We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
Grande Amore: desde dentro e a través da escuridade
No medio dunha xira intensa, Nuno Pico (Grande Amore) detívose a compartir como constrúe as súas cancións desde dentro, poñendo o foco nunha parte fundamental do seu traballo na que reside boa parte da forza do proxecto.
A Catapulta, o programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París, recibiu o músico (no día do seu 30º aniversario) para conversar sobre o seu modo de escritura e composición e sobre a súa carreira artística.
A conversa con Nuno tamén se pode escoitar en formato podcast.
Logo da xira que levou a Grande Amore por salas de todo o Estado, inician a tempada de festivais. Composfest, Surfing the Lérez ou SonRías Baixas son algunhas das datas xa anunciadas no país.