Ciclismo
Classics Wars: A Guerra das Clásicas

CAPÍTULO 1. Hai moito tempo, nunha galaxia lonxana, moi lonxana... Hai itinerarios sagrados no mundo do ciclismo. Son poucos. A maioría de percorridos terminan sucumbindo co paso do tempo, modernizando e reasfaltando os seus quilómetros. Perdendo a súa esencia. Hai algúns que, sen embargo, seguen fieis á súa orixe e conservan o encanto de épocas anteriores. Son os monumentos do ciclismo, pola súa orde no calendario ciclista actual: Milano-Sanremo, De Ronde Van Vlaanderen, Paris-Roubaix, Liège-Bastogne-Liège e Giro di Lombardia.

Clásicas ciclismo 1
Fausto Coppi nunha imaxe de arquivo.
16 abr 2019 12:00

O terceiro sábado de marzo é o inicio da primavera e a apertura das grandes clásicas ciclistas que comezarán coa Classicissima, a Primavera, a Milano-Sanremo. A dureza desta proba baséase nos seus 290 quilómetros que fan que as poucas cotas finais resulten máis intensas, frenéticas, incluso eléctricas, aínda que a resolución acostuma ser nun sprint masivo. 

Mais non sempre é un pelotón numeroso o que disputa a vitoria nunha chegada masiva. Como no ano 1946, primeira edición disputada despois da II Guerra Mundial; na que Fausto Coppi sacou, por uns intres e metafóricamente, a Italia da posguerra. Aquel día a carreira saía dunha Milán gris, cidade devastada polos bombardeos da recente contenda bélica e con milleiros de persoas durmindo nas rúas, para chegar á luminosa e soleada San Remo. Aos poucos quilómetros percorridos, co pelotón aínda en Lombardía, Fausto Coppi atacou e saltou do gran grupo. Non o volveron ver. Cando saltou do pelotón Fausto Coppi, a banda sonora orixinal era A Cabalgata das Walkirias de Wagner. Perto de 150 quilómetros despois. Co mar e o ceo, case celestes, de fondo. Comenzaban a sonar os primeiros acordes do Brindisi da Traviatta de Verdi. E unhas palabras para a mamma nas primeiras declaracións radiofónicas.

Aos poucos quilómetros percorridos, co pelotón aínda en Lombardía, Fausto Coppi atacou e saltou do gran grupo. Non o volveron ver.
Na Paris-Roubaix de 1949 Coppi foi tamén protagonista, mellor dito actor secundario. Coñecida como O Inferno do Norte; a dureza, o frío e o empedrado de lastras fan da Roubaix unha das carreiras máis duras do calendario ciclista. Paradóxicamente nas primeiras edicións as lastras non eran o atractivo principal da carreira. As súas longas rectas de terra deixaban nun segundo plano os tramos de lastras. Trala Gran Guerra, a proba retomaría en 1919, recibindo o sobrenome do Inferno do Norte. Non pola súa dureza e dificultade, senón polo estado do escenario. Quilómetros e quilómetros de trincheiras e cráteres provocados polas bombas, e por aí pasaba a Paris-Roubaix de 1919. Pero esa é outra historia, volvamos a edición de de 1949.

