Arqueología
Patrimonio arqueolóxico: de coleccionistas e bolsas do lixo
Por moi antiga, fermosa, rara ou escasa, o auténtico valor dunha peza arqueolóxica reside no contexto no que foi encontrada. A maior parte das colección privadas de restos arqueolóxicos seguen sendo descoñecidas. Cantas rematan no lixo confundidas con refugallos de obra?
Recentemente volveu estar de actualidade un suceso que a prensa viguesa recollera durante varios días. A mediados de xaneiro de 2017, uns veciños atoparon na rúa dous sacos para cascallos nos que, xunto a refugallo de obra, había anacos de cerámica de aspecto antigo e pedras talladas que, na súa opinión, semellaban ferramentas, parte delas identificadas con etiquetas. Logo de avisaren a policía local, a arqueóloga municipal revisou o achado, confirmou o seu carácter arqueolóxico e ordenou o traslado das pezas ao Museo Municipal Quiñones de León para a súa análise e custodia.
Tras esta primeira noticia, algunhas persoas dos círculos vencellados á arqueoloxía supuxeron que alguén da profesión decidira tirar materiais de escaso interese procedentes dunha escavación, algo non tan estraño nestes casos, pois moito material de baixo valor patrimonial, como anacos de tégula, tella ou fragmentos cerámicos de épocas moderna e contemporánea, teñen tendencia a rematar os seus días nunha bolsa do lixo, unha vez rexistrados, estudados e valorados.
Segundo se foron coñecendo máis detalles sobre o tipo de materiais localizados, esta —algo malévola— sensación inicial desapareceu. Era moi evidente que estaban ante pezas arqueolóxicas de interese, como cerámicas de época castrexa da zona de Ourense e os característicos picos, moi abundantes na costa entre Baiona e A Guarda. Materiais que alguén con coñecementos arqueolóxicos nunca tiraría. Aos poucos, descubriuse que se trataba dunha colección particular de pezas que recollera, había máis de 40 anos, un médico vigués falecido tres anos antes, e que tiveron este triste destino logo de que a súa viúva decidise encargar unha limpeza do rocho no que se gardaban. Os estudos que encargou o museo confirmaron, a finais de xuño, o interese histórico destas 600 pezas. O seu dono, consciente do seu valor, sempre quixera doalas a un museo. Daquela, como é que remataron no lixo?
Cómpre unha breve reflexión sobre o valor patrimonial dos materiais arqueolóxicos. Hai que ter presente que, por antigos, fermosos, escasos ou caros que sexan estes materiais, o auténtico valor dunha peza, dende o punto de vista arqueolóxico, non vén dado polas súas características externas: o valor real reside maioritariamente no contexto no que foi recuperada.
O contexto permite coñecer aspectos da vida daquelas persoas que usaron, construíron, perderon ou romperon ese obxecto.
Esa é a información que se busca nunha escavación. Por iso os profesionais da arqueoloxía empregan métodos tan similares aos do CSI, porque sen contexto é moi difícil conseguir a información histórica. Evidentemente, hai materiais que teñen valor de seu, xa sexa por seren escasos, estaren feitos en determinados materiais ou teren un valor artístico. Resulta difícil obviar que un torque de ouro ten unha alta taxación económica, pero moitas das pezas existentes nas coleccións privadas, aínda que non teñen un gran valor material, gárdanse polo feito de pertenceren ao pasado. A súa época ou procedencia dótaas dunha forte carga simbólica para quen as atesoura. Saber que tes na túa casa vestixios con miles de anos de antigüidade pode emocionar a calquera, aínda máis cando proceden dun lugar preto da túa casa ou ao que te vinculas sentimentalmente.
A separación entre valor material e valor arqueolóxico ás veces pode resultar difícil de transmitir, de aí a complexidade que ten taxar pezas prehistóricas feitas en materiais comúns, como a pedra, e sen interese estético aparente, pero que pola súa rareza e contexto posúen unha relevancia incalculable para a arqueoloxía. Un exemplo repetido moitas veces é o que sucedeu con algo da importancia dos idoliños antropomorfos localizados no dolmen de Dombate. Para a prehistoria galega, estas pequenas esculturas, apenas esbozadas, que durante milenios protexeron a entrada da grande tumba, non teñen prezo. Como tampouco o tiñan para a compañía aseguradora da primeira exposición na que se mostraron fóra do Museo Arqueolóxico de San Antón, que vía estes aguerridos gardiáns megalíticos como unhas simples pedras.
