A Catapulta
O poeta Daniel Landesa, protagonista no oitavo episodio de A Catapulta
A Catapulta, o programa sobre poesía do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, recibiu a visita do poeta e escritor Daniel Landesa o pasado luns 13 de novembro. Landesa leva toda a súa vida vencellado a proxectos creativos e literarios, tanto individuais como colectivos. É un dos fundadores do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate A hostia en verso, da Poxa de poetas e do exercicio de escrita en directo O seu poema, grazas. Ten publicado poesía e narrativa e este mesmo mes sae á luz o libro Caramomia, escrito a oito mans canda Ledicia Costas, María lado e Miguel López El Hematocrítico.
No programa A Catapulta, ademais de coñecer máis en profundida o labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. Pódese seguir en directo nas canles de Twitch e Youtube de El Salto. Posteriormente quedará dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está en formato podcast a través da web do Salto.
Está conducido polo poeta Samuel L. París. Ata a data contou coas visitas de Nuria Vil; Lúa Mosquetera; X.M. Xespi; Bratzantifa; Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Edicións Malafera; Lupe Blanco e mais Diego Horschovski.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!