Caso Carioca
O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial

O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Carioca Armando avogado
Armando Lorenzo Torre (esquerda) e o seu avogado Emilio Rodríguez Prieto (dereita) á entrada da Audiencia Provincial de Lugo. Fran Pérez

Son practicamente inabarcables as olladas e historias persoais que engloba o caso Carioca. Iniciada no 2008, a macrocausa xudicial que investigou a rede conformada por proxenetas e policías que máis documentación xerou no Estado español —120.000 folios— fixo pasar polo xulgado de instrución número 1 de Lugo preto de 400 testemuñas e vítimas e identificou máis de 200 mulleres explotadas sexualmente en distintos prostíbulos da provincia, cada unha coa súa mochila de experiencias vividas. Algunhas tan estarrecedoras como a dunha moza forzada a abortar sen anestesia, ou a da muller que quixo denunciar aos socios do club Queens (Lugo) e as represalias e violencia institucional acabarían atándoa a unha cadeira de rodas tras saltar ao baleiro coa intención de suicidarse.

Caso Carioca
Caso Carioca A peza principal do caso Carioca chega a xuízo desinchada polos pactos coa Fiscalía
Dous gardas civís e tres proxenetas sentarán este martes no banco de acusados, transcorridos máis de cinco anos desde que Pilar de Lara concluíu a instrución

As vivencias de Heloísa (nome ficticio) non destacan polo seu drama entre as atrocidades que poden atoparse no sumario. Tampouco por ofrecer un material especialmente propicio para a confección dun relato sensacionalista. É “unha máis”. Pero hai dous elementos polos que merece ser contada: sintetiza o funcionamento dunha trama verdadeiramente complexa e o tratamento xudicial que se lle deu ao caso, e é a única persoa que tivo forzas para presentarse como acusación particular no xuízo celebrado na primeira semana do mes de xuño.

Unha historia de rivalidade entre clubs de alterne

Heloísa entrou en España no 2004 recomendada por unha amiga para exercer no club Tritón (O Corgo) na procura dunha mellor situación económica. En Santarém (Brasil) encargábase das vendas nunha zapataría na que gañaba pouco. Estudara maxisterio, pero extraviou a maleta coa súa documentación na viaxe a España, polo que por máis que quixese non podería homologar o título.

No ambiente da prostitución era ben coñecida a inimizade dos rexentes do Tritón co do Queens, epicentro do caso Carioca. Era unha rivalidade asimétrica: o Queens xogaba nunha liga superior. José Crego, do Tritón, declarou que todo xurdiu porque varias mulleres se fugaron do Queens ao seu club sen acabar de pagar a débeda reclamada polo dono do primeiro dos bordeis, José Manuel García Adán. Adán ameazaríaos de morte e o Tritón sufriría un incendio. Ocorreu pouco antes da incorporación de Heloísa ao Tritón, pero iso non evitou que o sucedido chegase aos seus oídos. Os donos cederían e abonaríanlle a Adán máis de 4.000 euros que reclamaba, aínda que iso non puxo fin ás represalias.

O proxeneta do club Queens granxeárase a amizade e a colaboración de axentes da Policía Local, da Policía Nacional e da Garda Civil

Adán granxeárase a amizade e a colaboración de axentes da Brigada Nocturna da Policía Local, do Grupo Operativo de Estranxeiros (GOE) da Policía Nacional e do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA), o Equipo de Persoas e o Equipo da Muller e o Menor (EMUME) da Garda Civil. Integrante dos dous últimos era Armando Lorenzo Torre, cabo primeiro encargado das inspeccións aos prostíbulos aos que extorsionaba para que lle pagasen importantes sumas de diñeiro a cambio de blindaxe policial. Adán accedeu e Armando converteuse na súa man dereita. José Crego non o fixo, e sufriu o acoso e as ameazas de encarceramento do garda civil.

Heloísa debía pagar coa prostitución a débeda contraída cos donos do Tritón. Segundo declaracións dela, podía decidir que parte do beneficio ía ao club e limitáronse a cobrarlle a viaxe. Unha sentenza do 2014, porén, considera probado que a principios dos anos 2000 se lles impoñían horarios, prezos e ganancias ás mulleres nese local, ademais dun sistema de multas se, por exemplo, non alternaban clientes. O contido da sentenza, producida tras chegar a acordos de conformidade coa Fiscalía, debe ser tomado con cautela, porque na época dos feitos investigados Armando ofrecía ás mulleres do Tritón regularizar a súa situación administrativa a cambio de asinar denuncias falsas contra os proxenetas. Non obstante, posteriormente a ese período varios empregados como camareiros denunciaron un clima laboral de control absoluto, humillacións e insultos en horarios que ían das cinco da tarde ás seis da mañá.

