A Catapulta
A poesía e o entusiasmo como unha constante
Desde a publicación do seu primeiro poemario en 2009, Rosalía F. Rial non se detivo. A autora conta cunha dilatada e variada obra poética, un libro de relatos, premiadas obras de teatro, ensaios que combinan a súa vocación didáctica co seu fervor creativo e numerosas videocreacións e accións performativas. Por se fose pouco, tamén desenvolve a súa faceta musical na banda Chicharrón, aínda que, como ela afirma, en todo o feito ao longo da súa carreira “o poético sempre estivo por riba de todo”.
O programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París recibe a escritora muxiá para revisar a súa obra, conversar sobre os seus métodos de traballo e reflexionar sobre a súa rizomática visión do mundo da creación.
Todos os episodios do programa poden escoitarse en Ivoox e Spotify en formato podcast.
A Catapulta volverá con novas conversas ao redor da poesía e da creación literaria en 2025.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!