A Roubaix de 1949 agardaba un enfrontamento man a man entre Rik Van Steenbergen, gañador o ano anterior; e Fausto Coppi, debutante. 217 corredores comezaron a carreira. Rápidamente, o ritmo da carreira provocou que o pelotón quedase fracturado en mil pedazos. A falta de 26 quilómetros do final; cando Jesús Moujica, Florient Matthieu, Frans Leenen e André Mahé marcharon na procura da vitoria no Velódromo de Roubaix. Moujica e Florient Matthieu viron como as súas opcións de triunfo desaparecian ao caer no chan. Semellaba que a vitoria estaría entre Frans Leenen e André Mahé, pero.
Mahé acabaría gañando ao sprint a Leenen, e o francés daría a volta de honra ao Velódromo. Detrás un grupo no que gañou o sprint Serse Coppi, irmán de Fausto Coppi. E aquí comezou o lío.
Cando Leenen e Mahé foron entrar no Velódromo de Roubaix, onde normalmente está a meta, un oficial de policía indicoulles erróneamente e entraron ao Velódromo pola porta da sala de prensa. Mahé acabaría gañando ao sprint a Leenen, e o francés daría a volta de honra ao Velódromo. Detrás, uns intres despois, chegou un grupo no que gañou o sprint Serse Coppi, irmán de Fausto Coppi. E aquí comezou o lío. De primeiras a organización nomeou a Mahé como gañador da Roubaix. Cousa que non gustou a Fausto Coppi, xa unha estrela mundial, que premeu á Federación Italiana para que puxese unha reclamación. Reclamación que foi aceptada, Mahé foi descalificado e Serse Coppi declarado como gañador. A Federación Francesa de Ciclismo, contrariada pola decisión, puxo outra reclamación que devolveu a vitoria a Mahé. E claro, a Federación Italiana decidiu poñer outra reclamación. A solución? Se hoxe en día un olla o palmarés da Paris-Roubaix de 1949 pode ver que ten dous gañadores declarados: André Mahé e Serse Coppi. A Paris-Roubaix de 1949 , a edición máis disputada da historia. Eso si, nos despachos.

Fiorenzo Magni

Os anos corenta e cincuenta son identificados no ciclismo italiano coa dualidade Coppi-Bartali. Pero a época dourada deste deporte na bota itálica tamén fala dun “terceiro home” chamado Fiorenzo Magni. Il terzo uomo, o da vida vergoñante, o pasado turbio e a imaxe sen glamour. Pero quen foi Fiorenzo Magni? O 24 de febreiro de 1947 era un home declarado non culpábel por un tribunal de Florencia por delitos de sangue. E Magni gustaba do negro, sobre todo cando era a cor dunha camisa. Camisas negras, símbolo das forzas paramilitares de Mussolini.

En outubro de 1943, Italia estaba dividida en dous trala intervención aliada en Sicilia e a proclamación da República Social Italiana no norte do país. Ese foi o punto de partida de multitude de enfrontamentos entre paramilitares fascistas e partisanos. Un deses choques é coñecido como a “Masacre de Valibona”, onde un grupo de partisanos dirixidos por Laciotto Ballerini e o inglés Stuart Hood foron sorprendidos por cincuenta fascistas armados o 3 de xaneiro de 1944. Tres partisanos caeron mortos en Valibona, e outros cinco foron capturados e torturados de xeito horríbel.
Ciclismo
Shalom e amore infinitos: Gino Bartali
Gino Bartali competiu durante 20 anos, entre as décadas dos 30, 40 e 50. Morreu sen que ninguén soubese nada dos 800 xudeus que axudou a salvar.

E aí, vestido de negro, estaba Fiorenzo Magni. Ou, polo menos, eso dicía a viúva de Ballerini cando testemuñou. Con estos datos Magni foi un dos 24 fascistas acusados pola Masacre de Valibona. No xuízo o tribunal declarou a Magni non culpábel por falta de probas, pero nos ollos da sociedade italiana foi un dos pistoleiros da Masacre de Valibona. E cargou na súa mochila coa condena popular durante toda a vida. Ata que en 2010 foron desclasificados documentos oficiais, pero esa é outra historia.

Porque Magni foi, por riba de todo, ciclista. Ciclista no mesmo espazo e tempo que Bartali e Coppi, Coppi e Bartali. Foi ciclista cando só existía espazo para dous. E foi un ciclista do sufrimento. Cando todo semellaba perdido, cando as condicións eran máis adversas, sacaba forzas e seguía adiante. Como no Giro de 1956, onde Magni rompeu a clavícula nunha caída. Contrario ao abandono, levou o manillar collido literalmente coa boca para poder guiar a bicicleta mentres aguantaba a dor. En Milán, para sorpresa de todos, foi segundo na clasificación xeral. Fiorenzo era do club dos do canto peor, mellor. Un flandrien nacido en Italia. Quizais por eso gañou tres veces seguidas De Ronde Van Vlaanderen (1949, 1950 e 1951). O León de Flandes, ese tamén foi Magni.
Clásicas ciclismo 2
Fiorenzo Magni no Giro de 1956