Desde o 2004 ata finais do 2006 Heloísa pasou a meirande parte do tempo exercendo no Tritón, a excepción duns meses nos que o fixo en clubs de Ponferrada e Pontevedra. En febreiro do 2006 unha redada policial no Tritón non a sorprendeu no prostíbulo por puro azar. Peor sorte correu na do mes de novembro, na que foi detida xunto a 11 compañeiras máis e sancionada cunha orde de expulsión e a retirada do pasaporte. Produciríase unha redada máis a principios do 2007. A versión do proxeneta é que foi vítima dunha persecución policial co obxectivo de espantar as mulleres cara a outros clubs, particularmente ao Queens.

Unha nova inspección no Tritón podería truncar o seu anhelo dun mellor sustento económico en España. Desde a redada de novembro do 2006, Heloísa comezou a percorrer diversos clubs do noroeste ibérico: Santiago de Compostela, Santander, Oviedo, Xixón, Avilés, Vilagarcía de Arousa, Navia, Ribadeo... Precisamente en Ribadeo, o club Carús dispúxose no 2008 a facerlle un contrato como camareira e, transcorridos máis de tres anos no país, Heloísa reunía todos os requisitos para solicitar unha autorización de residencia e traballo por circunstancias excepcionais. A Subdelegación do Goberno, apoiada no informe da Brigada de Estranxeiría, denegoulla baseándose na carta de expulsión. Nas mesmas datas, outra inmigrante en idéntica situación, explotada sexualmente no Queens, fixo o mesmo trámite conseguindo unha resolución favorable grazas á intervención de Armando, malia non aportar toda a documentación esixida nin acreditar a súa permanencia en España por máis de tres anos.

Que no Queens o trato policial era diferente era comentado máis alá dos valados que cercaban o bordel. Tamén, que os donos non pedían documentación nin levaban un rexistro cos datos das mulleres alí explotadas —aínda que fose facéndoas pasar por clientes de hostal—, de xeito que as irregulares quedaban menos expostas. Ese foi exclusivamente o motivo polo que Heloísa e unha compañeira do Tritón detida na mesma redada optaron por exercer alí: “Tiñamos medo de que se nun club facían ficha puidese collernos a Policía”, xustificaría Heloísa perante a xuíza instrutora.

Vivir sete meses de explotación no club Queens

A primeira vez, en febreiro do 2007, foi fugaz. A Heloísa abondoulle unha soa noite para decidir abandonar o Queens, asustada pola detonación dun disparo procedente dunha pistola que Adán levaba consigo, algo que lle comentaron que era un comportamento habitual nel. Pero acabaría resignándose dous anos despois, exercendo de forma continuada ata setembro do 2009. Colegas súas do bordel manifestaron que Heloísa detestaba estar alí, malia gozar de mellores condicións e trato que compañeiras súas ás que Adán lles esixía o pago da débeda ou que residían no club.

Entraba ás 21.00h e saía ás 5.00h por semana e ás 7.00h nas fins de semana. As que residían no club entraban ás 17.30h e non podían alternar períodos de traballo e de descanso como facía ela. O que tiñan todas en común era o sistema de cobros e multas, tanto pola casa —incluso para Heloísa, que non se aloxaba alí—, como por chegar tarde ou faltar, mesmo se se debía a unha enfermidade. Debían exercer tamén coa regra, usando esponxas vaxinais. Heloísa foi testemuña da fuga dunha compañeira que “non tiña diñeiro nin para ir ao dentista” porque, segundo a información que ela tiña, as mulleres endebedadas “tiñan que deixar todo para pagar a débeda” e cando querían coller algo das ganancias debían solicitárllelo aos encargados do bordel. Alí presenciou múltiples pelexas e iniciouse no consumo de cocaína “para poder traballar”, segundo as súas declaracións, porque “hai clientes que só soben [ás habitacións] con rapazas que consomen coca”. Á súa vez, engancharse á cocaína alongaba a débeda daquelas que a tiñan.

