Personas con discapacidad
Unha guía para empoderar ás persoas con discapacidade: “Coa nova lei, pasamos de ser persoas mortas a vivas”

A federación Dano Cerebral Galicia busca axudar ás familias e as persoas con discapacidade a entender os cambios legais que implicou a nova lei 8/2021, publicando a “Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido”.
Carmucha e isma 1
Carmucha e Ismael na súa casa. Elena Martín
15 jul 2024 06:35

“Por onde empezo?”. Ismael Gómez ten moitas ganas de contar a súa historia. En 2007, hai 17 anos, tivo un ictus que o deixou con dano cerebral adquirido. Desde entón, loita polos dereitos das persoas con discapacidade e comparte a súa experiencia con toda persoa que poña interese en achegarse e escoitar.

“É que despois do ictus non me permitían nin divorciarme”, rememora Ismael. “Non podes opinar de nada cando te dan a discapacidade. O meu titor, que nese momento era o meu irmán, falaba por min. Convérteste nun mero trámite. Poden cambiarte por un debuxo e non se notaría a diferenza”, engade.

Ata o ano 2021, as persoas con discapacidade eran substituídas na toma de decisións polos seus titores ou titoras. A partir deste ano, coa Lei 8/2021 de 2 de xuño pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, múdase o sistema cara a outro baseado “no respecto á vontade e as preferencias da persoa quen, como regra xeral, será a encargada de tomar as súas propias decisións”, como reza o BOE desa mesma lei.

Coa intención de explicar este cambio e de axudar ás usuarias e familias a comprender a nova lei, a federación Dano Cerebral Galicia publicou unha “Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido”

Coa intención de explicar este cambio e de axudar ás usuarias e familias a comprender a nova lei, a federación Dano Cerebral Galicia publicou unha Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido que pretende explicar de xeito simple e visual esta nova lei “e outras normas de interese para o colectivo cunha óptica construtiva, positiva e, sobre outras cousas, útil e práctica”.

Un cambio de paradigma

“A Lei 8/2021 bebe do Convenio de Nova York do dereito das persoas con discapacidade do ano 2006. Ese convenio tiña moi bo espírito, moi boa intención, pero nunca chegou a aplicarse en serio no noso país”. Miguel Vieito é avogado experto en dereito antidiscriminatorio e unha das persoas encargadas de elaborar a guía que acaba de presentar Dano Cerebral Galicia para axudar as familias e usuarias a entender esta nova situación. Vieito explica que esta norma foi un “abonda xa” por parte das persoas con discapacidade e das expertas no tema.

“Se andabas cerca da discapacidade, atopábaste constantemente coa frustración de que o Convenio de Nova York nunca aplicaba, ou aplicaba moi poucas veces, ou ninguén apostaba certamente por el”, reflexiona Vieito. “Por iso, desde o punto de vista xurídico esta lei é un cambio de paradigma total que xa se tiña que ter feito antes. Para min, como xurista dentro do ámbito da discriminación, ou neste caso da discapacidade, foi un alivio. A sensación de que parece que por fin empeza a haber un cambio de verdade”.

Ismael Gómez, sentado no centro da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, ten claro que a el a lei devolveulle a vida. Hoxe está aquí acompañado por Carme Durán, Carmucha, a súa curmá que xa non é a súa titora legal senón a súa gardadora de feito. “Eu directamente pasei de ser unha persoa morta a unha viva”, sentenza varias veces antes de engadir que por fin sinte que se empeza a facer algo e non só queda todo en palabras.

Carmucha e isma 3
Ismael e Carmucha no exterior da casa dela. Elena Martín

A Lei 8/2021 foi definida no seu momento como ‘Tsunami xurídico’ polo que supuxo de revolución para a situación de moitas persoas con discapacidade adquirida. Para expertos como Miguel Vieto, isto se debe a que o epicentro da norma son os dereitos, valores e opinións das persoas. Xa non hai titores, senón figuras fácticas —gardadoras de feito—, que funcionan como funcionaban antes as sentenzas pero sen necesidade de ir ao xulgado.

