Ecología
A cosmética ecolóxica galega, unha industria que medra durante a crise da COVID-19

A pandemia mundial mudou a nosa apariencia e tapounos máis da metade do rostro co fin de previr e reducir o número de contaxios. Sen deixar de falar en termos de saúde, esta crise está a cambiar o mundo do coidado persoal e a maneira de pensar das consumidoras, que agora valoran máis os produtos artesanais e de proximidade.

Evolución comercio produtos cosméticos
Evolución do comercio ao por menor de produtos cosméticos no conxunto do Estado. Arte El Salto
15 jun 2020 06:15

A cosmética galega é quizais un dos poucos ámbitos que está a vivir un momento de leve crecemento coa crise do coronavirus. O uso intensivo de xeles hidroalcohólicos para as mans e das máscaras para o rostro expoñen máis do habitual a nosa pel, e facilita a aparición de futuros problemas relacionados con ela. A orixe natural dos produtos de cosmética galega permite ás súas produtoras recoller a materia prima na costa e no rural, sendo este as veces o único lugar do mundo onde medran certos ingredientes. 

A aposta pola elaboración de produtos de cosmética ecolóxica 100% galega é unha aposta arriscada polo seu grao de especialización, mais “lóxica e imprescindible sobretodo nestes momentos”, segundo apunta María, unha das cinco fundadoras da firma Muuhlloa, establecida na comarca da Ulloa (Lugo). A empresa, nada da unión de Granxa Maruxa e Milhulloa (cooperativa de recuperación de plantas autóctonas medicinais), sírvese das súas propias granxas e leiras á hora de elaborar as súas cremas e locións: “Nós somos unha empresa totalmente ecolóxica, entón canta menos pegada de carbono deixemos por traer as cousas dende lonxe, mellor. Galiza é un país que ten de todo”, constata. 

Galiza foi o sexto territorio que rexistrou máis vendas dos produtos adicados ao coidado e á hixiene persoal no conxunto do Estado no 2019

No ano 2019, o Estado español foi o noveno a nivel mundial con maior tasa de exportacións de produtos cosméticos, facturando 4.150 millóns. A nivel estatal, esta industria mostrou un incremento por cuarto ano consecutivo do 2%, acadando unha facturación de 6.954 millóns de euros. Parte desta responsabilidade recae na Galiza, que segundo a consultora de datos empresariais Insight View foi o sexto territorio que rexistrou máis vendas dos produtos adicados ao coidado e á hixiene persoal (6%), por detrás de Catalunya (20%), Madrid (17%), Andalucía (17%), Paìs Valencià (13%) e as Illas Canarias (6%). Mais a pesar dos datos —que a priori semellan bos— as produtoras galegas coinciden na falta de coñecemento á hora de manufacturar o seu produto: “Non sabemos vendelo e que chegue ao cliente final sen ter que vender a materia prima a outro sitio e que sexan eles quen lle saquen o valor engadido ao produto” asegura María, de Muuhlloa. Precisamente iso é o que algunhas creadoras están a cambiar.

AUMENTO DAS VENDAS E CAMBIOS NA PRODUCIÓN

O certo é que a raíz da crise do coronavirus, en Muuhlloa si que notaron un aumento na demanda da súa crema corporal —elaborada con leite de vaca e milenrama—, algo que atribúen á súa propiedade hidratante: “Despois de lavarte tantísimas veces as mans é importantísimo telas hidratadas; do contrario, poderiamos rematar con dermatites atópicas”, advirten. 

Na mesma liña fala Pablo Mansilla, un dos fundadores da empresa viguesa Acemelia, especializada na elaboración de aceites: “notamos un lixeiro incremento nas vendas, sobre todo do aceite de camelia. A xente ten a pel moi reseca polos xeles hidroalcohólicos e buscan hidratantes naturais”. O seu é un produto prácticamente único, pois Galiza é un dos poucos sitios onde se dá a camelia a nivel mundial polas súas condicións de terreo e clima. 

“A xente ten a pel moi reseca polos xeles hidroalcohólicos e buscan hidratantes naturais”, asegura Pablo Mansilla de Acemelia

Mais, pode a cosmética ecolóxica axudar a paliar os efectos nocivos que a pandemia poda ter en nós? Niso é no que están a traballar as expertas da elaboración destes produtos. Así o explica Carla Varela, cosmetóloga e experta en plantas medicinais da firma Naturavia, unha pequena empresa afincada en Ribadavia (Ourense): “A pel é o órgano máis extenso do corpo e vése moi afectado polos factores externos como a preocupación ou a falta de sono, que inflúen directamente sobre o estado da nosa pel, e os aceites corporais son concentrados de principios activos que calman e hidratan a pel”. A firma basea a elaboración dos seus produtos nas plantas medicinais que medran na Galiza, mais subliñan que “faltan cultivos, produtoras que traballen esta materia prima e empresas que logo a procesen”. 