Todo aquilo ocorría na presenza de “moitos amigos [de Adán] policías nacionais, locais e da Garda Civil” que Heloísa observaba tomar copas na barra e “nunca pagaban nada”. Algúns eran caras novas para ela, como José Manuel Díaz Suárez, que “ás veces ía en coche oficial de Policía e moitas veces entraba uniformado”. A outros, como Luís Ferreiro González, xa os coñecía de antes: foi quen lle abriu as portas do calabozo cando a arrestaron no Tritón, de onde tamén era cliente.

Ramón Vázquez Río, sarxento da Policía Local, presentóuselle a Heloísa como socio do club Queens cando ela exercía no Tritón

Tamén José Ramón Vázquez Río, quen se lle presentou a Heloísa como socio do Queens cando ela aínda estaba no Tritón, a onde Ramón era asiduo. Ela negouse daquela a subir con el porque lle esixía facelo sen preservativo. Heloísa soubo da súa profesión cando llo recriminaron no club: “Pero ti non sabes quen é ese?! É o policía socio de Adán no Queens”. Ramón, sarxento da Policía Local, subarrendaba a Adán a parcela na que se situaba o Queens sen percibir un só euro por iso, reuníase con Adán no despacho, encargárase persoalmente de varias reformas do club, en ocasións foi buscar mulleres ao aeroporto para levalas ao bordel e probaba, segundo Heloísa, “as que acababan de chegar de Brasil”. Nunha rolda de recoñecemento fotográfico practicada durante a instrución, Heloísa describiuno como “un noxento, porque pensa que pode facer o que lle dá a gana cunha persoa, estaba todo o tempo alí, gustábanlle as novas, as recén chegadas, que non entendían o idioma principalmente e non sabían defenderse”.

Cuestionada se non lle daba medo que houbese policías no club tendo unha orde de expulsión, Heloísa respondería que “non, todo o contrario, para min e tamén para as demais rapazas que houbese policías de clientes no Queens era unha seguridade. Eu quedaba a traballar no Queens porque non tiña papeis e sabía que aí non pasaba a Policía e cando ía pasar avisábannos”. De feito, sabía que compañeiras súas non acudiran ao Queens o día da redada de febreiro do 2009 porque estaban baixo aviso de clientes policías. Nunha conversa telefónica intervida, Armando preguntoulle a Adán por teléfono como se portara Evaristo Rodríguez, inspector xefe da Brigada de Estranxeiría: “De puta nai: miraba pero nada [...] Díxome que non lle debo nada, pero que lle debo unha”. A Evaristo Heloísa coñecíao como cliente do Tritón. O seu subordinado, o subinspector Eduardo Castro, facía un tándem perfecto con Armando para facer e desfacer á vontade. Heloísa presenciou que nunha ocasión un camareiro do Queens lle cobrou unha copa ao non identificar que era policía e o encargado que tiña Adán no club interveu despois para devolverlle o diñeiro e reprender ao camareiro.

Os avisos non eran as únicas demostracións policiais de xenerosidade das que tivo coñecemento Heloísa. Antes de exercer no Queens, chegou aos seus oídos que por 400 euros Adán enviaba a Madrid os pasaportes das mulleres nas que tiña máis interese e ao cabo dunha semana tíñanos de volta con selos falsos de saída e entrada en España, de maneira que constase que se atopaban no prazo legal como turistas. Heloísa falou incluso cunha das beneficiadas para que lle pedise o favor a Adán, pero exercer no Queens era un requisito e, sumado ao temor ás consecuencias que puidese carrexarlle ter un pasaporte falsificado, rematou por desistir da súa idea. De acordo coas indagacións realizadas durante a instrución xudicial, o policía do que botaba man Adán era Francisco Javier Fernández Becerra. Heloísa coincidiu con el no Queens, onde soubo que era familiar dun camareiro do prostíbulo e que estaba destinado no Aeroporto de Madrid-Barajas. Polo que ela puido observar, ao axente concedíaselle quedar fóra con mulleres do club sen pagar as saídas.

