Esther F. Carrodeguas, dignidade en escena

A multifacética artista rianxeira achéganos á súa carreira teatral e poética no programa A Catapulta
3 oct 2024 11:47

A dignidade está no centro da obra de Esther F. Carrodeguas. Abonda unha ollada a obras súas como a exitosa Iribarne, a potente investigación escénica sobre a figura de Manuel Fraga, ou o seu poemario Malcriada, na que dá voz ás empregadas do fogar, para entrever o que move o seu espírito creativo.

Esta preocupación pola dignidade non só se reflicte nos seus proxectos artísticos, senón tamén no seu compromiso ético co traballo e o coidado das relacións profesionais. Isto fálanos dunha praxe onde a humanidade, o respecto e a colaboración son centrais, demostrando que a dignidade é algo que debe transcender a escena e converterse nun principio rector do día a día.

No último episodio da Catapulta, o programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París, tivo a ocasión de falar sobre como é crear e xestionar unha compañía teatral propia como ButacaZero, como equilibrar o carácter creativo e o administrativo e como a poesía e a vontade de conexión o anegan todo.

Como sempre, A Catapulta tamén pode escoitarse en formato podcast.

O seguinte programa emitirase en directo o luns 21 de outubro e contará coa presenza do poeta Luix Kaf.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...