High Paw
A cantante galega High Paw. Foto: Diego Barrientos.

O cooperativismo e a xestión comunal do monte danse a man nun microfestival en Gondomar

A cooperativa A Casa das Redes e a comunidade de montes de Couso organizan, esta fin de semana, Festa Raxada, no campo de fútbol Alto de San Antoniño, con máis de quince actuacións en directo e actividades para tódolos públicos.
12 jun 2026 12:27

Festa Raxada celébrase este fin de semana en Couso, no Concello de Gondomar. Detrás da iniciativa está a Sociedade Cooperativa Galega A Casa das Redes, que xunto á comunidade de montes local impulsa un microfestival arraigado no territorio: música en directo, actividades escénicas, talleres, rutas e espazos de encontro, todo nun entorno rural ao aire libre.

A aposta é clara dende o principio: un festival feito dende o cooperativismo e para a comunidade. Non é un evento chegado de fóra, senón construído dende dentro, coa veciñanza e co respecto á contorna como protagonistas. “A cultura constrúese dende o común, o coidado e a diversidade”, sinala a organización, que entende a música e as artes como ferramentas para tecer redes e habitar o territorio con respecto e sensibilidade.

A programación musical arrinca este venres 12 de xuño ás 20.30h con Os Pataghullos e prolóngase até as catro da madrugada con The Gotxos Party, pasando por Antimums, High Paw e Seitura. O sábado trae seis actuacións principais, con Mercedes Peón abrindo a tarde ás 19:00, seguida de Brassica Rapa, Neta Ruffina, Sun Iou, Xente Tóxica e DJ Rapante. Entre concerto e concerto, os DJs Quinito, Kimera e MDS manterán o ambiente nas zonas habilitadas. O domingo, con ton máis tranquilo, pecha o festival cos Gaiteiros de Couso, Geles Alva e Baiona Bay.

O recinto principal é o campo de fútbol Alto de San Antoniño, que acolle os concertos, as barras e os espazos de encontro. O Bosque da Lingua servirá de escenario para actuacións de menor formato, e a Casa Veciñal de Couso abrirá o domingo para a sesión vermú. A piscina completa o mapa de espazos, con zona de ocio e aparcamento para caravanas e furgonetas.

Ao longo do sábado e o domingo haberá tamén feira artesá, rutas de sendeirismo, Teatro do Ar, Cabaret Drag, xantar popular e obradoiros infantís. A organización anuncia ademais a gravación dun podcast en directo con participación de algunhas bandas do cartel.

Como festival feminista, Festa Raxada conta cun Punto Lila e unha Brigada de Coidados, coordinados pola cooperativa Alalá, para velar polo benestar de todas as persoas asistentes e previr situacións de violencia. Tamén haberá un espazo de maquillaxe e expresión estética.

A autogestión está presente en todo o evento: barra autoxestionada con comida e supermercado cooperativo “Ultramarinos Josefa”, instalado no antigo Colmenar da Subiada. A produción técnica corre a cargo de Enrique (Goyplason) e Gustavo.

A programación destacada:

  • Venres 12: Os Pataghullos, Antimums, High Paw, Seitura, The Gotxos Party
  • Sábado 13: Mercedes Peón, Brassica Rapa, Neta Ruffina, Sun Iou, Xente Tóxica, DJ Rapante
  • Domingo 14: Gaiteiros de Couso, Geles Alva, Baiona Bay
Culturas
Música galega comprometida: 18 artistas con mensaxe para combater os tempos revoltos
Músicas que loitan contra a desigualdade, dan voz a quen non a ten e denuncian inxustizas tanto propias como alleas.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...