Agresións sexuais continuadas dun garda civil

A quen si recorreu Heloísa para tratar de regularizar a súa situación foi ao garda civil Armando. Coñeceuno en maio do 2009 nun encontro no piso que compartían varias compañeiras do Queens, cando el lle ofrece a ela retirarlle a carta de expulsión, algo que Heloísa tratou de concretar en sucesivas reunións nas que Armando lle explicou que debía conseguir un contrato de traballo e tiña que exercer uns días no club Carús para denunciar aos seus rexentes, os Manolos. “Eu preguntei que ía dicir dos Manolos, se nunca vira nada raro nin ilícito neles, e Armando díxome que estivese tranquila, que el sería o que faría as preguntas, insinuándome que el prepararía o texto da denuncia”.

A finais de agosto, Heloísa avisou a Armando de que ía facer unha praza no Carús, quen a informou de que Eduardo Castro estaba preparando unha redada alí, pero tranquilizouna porque sería despois da súa estancia no Carús e no caso de que se adiantase xa lle facilitara unha fotocopia do seu pasaporte ao subinspector de Estranxeiría para que non actuasen contra ela. Ademais, podía aproveitar para facer a denuncia.

A pesar da insistencia de Armando, que a intentou convencer asegurándolle que non figuraría o seu nome, Heloísa non quixo ser partícipe dunha denuncia falsa e procurou no seu lugar solucionar a súa documentación exclusivamente mediante un contrato de traballo. “Eu quería que mo fixese Manolo, porque eu quería traballar na discoteca. Armando díxome que non, que os Manolos estaban moi fichados na comisaría. Eu díxenlle que non tanto como Adán, e Armando contestou que con Adán estabamos entre amigos”.

Heloísa sabía que precisaba das manobras arbitrarias de Armando. Numerosas coñecidas súas lograran regularizarse recorrendo a el. De feito, presenciou a retirada dunha carta de expulsión a unha amiga súa como obsequio de aniversario. “A min tamén me quixo dar ese agasallo”, declararía Heloísa, aínda que as xestións necesarias non estiveron feitas o día no que celebrou o seu aniversario, o 3 de setembro, e nin sequera para cando estalou a operación Carioca no mes de outubro. Tamén coñecía casos nos que Armando concedera axuda a cambio de relacións sexuais.

O garda civil Armando valeuse da súa situación de superioridade con Heloísa, que denunciou abusos sexuais continuados desde o día no que o coñeceu

O garda civil tampouco tivo reparos en valerse da súa situación de superioridade con Heloísa, que denunciou abusos sexuais continuados desde o día no que coñeceu a Armando: “Sempre que me vía intentaba sobarme”. Cada vez que debía concertar unha reunión con el procuraba que fose na presenza dalgunha amiga do Queens para contelo. Segundo declarou, por teléfono dicíalle que “a quería follar” e ela respondía que para iso que fose ao club e pagase. Nunha ocasión chamouna pola mañá e acudiu ao seu piso co pretexto da retirada da carta de expulsión e alí púxose a tocarlle os peitos sen o seu consentimento.

Ademais, Armando botou man dela co propósito de compracer as súas amizades. O Salto Galiza revelou que Armando organizou varios encontros sexuais con mulleres prostituídas no Queens para socios comerciais do seu fillo, entre eles o entón alcalde do PP Enrique Calvete. Unha das mulleres ás que chamou para o segundo encontro foi Heloísa, se ben segundo os testemuños nesta ocasión non chegaron a consumarse as pretensións de Armando porque varias das presentes se negaron a facelo sen pagar, como demandaba Calvete.

A pesar de que, de acordo coas pescudas xudiciais, Armando realizara requirimentos sexuais a decenas de mulleres a cambio de favores, agredíndoas sexualmente en varios casos, só Heloísa se presentou como acusación particular contra el no xuízo celebrado no mes de xuño. Hoxe vive fóra de España desconectada da prostitución e do seu pasado. A súa avogada esmerouse en localizala para que puidese continuar adiante coa acusación pero, transcorridos 15 anos dos feitos, Heloísa non seguía tan involucrada. Así, a súa letrada accedeu a un pacto coa Fiscalía e Armando que evitou o xuízo e que a súa defendida revivise os feitos. A pena imposta a Armando polo conxunto de todos os requirimentos sexuais foi dun mes e catro días de multa a razón de oito euros diarios por un delito de suborno sexual continuado. A Heloísa debeu abonarlle 500 euros de indemnización, que a súa defensa confirmou que xa recibiu.

Alén dos requirimentos sexuais, os máis de 70 posibles delitos apreciados durante a instrución con respecto a Armando polas súas actividades en relación coa prostitución acabaron reflectíndose nunha condena de prisión, dada a coñecer este mércores, de cinco anos e nove meses en total.