O 31 de marzo de 1951 Magni, gañador das dúas últimas edicións era o único favorito ou aspirante a gañar De Ronde Van Vlaanderen. Asumiu o reto, e desde o inicio comezou a batalla. No avituallamento de Sottenghen púxose a fronte e deixou o grupo moi reducido. Redolfi e Petrucci foron os únicos corredores que puideron permanecer perto de Magni. Ata que o ritmo e o xélido ambiente produciron desgaste. Magni, sen cadea, sumaría a súa terceira vitoria en De Ronde con vantaxes de lenda de cinco minutos sobre Redolfi e o dobre sobre Petrucci.

De Ronde, a Volta ou o Tour, como é coñecida en Flandes De Ronde Van Vlaanderen; o mito que percorre Flandes cada mes de abril e supón unha festa de reafirmación identitaria. No resto de Europa chamámola o Tour de Flandes; pero eso, chamala en francés, é sacrilexio para os flamencos. O ciclismo é, en Flandes, o deporte nacional. Para un flamenco gañar De Ronde é o máximo, imaxinen varias. Máis de 250 quilómetros antes de chegar a Oudenaarde. E polo medio muros, lastras, frío, neve. Porque se hai algo que caracteriza De Ronde son os muros lastrados, esos bergs de pendentes prohibidas recubertos con laxas, os propios flamencos chaman a estas pedras kinderkopje (literalmente cabezas de nenos) a causa do seu tacto irregular. E paixón, moita paixón, a dun pobo (o flamenco) que é máis que un pobo para o mundo do ciclismo. A carreira máis importante para os flamencos. Xente a moreas, cervexas e berros. De Ronde.

É posíbel que Valonia non goce do glamour ciclista de Flandes. Pero ten un pobo, o valón, que enche as cunetas durante toda a ruta. 
Se De Ronde en Bélxica é pronunciada en neerlandés; as Ardenas é pronunciado en francés, pois percorren Valonia, a metade francófona de Bélxica. As Ardenas son un territorio duro, áspero. Os seus invernos resultan xélidos. Un terreo quebrado, salpementado con pequenas subidas que non sobrepasan os 500 metros de altura. É posíbel que Valonia non goce do glamour ciclista de Flandes. Pero ten un pobo, o valón, que enche as cunetas durante toda a ruta. E ademais, nas Ardenas, dispútase a decana das clásicas: a Liège-Bastogne-Liège, a Doyenne. A Liège normalmente ten unha lonxitude duns 260 quilómetros onde as cotas e o tempo impredecíbel fan máis dura a Doyenne. Nos últimos 35 quilómetros hai unha decena de outeiros, aí, acontece a resolución da carreira normalmente. A primeira proba ciclista, a Doyenne, surxida (en 1892) cando o ciclismo nin sequera existía como deporte. 

Situada quince días antes do comezo do Giro de Italia, a Doyenne, a Liège-Bastogne-Liège pecha o calendario de clásicas na primavera. Pero no final do calendario ciclista, uns días despois de disputar o Mundial en ruta, celébrase o último monumento: a Clásica das Follas Mortas, o Giro de Lombardia. Nos seus inicios Lombardía era disputada nos primeiros días de novembro, pero desde 1920 ata a actualidade é disputada os últimos días de outubro. Con moitas mudas no seu percorrido en multitude de ocasións, o quilometraxe sempre estivo por riba dos 240 quilómetros. A ruta de Lombardía, chea de cotas, ten na ascensión á Madonna di Ghisallo o seu momento decisivo. Na actualidade no comezo da subida hai dúas estatuas: na dereita Gino Bartali e na esquerda, como non, Fausto Coppi.

