A economía social e solidaria reivindícase en Santiago como alternativa real ao modelo económico actual

O encontro de REAS Galicia puxo o foco na medición do impacto, a transparencia e o impulso dun modelo económico máis xusto, sostible e centrado nas persoas.
Da utopía á realidade
O evento ‘Da utopía á realidade’ de REAS Galicia.
21 abr 2026 10:57

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu o pasado 10 de abril o encontro Da utopía á realidade, organizado por REAS Galizcia, unha xornada que reuniu profesionais do ámbito educativo, da cooperación, do terceiro sector e doutras entidades vinculadas á economía social e solidaria (ESS).

O evento serviu como punto de encontro para reflexionar sobre o papel desta economía alternativa ante os retos actuais e fortalecer redes de colaboración nun contexto marcado pola necesidade de construír modelos máis xustos e sostibles. Ao longo da mañá, desenvolvéronse diversas mesas de debate centradas na visibilización da ESS, a súa incorporación ao ámbito educativo e o seu potencial como resposta ao sistema económico dominante.

A presidenta de REAS Galicia, Ana Lorenzo, subliñou durante a xornada a necesidade de construír modelos económicos que non impliquen impactos negativos no planeta nin nas relacións sociais, mentres que Eba Armendariz, de Economistas Sen Fronteiras, puxo o foco na importancia de equilibrar as dimensións económica, social e ambiental, en liña cos obxectivos da Axenda 2030.

Un dos eixos centrais do encontro foi a medición do impacto real da economía social e solidaria. Neste sentido, destacouse o papel da Auditoría Social como ferramenta clave para avaliar o traballo das entidades, garantir a transparencia e xerar confianza tanto a nivel social como institucional. Tamén se reivindicou a necesidade de que este tipo de mecanismos sexan recoñecidos na contratación pública como un criterio máis de calidade.

Xa pola tarde, a xornada transformouse nun espazo práctico de innovación coa posta en marcha do Atlas Colectivo e varios grupos de traballo colaborativos. Estas dinámicas permitiron analizar a auditoría social desde unha perspectiva inclusiva e en conexión cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), así como avanzar no desenvolvemento dun selo de garantía da ESS en Galiza.

Este selo pretende converterse nun instrumento de transparencia e recoñecemento, facilitando tanto o consumo responsable por parte da cidadanía como a contratación pública por parte das administracións. Ademais, o proceso permitiu identificar tanto fortalezas como limitacións na medición do impacto no contexto galego, especialmente no ámbito rural e na diversidade de sectores implicados.

A xornada concluíu cunha posta en común das principais achegas dos grupos de traballo, nas que se reafirmou a Auditoría Social como unha ferramenta estratéxica que vai máis alá da avaliación, ao permitir visibilizar o valor do traballo desenvolvido polas entidades da ESS.

Desde REAS Galicia apostan por dar continuidade a este proceso mediante a creación dun grupo de traballo específico e reforzar a súa vinculación coa Axenda 2030. O encontro pechouse cunha mensaxe clara: a economía social e solidaria non só é necesaria, senón urxente, como vía para construír un modelo máis xusto, sostible e centrado nas persoas.

Guía de conexión da Auditoría Social cos ODS

Este encontro enmárcase no peche do proxecto Recoñece a ESS, unha iniciativa que naceu co obxectivo de facer a Economía Social e Solidaria máis medible, visible e recoñecida, e que traballou para mellorar a coherencia interna das entidades mediante ferramentas como a Auditoría Social, conectar os principios da ESS cos ODS e reforzar a comunicación do seu valor transformador. Como continuidade deste proceso, REAS Galicia convida a participar nun encontro en liña aberto o martes 21 de abril ás 12.30h, no que se presentarán os resultados do proxecto e a Guía de conexión da Auditoría Social cos ODS, unha ferramenta práctica para avanzar na medición e comunicación do impacto.

Economía social y solidaria
Salarios axustados, liderado feminino e consumo responsable: o retrato da economía social galega
Unha auditoría social impulsada por REAS Galiza revela baixa desigualdade salarial, ampla presenza de mulleres en postos de responsabilidade e un compromiso xeneralizado coas finanzas éticas e o consumo responsable en 24 entidades do sector.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...