ULA Libraría Social, o social da man da literatura

Maitane Vicente lidera un proxecto social que aposta pola creación de comunidade ao redor dos libros
10 sep 2025 09:55

Logo dun breve descanso no verán, A Catapulta, o programa que dirixe e conduce Samuel L. París, retomou as súas emisións coa visita de Maitane Vicente, da ULA Libraría Social. O seu é un proxecto que une o social e a literatura, nunha singular e fermosa iniciativa na Serra de Outes.

Durante a conversa tratáronse cuestións como a aventura de abrir unha libraría, a recepción da comunidade e como esta é partícipe e axente da actividade do proxecto ou sobre un verán de feira en feira do libro. Tamén se falou sobre o evento Afinidades Electivas que terá lugar o 12 de setembro na libraría e que contará coa presenza da poeta catalá Mireia Calafell e do propio Samuel L. París.

Como sempre, este episodio do programa tamén se pode escoitar en formato podcast.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...