O coronavirus non só está a fortalecer á industria da cosmética ecolóxica galega —á que aínda lle queda moito por medrar—, senón que tamén está a producir cambios na mesma e a dar significado a iso de ‘reinventarse ou morrer’. “Na actualidade estamos a modificar o desenvolvemento de novos produtos que tiñamos ‘no forno’ para poder adaptarnos ás novas necesidades”, asegura Lissette Anziani, responsable da firma vegana asentada en Tui (Pontevedra) Kóoch Green Cosmetics, quen tamén pon o foco de atención sobre o incremento de vendas dos produtos aplicados ás zonas do corpo que quedan visibles tras a máscara: “Agora o contorno de ollos é o produto favorito; é a única zona do noso rostro coa que podemos amosar todas as nosas expresións, e queremos coidala máis ca nunca”. 

ESTABILIDADE DE PREZOS E PEQUENO COMERCIO

Aínda que vivimos nunha sociedade de consumo onde a especulación está á orde do día, o incremento dos prezos non entra dentro dos plans destas produtoras. A cercanía e o acceso á materia prima no rural e na costa galega —se falamos das propiedades das algas, compoñente de moitas cremas— permiten a non dependencia dos mercados estranxeiros, tal e como subliña unha das socias de Muuhlloa: “Nós imos manter exactamente igual os prezos dos nosos produtos porque non dependemos de que ninguén nos venda nada dende China, Alemania ou Francia. Non queremos que un produto bo sexa só para quen teña un bo poder adquisitivo, senón que todo o mundo poda coidarse con cousas sanas e saudables”. 

A cercanía e o acceso á materia prima no rural e na costa galega permiten a non dependencia dos mercados estranxeiros

Pola súa parte, desde Acemelia van máis alá e introducen ao pequeno comercio na ecuación: “Non imos incrementar os prezos, de feito estamos facendo promocións con tendas locais para axudarlles a saír do bache no que están metidas. Empresas como a nosa teñen que apoiar ao comercio local e este é un momento clave. Se eles desaparecen, verémonos todos perxudicados”. 

Mentres que os ritmos de desescalada en diferentes territorios semellaba e semella ser unha dificultade á hora da venda do produto, a estabilidade nos prezos é unha ferramenta para loitar contra a incertidume que leva instaurada nas nosas vidas dende o 14 de marzo, cando se decretou o Estado de Alarma. Facer a cosmética ecolóxica accesible a todo o mundo é quizá o inicio dun gran cambio froito dunha época convulsa, tal e como consideran dende Kóoch Green Cosmetics e Naturavia, quen se atreve a facer unha pequena valoración sobre o hábito de consumo da cidadanía agora que pouco a pouco vemos a luz ao final do túnel, “a lectura que facemos é que moitas persoas cambiaron os supermercados por tendas de barrio”.