Os indicios dun asasinato que quedaron en papel mollado

Un suceso ao que os investigadores do caso Carioca prestaron atención foi o presunto asasinato por parte de Adán de cando menos unha muller do Queens, sobre o que se reuniron diversos indicios. Heloísa foi un dos fíos dos que tiraron para as súas indagacións. Segundo manifestou, unha das súas mellores amigas, moi próxima a Adán, confiáralle que o proxeneta a levara ata o lugar no que estaba enterrada, posiblemente a modo de ameaza, pero Heloísa descoñecía cal era ese lugar. A súa amiga tiña pánico a sufrir represalias pola información que tiña de Adán, apenas saía da casa e durmía con coitelos e, aínda que non o cumpriu, ordenaríalle a Heloísa que non comentase nada con outra xente nin nas súas declaracións en sede xudicial. Ao non localizaren ningún cadáver deberon desertar das súas pescudas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Una violación y cinco abusos a prostitutas de un guardia civil se rebajan a cuatro años de cárcel
Un agente y tres proxenetas se benefician, en la pieza principal del caso Carioca, de llegar con la Fiscalía a acuerdos de conformidad encubiertos formalmente bajo la celebración de un juicio completo que no se produjo.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Catalunya
Derecho a la vivienda La “revuelta de las llaves” echa a andar con tres huelgas de alquileres en Catalunya
Tres promociones de vivienda deciden ir a la huelga de inquilinos, una de las medidas defendidas por las manifestaciones del 13 de octubre y el 23 de noviembre en Madrid y Barcelona para hacer frente a los alquileres impagables.

Últimas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial Los creadores rechazan las licencias ampliadas para el uso de sus obras en la IA: “Es un genocidio cultural”
El Real Decreto para regular la concesión de licencias colectivas ampliadas para la explotación masiva de obras protegidas por derechos de propiedad intelectual para el desarrollo de modelos de Inteligencia Artificial recibe un rechazo generalizado.
Personas sin hogar
Personas sin hogar Encierro en el Ayuntamiento de Granada para reclamar albergues para las personas sin hogar
Decenas de activistas exigen tratar, en el Día Internacional de los Derechos Humanos, con la alcaldesa de la ciudad sobre la necesidad de medidas urgentes ante la gravísima situación de las personas sin hogar en plena ola de frío.
Opinión
Tratados UE-Mercosur, el acuerdo que acabará con el modelo de agricultura europeo
Toda la producción agroalimentaria familiar, de pequeña escala y que desarrollan la economía local va a salir perdiendo, sea en Europa o los cuatro países latinoamericanos.
Siria
Siria Israel bombardea la transición siria
Mientras el nuevo gobierno del país intenta proyectar legitimidad dentro y fuera de sus fronteras, el ejército sionista expande su control del territorio en los Altos del Golán, y Europa congela miles de solicitudes de asilo de personas sirias.
Más noticias
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda La moratoria del ‘escudo social’ no ha servido para impedir tres de cada cuatro desahucios
Un redactado poco claro, que deja libertad a los jueces para saltarse la moratoria, limita su alcance. A pocas semanas de su fin, organizaciones de vivienda piden que sea mejorada, ampliada y convertida en permanente.
Baleares
Memoria histórica Acuerdo en Baleares entre la izquierda y el PP para no derogar la ley de memoria histórica
El Govern ya no buscará los apoyos de la ultraderecha en los presupuestos ni cumplirá con uno de los puntos más calientes del programa, como era la derogación de la ley de memoria democrática.
Tribuna
Tribuna El día después del derrocamiento de Al Asad en Siria
El pueblo sirio ha sufrido lo indecible en los últimos años en sus aspiraciones de soberanía y de liberación. La pregunta ahora es ¿cómo se va a reconfigurar el reparto de poder en Siria y en la región?

Recomendadas

Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.
Fondos buitre
Madrid Ecosol, la cooperativa agroecológica que lucha por sobrevivir al desalojo del fondo buitre Élix Rent
Este gigante inmobiliario, que ya ha logrado hacerse con la práctica totalidad del edificio que alberga el proyecto, se niega a renovar su contrato de alquiler ya que busca rehabilitar el inmueble y alquilarlo a precios desorbitados.