Giro di Lomambardia 1956

No ano 1956 Fausto Coppi era unha sombra do que fora poucos anos antes. Sen pertencer xa ao equipo Bianchi. Il Campeonissimo quería gañar por última vez o Giro di Lombardia, o monumento da súa terra, a carreira que xa tiña cinco veces no seu palmarés. O 21 de outubro de 1956, na ermida dos ciclistas, na Madonna di Ghisallo, atacou Rochini e Coppi foi á súa roda. Detrás, no grupo, houbo un parón que provocou a chegada de corredores que estaban retrasados, entre eles André Darrigade, compañeiro de Ronchini. Aos poucos quilómetros Coppi tiraba só, un uomo solo al comando; Ronchini non relevaba, obedecía ordes de equipo. E Coppi voaba cara o Velódromo Vigorelli, o mítico recinto milanés que antes era o fin da Clásica das Follas Mortas. Cando os fuxidos levaban algo máis dun minuto de vantaxe a organización da carreira decidiu deixar pasar aos coches dos escapados. Na parte traseira do coche do equipo de Coppi viaxaba a “Dama Bianca”, que era o sobrenome co que coñecía toda Italia a Giulia Ochini, amante de Fausto, que chegou a entrar no cárcere polas denuncias do seu anterior marido, o Doutor Locatelli. Ben, cando o coche rebasou ao grupo; Giulia, desde dentro do coche, berroulle a Fiorenzo: “Fausto è il piu grande” seguido dun insulto para o toscano Magni.

E a partir de aí a carreira mudou. Fiorenzo comezou a tirar con todo, non lle importaba a vitoria, quería cazar a Coppi aínda que os outros despois gañasen no sprint. Os esforzos de Magni na fronte do grupo deron os seus froitos e a falta de doce quilómetros do final, cando Coppi decidiu gardar forzas, colleron aos fuxidos. Sen ataques nos últimos quilómetros, 18 corredores entraron no Velódromo Vigorelli. Fausto Coppi lanzou o sprint cando restaban 200 metros, adiantou pola dereita a Magni, pero atopou a un André Darrigade que lle pasou nos metros finais e que lle gañou por media roda de vantaxe. Perdera, Fausto Coppi, o home que gañara en cinco ocasións esa mesma carreira, perdera. Darrigade roubaralle a última oportunidade de gañar nunha gran proba. E Coppi derrubouse, non puido conter as bágoas e comezou a chorar. Fiorenzo Magni, terceiro, non puido evitar amosar un sorriso no podio ao ver a Il Campeonissimo segundo chorando.
Clásicas ciclismo 3
Chegada a meta na Lombardía de 1956

En decembro de 1959, Fausto Coppi, Raphaël Gémiani, Jacques Anquetil e outros corredores foron invitados a un critérium en Ouagadougou, actual capital de Burkina Faso. A exibición foi parte das celebracións polo cabodano da independencia da nación africana e foi seguida por un safari organizado para os corredores convidados. É probábel que durante este safari, por mor da picadura dun mosquito, Fausto Coppi e Raphaël Gémiani colleran malaria. Os médicos franceses puideron diagnosticar a malaria a tempo, trataron con éxito ao campeón francés e Gémiani foi quen de salvarse. Pola contra, a Fausto Coppi os médicos italianos diagnosticáronlle só unha forte influenza. O 27 de decembro o estado de Fausto empeorou. O 1 de xaneiro, a situación era tan grave que levou a ingresar a Coppi no hospital de Tortona, xa non saiu con vida. O 2 de xaneiro, despois dunha noite agónica, Fausto Coppi morreu, interrumpida a súa vida pola malaria que os médicos non conseguiran diagnosticar. Dous días despois, en Castellania, case cincuenta mil persoas, amigos e inimigos, entre eles Gino Bartali e Fiorenzo Magni, despediron a Il Campeonissimo. E con el, quizais, tamén estivesen despedindo á belle époque do ciclismo italiano.

Continuará...

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Madrid
Movimiento republicano Miles de personas claman en Madrid contra la monarquía y por la República
En el 11 aniversario de la proclamación de Felipe VI, una marcha unitaria reclama que este reinado sea el último de España.
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Rap
Rap Los Chikos del Maíz: “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en la que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
La vida y ya
La vida y ya Un rato de cada lunes
Pero, lo más coincidente ha sido, expresado de distintas maneras, su agradecimiento hacia ese lugar. Su lugar elegido.

Últimas

Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De océanos y detenciones
VV.AA.
La acidificación del agua marina supera sus límites mientras Israel aborda la Flotilla por la Libertad.
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Más noticias
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.

Recomendadas

Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.