Quizais o bo momento que está a vivir esta industria en medio dunha pandemia —ao menos se a comparamos con outros sectores— atope a súa explicación na testemuña da Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética (Stanpa), pois dende a institución aseguran que o sector está tan diversificado que as épocas de incertidume, coma esta, prácticamente non inflúen. Non está de máis lembrar que o 86% das empresas que forman parte deste sector son pequenas e medianas empresas. O que está claro é  se se pode sacar algo positivo desta crise é o cambio nos hábitos de consumo da cidadanía e mesmo das firmas de cosmética ecolóxica galegas, que traballando a nosa terra están a coidar a biodiversidade e ofrécen un produto de cercanía para o noso coidado nestes tempos nos que o primeiro é velar pola nosa saúde.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Redes clientelares La empresa del cuñado de Feijóo obtuvo 200.000 euros en contratos a dedo de la Xunta mientras era presidente
La sociedad de telemarketing, Universal Support, se ha adjudicado 19,2 millones de euros más en licitaciones con la Consellería de Sanidade dedicadas al rastreo de casos de coronavirus durante la pandemia. Algunos de ellos, siendo la oferta más cara.
Opinión
Residencias No tenían por qué morir igual
El Gobierno de Isabel Díaz Ayuso permitió a las personas residentes con seguro privado asistir al hospital y negó la asistencia a las personas que carecían del mismo. Ayuso es el ejemplo de la iniquidad, del desprecio absoluto a los derechos humanos.
Política
Lawfare ¿Qué decisiones puede tomar Pedro Sánchez tras amagar con dimitir?
Tras el anuncio del presidente, se abren varias posibilidades que no se resolverán hasta el lunes: ¿Una moción de confianza? ¿La convocatoria de elecciones? ¿Un cambio de marco? ¿Dimitir y dar el salto a la presidencia del Consejo Europeo?
Medios de comunicación
Opinión ¿Y qué esperabas, Pedro?
Los gobiernos de derechas llevan años alimentando con dinero público a sus medios afines que esparcen bulos y manipulan sin que el Gobierno haya hecho nada para evitarlo.
Sanidad pública
Ribera Salud Hospital del Vinalopó: el último rehén de la privatización del PP valenciano
La vuelta del PP al gobierno valenciano ha supuesto un balón de oxígeno para la principal beneficiaria de la privatización sanitaria, que mantendrá la concesión de Elx-Crevillent a pesar del malestar social.
Portugal
Portugal Cuando los campesinos portugueses tomaron la tierra… y la contrarrevolución se la despojó a tiros
Tras el 25 de abril de 1974 una ola de ocupaciones agrícolas impulsó en Portugal una profunda reforma agraria que los gobiernos socialistas y conservadores tardarían más de una década en desmontar.
Portugal
Memoria histórica 50 años del 25 de abril: la reforma agraria
Cuando se cumple medio siglo de la Revolución de los Claveles este catedrático y corresponsal de prensa en Portugal entre 1974 y 1975 relata una de las caras menos conocidas de este proceso histórico: la reforma agraria.

Últimas

Derechos Humanos
Libertades y derechos Amnistía Internacional acusa al Estado de no investigar casos graves de violación de los derechos humanos
El informe anual de esta organización de derechos humanos denuncia “la persistente falta de rendición de cuentas por las violaciones de derechos humanos cometidas por el Estado español”.
Medio ambiente
Minas en Andalucía La sinrazón de los vertidos mineros al Guadalquivir
Se cumplen 26 años del vertido minero desde la Mina de Aznalcollar al Río Guadiamar en abril de 1998. Ahora, los nuevos proyectos de vertidos mineros desde las minas Cobre-Las Cruces y Aznalcóllar-Los Frailes vuelven a poner en peligro la zona al no haber tenido en cuenta las características del lugar.
El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Palestina
Palestina La Flotilla hacia Gaza anuncia un retraso de la salida de los barcos de ayuda
La organización refiere presiones internacionales para que no se lleve a cabo una misión que pretende entregar 5.500 toneladas de alimentos y productos de primera necesidad a la población atrapada en el territorio palestino.
Tratado de la Carta de la Energía
Tratados El Parlamento Europeo aprueba la salida del Tratado de la Carta de la Energía
Con una inmensa mayoría, la eurocámara vota la salida de un tratado que era incompatible con los objetivos climáticos y que España ya anunció que abandonaría.
Derecho a la vivienda
Derechos a la vivienda Catalunya se adelanta al Gobierno central y regula los alquileres de temporada y por habitaciones
El Banco de España recomienda en su informe anual “medidas restrictivas” para controlar los alquileres turísticos, de temporada y por habitaciones, convertidos en la vía predilecta de grandes y pequeños propietarios para eludir las legislaciones.

Recomendadas

Derechos reproductivos
Luciana Peker y Cristina Fallarás “El aborto se ha apartado del relato feminista porque genera consenso”
Las periodistas Cristina Fallarás y Luciana Peker forman parte del grupo motor de una campaña europea que quiere blindar el derecho al aborto mediante una iniciativa ciudadana que necesita un millón de firmas para llegar a ser debatida.
Música
Música Aprendiendo filosofía con el punk patatero de La Polla Records
Los cáusticos esputos lanzados por Evaristo en las canciones de La Polla Records contenían materia adecuada para hablar de filosofía política en el instituto. Así lo entiende el profesor Tomás García Azkonobieta, autor de ‘La filosofía es La Polla’.
Pensamiento
Kristen Ghodsee “Necesitamos soluciones que podamos llevar a cabo sin la ayuda del Estado”
Esta escritora y etnógrafa estadounidense explora experiencias utópicas del pasado y del presente en su último libro ‘Utopías cotidianas’ (Capitán Swing, 2024).