La Liga, Movistar Plus+ ou Dazn manteñen acordos cunha empresa fundada e financiada por exsoldados israelís

A tecnoloxía da empresa israelí WSC Sports tamén fai parte da estratexia dixital da Kings League, da Liga Endesa e de clubs como o FC Barcelona, o Atlético de Madrid ou o Saski Baskonia.
18 sep 2025 05:30

No Estado de Israel, o servizo militar é obrigatorio para a gran maioría de cidadáns. Moitos deles aplican os coñecementos e a experiencia laboral adquiridos no exército para desenvolver aplicacións civís, como fixeron os creadores de WSC ao desenvolver unha tecnoloxía de análise de vídeo deportivo. Daniel Shichman e Aviv Arnon, dous dos fundadores, viñan de formarse e traballar durante anos no exército israelí. Agora, os seus servizos son vendidos a organizacións e empresas como La Liga, Movistar Plus, Dazn, Kings League e clubs como o FC Barcelona, o Atlético de Madrid ou o Saski Baskonia.

O CEO, Shichman, foi project manager nunha unidade de elite das IDF e traballou, segundo el mesmo relatou para o Jewish Journal, na “transmisión e o ancho de banda da Cúpula de Ferro (un sistema móbil de defensa aérea israelí)”. Arnon, cofundador, participou na “construción de sistemas de interrogatorio de vídeo e análise de vídeo aéreo”. Os inicios foron complicados, xa que non tiñan experiencia deportiva e, como recoñecía Arnon no mesmo diario: “Só eramos soldados do exército”. Agora, son exitosos emprendedores dunha start-up que conta con grandes clientes en todo o mundo, tamén no Estado español, e foi posible grazas ao financiamento do establishment sionista.

O que comezou como unha tecnoloxía de scouting derivou nunha ferramenta que, a través da análise de vídeo, análise de voz, recoñecento de persoas e intelixencia artificial, xera automáticamente contido audiovisual para redes sociais. A tecnoloxía identifica a cada xogador, converte en datos cada acción do xogo e permite, por exemplo, que os resumos dos partidos da Liga Endesa sexan publicados en cuestión de segundos. A innovación resulta tan útil que a NBA, La Liga, Euroliga ou ACB e non poucos clubes deportivos, baseen parte da súa estratexia dixital nesta ferramenta. Tamén, desde 2025, a Kings League de Piqué e Ibai, que utiliza as ferramentas de WSC para “producir contido optimizado para redes sociais”.

No caso de La Liga, desde 2022 xera con esta ferramenta máis de 260.000 contidos ao ano que foron publicados na web, app e redes sociais das súas competicións. Ademais, neste tempo produciron videos conxuntos nos que WSC e La Liga ensalzan o acordo. Non existe máis información pública, xa que La Liga explica na súa web que as relacións cos seus proveedores “enmárcanse no ámbito dereito privado” e “están suxeitas a obrigas de confidencialidade”.

Con todo, o baloncesto foi o deporte co que comezou o camiño de WSC. Hy Gal, outro dos fundadores de WSC, foi scout para a selección israelí e do Maccabi Tel Aviv. Cómpre lembrar que tanto a Euroliga, máxima competición europea, como a FIBA, a Federación Internacional, coinciden en ser clientes de WSC, en ter expulsado aos equipos rusos das súas competicións e en manter sen ningún problema aos israelís, coma o Maccabi ou Hapoel Holon.

No Estado español, WSC asinou en 2020 un acordo coa Asociación de Clubes de Baloncesto que estivo vixente, cando menos, ata o 31 de agosto de 2025. A colaboración permitía aos clubes empregar unha versión gratuita do software. Ademais, a Liga Endesa organizou encontros da empresa israelí e dos responsables de comunicación dos clubes para dar a coñecer e comercializar os seus servizos. Fútbol Club Barcelona e Saski Baskonia, entre outros, obtiveron licenzas deste software israelí.

Ademais, outras plataformas tan populares como Dazn ou Movistar Plus+ manteñen acordos con WSC. Con todo, a maior fonte de ingresos da empresa foron as inxeccións de capital risco celebradas no estado colonial de Israel, e que permiten que grandes inversores apoien o lanzamento e consolidación de start-ups.

O máximo inversor de WSC é o fondo de investimento ION Crossover Parners, que en 2022 achegou 100 millóns de dólares á empresa, ademais de incorporar a Gilad Shany, CEO de ION, ao consello de administración de WSC. Gilad Shany, ademais, traballou durante 14 anos como piloto de F-16 e foi comandante da Forza Aérea do exército, chegando a ser Xefe da Defensa Aérea de Israel en 2007 e 2008, segundo describe a súa biografía neste documento do grupo ION.

Anteriormente, en 2019, nunha convocatoria para captar investimento para empresas en fase de consolidación, WSC contou con 23 millóns de dólares de OG Tech Ventures. Este fondo de investimento pertence á familia Ofer, unha das máis influintes do estado sionista e propietaria da xigante navieira Zodiac. Sammy Ofer, magnate nacido en Rumanía e falecido en 2011, foi lembrado por Netanyahu como “un sionista de verdade” e traballou nas IDF en 1948, ano da Nakba. Ademais, o nome do seu herdeiro e fundador de OG Tech, Eyal Ofer, foi filtrado en 2010 como posible donante do Likud na campaña de 2007 e aparece nos Pandora Papers por ter un fondo secreto nas Illas Caimán.

Ademais de participar no financiamento de WSC Sports, a familia Ofer tamén ten investimentos no deporte español. Idan Ofer -irmán de Eyal- é propietario do holding Quantum Pacific, que mercou recentemente o 43% de Abarca, empresa que xestiona o equipo ciclista Movistar Team e que tamén participou na última edición de La Vuelta España. O holding da familia Ofer tamén posee ao redor dun tercio das accións do Atlético de Madrid, outro club que colabora con WSC.

O caso de WSC Sports é un exemplo máis da transferencia de coñecemento tecnolóxico militar israelí a aplicacións civís. O inxente financiamento exterior co que conta a defensa do estado colonial permite un ecosistema propicio para a creación de empresas como Waze, Wix ou WSC. Tanto é así que este Estado ten o maior número de start-ups tecnolóxicas per cápita, fomentado por organismos estatais como a IIA (Autoridade de Innovación de Israel) e por numerosas convocatorias específicas para os ex militares das IDF que queren emprender.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...