Por desgraza, a maior parte das coleccións privadas seguen sendo descoñecidas
A Lei de Patrimonio Histórico Español de 1985 estableceu que o material arqueolóxico é de dominio público. Daquela, debe depositarse nun museo, tanto proceda dunha escavación arqueolóxica como dun achado casual realizado por un particular. Non facelo é unha infracción administrativa que pode supoñer unha multa de ata 150.000 euros. Evidentemente, todo isto non levou á desaparición do coleccionismo preexistente, do que en Galicia coñecemos insignes referentes dende finais do século XIX. Pero por desgraza, a maior parte das coleccións privadas seguen sendo descoñecidas. As diferentes leis de patrimonio cultural de Galicia nunca se preocuparon de lexislar especificamente sobre este sector. Fronte a esta situación, outras comunidades autónomas, como Andalucía, si estableceron un tempo para censar as coleccións existentes. Isto permite coñecer quen e que materiais posúe, e en que condicións se atopan, e favorece a súa investigación polos especialistas. Por outra parte, garante que calquera novo resto que se localice pase a ser considerado inmediatamente de dominio público.
Algo diferente sucede cos depósitos provisionais que acumulan nos seus despachos os profesionais da arqueoloxía. Son materiais provenientes de actuacións arqueolóxicas legalmente autorizadas, e que logo de ser estudados deberán ser depositados nun museo. Pero moitos deles, de escaso valor e gran abundancia, atoparán difícil acomodo nos seus ateigados almacéns. Porén, non podemos deixar de preguntarnos se podería pasar algo similar ao suceso descrito en Vigo con algún destes depósitos. Ou mesmo cantas coleccións privadas poden ter rematado nalgún vertedoiro ao non ser atopadas por algún avezado veciño.
Ante a posibilidade de encontrarnos nun transo semellante, sería importante ter claros unha serie de consellos, a modo de primeiros auxilios. Nunca se sabe cando podemos afociñar contra unha colección de pedras e anacos de cacharros que garda un parente no faiado, outra bolsa no lixo repleta de material prehistórico ou mesmo bater sen querer nunha ola repleta de moedas romanas, mentres sachamos nas patacas.
Que facer se atopa un posible material arqueolóxico?
- Non revolva, mesture ou desordene os materiais localizados
- Busque datos ou documentos que poidan axudar a contextualizar a súa orixe
- Sempre resulta recomendable consultar con alguén especialista en Historia ou Arqueoloxía
- Póñase en contacto co museo máis próximo
- Recorde que o patrimonio arqueolóxico non é para uns poucos elixidos, é un ben de toda á cidadanía
Relacionadas
Murcia
Extrema derecha
La Fiscalía de Murcia investigará si el presidente de Vox Murcia ha incurrido en delitos de odio
Opinión
Integración, valores europeos, y otros grandes chistes racistas
Opinión
Lo de Torre Pacheco tiene un nombre: terrorismo supremacista blanco
Comunidad de Madrid
Los bomberos forestales madrileños inician una huelga de un mes
Economía
¿Cómo funciona el mecanismo de defensa que Europa podría activar contra los aranceles de Trump?
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
Dependencia
El Gobierno reduce al 27% la inversión en el sistema de dependencia
Maternidad
La discriminación de las familias monoparentales por los permisos de nacimiento llega al TEDH
Fronteras
Las devoluciones en caliente de solicitantes de asilo pasan a ser política oficial en Alemania
Últimas
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Palestina
Israel despeja la zona de Rafah para su “ciudad humanitaria”, denunciada como un futuro campo de concentración
Alicante
Denuncian cortes de suministro en pleno verano por parte de Aguas de Alicante
Junta de Andalucía
La Audiencia de Sevilla eleva a la UE la sentencia absolutoria del Constitucional del caso ERE
Sindicatos
Extremadura con Las Seis de La Suiza
Opinión
Redes sociales
Todos vivimos ahora en el castillo del vampiro
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Euskal Herria
“No matan los ríos, mares ni montañas, matan las políticas migratorias”
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
Recomendadas
Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!