“Quen vai ir ao xulgado? Os casos quizais un pouco máis dubidosos no que a persoa non poida expresarse, nos que non poidamos saber cal é a súa opinión, valor ou o preferencia”, explica Vieito. “Imaxina o caso dunha persoa cunha cunha demencia moi avanzada ou cunha patoloxía neurodexenerativa que está nun estadio que agora mesmo lle impide manifestarse. Pero a norma pretende que non se vaia ao xulgado a configurar un apoio”. É dicir, a norma entende que se unha persoa con discapacidade está ben, non debería ter necesidade de ir ao xulgado para todo.

—A Ismael non lle tardaron nada en facer o cambio en canto entrou a lei en vigor —explica Carmucha ao lado do seu curmán—. Agora non son titora senón gardadora de feito porque ti quixeches e tes máis autoridade para facer xestións, por exemplo no banco —engade mirando a Ismael.

—É que antes non podía quitar nin dez euros sen permiso. Tiña que pedirlle cartos aos meus pais ata para ir á piscina —responde este.

Esta lei, con todo, trouxo moitas dúbidas ás familias e persoas con discapacidade que, desde a Guía de Dano Cerebral Galicia, pretenden atallar para que non se lle teña medo a esta nova situación, e que xente como Ismael Gómez atribúen, nunha gran parte, ao descoñecemento.

“Personalízase cada sentenza para que desgrane con detalle para que cousas necesita a persoa apoio e para que cousas non. Xa non van poder ser xenéricas para todo. Isto é algo que se tiña que ter feito antes”, di Miguel Vieito

“De onde pode vir ese medo? Quizais de saber onde establecemos agora os límites para saber o que necesita esa persoa, porque o poder de decisión xa non o ten o titor”, reflexiona pola súa banda Mónica Serrano, traballadora social na Asociación Sarela. “Isto obriga a establecer ben os apoios. Pero, de calquera xeito, a lei intenta respectar e darlles dignidade ás persoas con discapacidade. E recoñece o seu dereito a tomar decisións e mesmo a equivocarse”.

A lei, como remata explicando Miguel Vieito, utiliza ademais a fórmula do ‘traxe a medida’, xa que pasa de pronunciamentos nos que se substitúe a persoa totalmente para todo, a pronunciamentos do estilo: no ámbito económico esta persoa será plenamente capaz para operar en cantidades inferiores a cincocentos euros, e para a superiores necesitará o apoio desta persoa. “É dicir, imos particularizar todo”, matiza Vieito. “Personalízase cada sentenza para que desgrane con detalle para que cousas necesita a persoa apoio e para que cousas non. Xa non van poder ser xenéricas para todo. Isto é algo que se tiña que ter feito antes. Porque hai tendencia a meter a todas as persoas con discapacidade no mesmo saco e cada persoa ten a súa propia realidade”.

Unha guía para axudar a entender a nova lexislación

Aínda que hai xa case tres anos da aparición desta lei, para Dano Cerebral Galicia e as asociacións de dano cerebral este é un tempo moi curto e hai moitas persoas que aínda non son conscientes da súa existencia. Por esa razón, a Federación decidiu elaborar esta guía que se publicou en marzo deste mesmo ano.

“Malia que esta lei entrou en vigor no 2021, aínda non fixo plenitude de efectos”, comenta Miguel Vieito. “É dicir, hai cousas desta norma que aínda están pendentes. Por exemplo, unha das cousas que di a norma é que tódalas sentenzas de de apoio ou de titoría téñense que revisar antes de setembro do 2024, e isto aínda non fixo plenitude”.

Guia discapacidade
Presentación da guía legal en ADACECO, A Coruña (Imaxe: Dano Cerebral Galicia)

Vieito explica tamén que a Lei 8/21 se utilizou como ‘escusa’ para facer a guía que ten unha parte de contidos sobre esta mesma lei, pero tamén outros que son transversais á discapacidade ou abordan materiais que non están directamente tocados por esta lei. “Se ti non te dedicas ao mundo xurídico, é posible que che pase desapercibida a entrada en vigor dunha norma. E aínda temos a día de hoxe persoas que non se sabe que se vai revisar a súa sentenza. Aí é onde queremos estar nós”.

