicar que o que fan é un servizo á comunidade e que soamente axudan a estas persoas: “Dóeme que se fale mal da Igrexa á conta desta noticia”.

Que pasou durante a mañá das eleccións?

Na mañá do pasado domingo 18 de febreiro, durante os comicios galegos, O Salto revelou polo menos tres lugares de Galiza onde se rexistraron a persoal relixioso levando a votar a anciáns e anciás residentes en asilos e centros de maiores. A situación deuse no Asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, en Lugo, onde historicamente deuse esta situación; no asilo de Cambados (Pontevedra); e na comunidade relixiosa católica Fillas de María Inmaculada de Vigo. Os feitos foron denunciados por veciñas e veciños como carretaxe, sen que transcendese aínda ningunha denuncia por parte dos representantes dos partidos políticos.

Elecciones
Cachan a monxas e persoas sen identificar levando anciáns internos a votar en Cambados e Lugo
As dúas situacións de posible 'carretaxe' foron documentadas no asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Lugo, que xa foi noticia polo mesmo nas pasadas eleccións xerais, e nun asilo de Cambados (Pontevedra).
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...