Mónica Serrano coincide en que tres anos nunha lei non son suficientes para xerar concienciación social e tamén en que esta guía nace para acompañar e dar información ás familias. “Nalgúns casos, algunhas persoas aínda non iniciaron os trámites para a revisión da súa situación e terían que facelo para non quedarse atrás”, reflexiona a traballadora social. “Exacto”, coincide Vieto. “Dano Cerebral Galicia chegou á conclusión que se non levamos a norma para adiante entre todas, non vai saír. E ninguén gaña se esta normal non vai”.

“Desde logo a lei é un cambio fundamental, pero non teño dúbida de que esta guía é un dos maiores esforzos que se fixeron na Galiza para divulgar sobre o contido dunha norma”, asegura Vieito

Isto é o que levou a Dano Cerebral Galicia a pensar en xeitos de facilitar a que as familias e as usuarias comprendan mellor esta lei que, en palabras de Vieito, “é un paso decisivo e revolucionario”. “Desde logo a lei é un cambio fundamental, pero non teño dúbida de que esta guía é un dos maiores esforzos que se fixeron na Galiza para divulgar sobre o contido dunha norma”, asegura. “Ata onde eu usei, é a primeira guía que se fai destas características en galego, e ademais feita no país. Necesitamos moitos máis actos coma esta guía”.

Para as expertas, é fundamental que a lei se divulgue, se coñeza e que se fale de discriminación. “Porque o que non se coñece non ten nome, e o que non ten nome, non existe”, lembra Vieito. E, se a norma non chega de ningunha maneira ás persoas usuarias, non van saber a que teñen dereito e a que non. Esta guía busca, polo tanto, apoderar á cidadanía sobre esta realidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Gasto militar
Gobierno de coalición PSOE y UP chocan por la reforma fiscal y el gasto militar
El Gobierno aplaza la reforma fiscal contra los más ricos y prevé aumentar en un 10% el gasto militar, dos medidas a las que se opone Unidas Podemos.
Gasto social
Producto Interior Bruto (PIB) España supera la media europea en gasto policial mientras sigue a la cola en políticas familiares
Aunque la inversión en protección social durante el año 2020 estuvo en consonancia con la media europea, algunos de los índices del Producto Interior Bruto (PIB) de nuestro país destacan por su notable diferencia con respecto al resto de países.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.
Estados Unidos
Estados Unidos “No Kings”: más de 2.000 manifestaciones en EEUU para protestar contra la deriva autoritaria de Trump
Con el nombre de movimiento No Kings (sin reyes), millones de personas están convocadas a manifestarse en todo el país este sábado y enfrentar el desfile militar organizado por Trump el día de su 79 cumpleaños.

Últimas

Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Palestina
Marcha a Gaza Poner el cuerpo contra el genocidio
Miles de activistas de todo el mundo participan en la Marcha a Gaza desde Egipto. Desde el movimiento solidario extremeño con Palestina, una reflexión acerca de la importancia de esta lucha y de su momento histórico.
La madeja
La Madeja Oído/lengua/vientre
El oído que deja de prestar atención a la palabra del amo y se vuelve, inclinado ligeramente hacia abajo, a las que durante siglos callaron y al fin abandonaron la mudez, no será nunca subyugado.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un centro de salud desbordado y con cucarachas y otro pendiente de construir desde hace 22 años
Los vecinos del barrio de Comillas, en Carabanchel Bajo, se han manifestado para reclamar el nuevo centro de salud planificado desde 2003 y cuya parcela ya fue cedida por el Ayuntamiento a la CAM, que no da explicaciones por la paralización.
Centrales nucleares
Cierre de Almaraz Las empresas propietarias de Almaraz no acuerdan una propuesta conjunta para alargar la vida de la central
Solo Iberdrola y Endesa firman la propuesta de alargar la vida de Almaraz trasladada al MITECO. Naturgy se descuelga de la misma y bloquea su viabilidad, al estar la central explotada por las tres energéticas en un régimen de comunidad de bienes.
Más noticias
Israel
Oriente Próximo Israel mata al comandante de la Guardia Revolucionaria de Irán, que prepara “una respuesta contundente”
Israel ha atacado Irán en la madrugada del viernes 13 de junio con bombardeos de unos 200 aviones de combate. La Guardia Revolucionaria iraní ha confirmado la muerte de su comandante, el general Hossein Salamí.

Recomendadas

Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.
Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.